Centro, remate e orgasmo

0018815536X. Ricardo Losada. Un gol é como un orgasmo, di un locutor de radio nun anuncio na prensa. Supoño que a moita xente lle parecerá esaxerado, pero a min o que me chama a atención é que o locutor apareza na imaxe simulando un orgasmo tan contido e reservado. Os orgasmos que provocan os goles non son así, son convulsións extáticas e orxiásticas. A única explicación que lle vexo é que ese locutor estea pensando nos goles de Cristiano Ronaldo pois as súas celebracións son ben pouco orxiásticas, puro exhibicionismo masturbatorio. Ata se sinala a si mesmo. E cando marcan goles os compañeiros, nin se inmuta.

Aínda que se ofenda a muller, debo recoñecer que o día da miña vida en que tiven máis orgasmos extáticos foi unha final de Copa que xoguei co C. D. Unión contra o Silleda no campo da Alta, en Pobra. Gañamos 3 a 1, pero ademais dos tres orgasmos goleadores, cada abrazo do adestrador, dos compañeiros, dos familiares, dos directivos, dos afeccionados, da brisa de Cabío, foi pura éxtase. O concepto de orgasmo múltiple queda curto, e debera empregar máis ben o de orgasmo infinito. Iso si. O orgasmo máis intenso e pracenteiro foi o do gol que metín eu. Poñámonos como nos poñamos, en maior ou menor medida, é xusto recoñecelo, todos temos algo dese espírito masturbatorio e narcisista de Cristiano Ronaldo.

IMG_5580Pero tamén pode pasar o caso contrario, un orgasmo múltiple imperceptible. Tiven un compañeiro de equipo que xogaba sempre con dous calzóns por debaixo do pantalón. Dicía que era por superstición, pero un día contoume, bébedo, cando os dous xa nos retiraramos do fútbol, que era homosexual. Cada vez que alguén metía un gol, prolongaba os abrazos, e moitas veces, era exaculador precoz, chegara a correrse. O curioso é que destacaba nas duchas polo tamaño do seu membro viril e, porén, naquelas celebracións ninguén parecía darse conta do que estaba pasando na súa entreperna. Recordo moito, e cun sorriso pícaro, aquela revelación cada vez que alguén me di que no mundo do fútbol, por ser un deporte de moito contacto (“non o sabes ben”, penso), é inverosímil que haxa xogadores no armario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *