Galicia e os galegos na poesía castelá XCIII. Un cántabro: Lorenzo Oliván

portada_para-una-teoria-de-las-distancias_lorenzo-olivan_201803221751Román Arén. Teño nas mans Para una teoría de las distancias (Barcelona, Tusquets, 2018) de Lorenzo Oliván, poeta e ensaísta de Castro Urdiales, Cantabria, nado en 1968, de que só coñecía o poemario Nocturno, casi, publicado en 2014 nesta mesma editorial e que acadou o Premio Nacional da Crítica 2015 e o I Premio de las Letras Ciudad de Santander. A lapela infórmanos de que é autor, moi premiado, doutros poemarios: Visiones y revisiones (Premio Luis Cernuda), Único norte (1995), Puntos de fuga (2001), Premio Internacional Fundación Loewe e Libro de los elementos (2004), Premio Internacional Generación del 27. Ademais reuniu os seus aforismos e fragmentos poéticos en Dejar la piel. Pensamiento y visión (2017) e publicou o ensaio José Hierro y el ritmo: la música por dentro. Codirector da revista <Ultramar> e editor de Poesía con Norte. A crítica especializada destacou na súa poética e equilibrio entre o dito e o ocultado, a precisión e a sorpresa. Poesía do autocoñecemento máis ca da experiencia, límpida de expresión, claro nesta pero para ler de vagar para conseguir ampliar a comprensión da súa poética.

Dito todo isto e dando por suposto que o libro merece moita atención e unha lectura atenta, o poemario Para una teoría de las distancias ten un poema, o derradeiro, que nos atingue, “Finisterre”, que non cito enteiro, senón fragmentario. Así comeza:

Emprendiste aquel viaje al fin del mundo/como un modo de ahondar/en una teoría de los límites./Un panorama en curva/permanente intentó/cerrarse sobre ti.

Outro fragmento:

En Muros creció aún más el laberinto,/pues la ciudad hundía sus fachadas/bajo una inmensa red:/el fondo de la tierra/era el fondo de la tierra/era el fondo del mar, como sumergidos/faros, y aquellos peces/aéreos que cruzaban por tu mente/como alucinaciones.

Tras unha alusión ao seu fillo, quizais Telémaco, volve a nosa toponimia:

Llegaste a Finisterre igual que a Ítaca,/para verla asediada de rivales/ávido de su hermosa/energía, llamados ciegamente/por su norte magnético.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *