Dous nenos na Exposición de París de 1898

Expo paris 1889Fidel Vidal. Os recadros de Azorín (Biblioteca Nueva, Madrid, 1965) é unha “edición homenaxe” ao autor polo seu noventa aniversario que contén unha manchea de artigos tirados das páxinas do ABC. Un deles, Homenaxe Debido, vai dedicado a Emilia Pardo Bazán, “unha homenaxe que lle debemos os españois”. Ambos autores coñecéronse en Madrid e mantiveron correspondencia. Azorín visitouna no “entón deshabitado” pazo de Meirás: “Quere sabelo todo, téntaa, en San Francisco de Asís, o misticismo”, mesmo “proba o naturalismo” e ensaia “un rexionalismo amplo e non exclusivo”. Ao longo da súa obra e vida, Emilia conserva “en todos os momentos unha última nostalxia que a terra nativa lle imbuíra; non a perderá xamais. Morriña é o título dunha das súas novelas”.

A continuación, Azorín fai referencia á reportaxe que Emilia Pardo Bazán realizou sobre a Exposición Universal de París de 1898, coincidindo –asunto polémico para unha parte dos parisienses- co aniversario da toma da Bastilla. “Coñezo a fondo e case palmo a palmo París”, cidade na que ten asistido ao faladoiro de Víctor Hugo. Se cita ese libro, Ao pé da torre Eiffel (crónicas da exposición), é porque nel “resúmense todas as calidades da Pardo Bazán como prosista e observadora”. Mais tamén a valoración crítica de certos comportamentos da autora coruñesa con respecto dun conflito sufrido na súa viaxe desde Burdeos a París, pola folga dos cocheiros coa que se atopou ao chegar. “Que escándalo! Que abominación!” “Falo deste lance”, continúa o pulcro escritor Azorín, “porque demostra a impresionabilidade, a irritabilidade de Emilia. 0603d970002bcab8ad2cffa30770790d--emiliaEngado deseguido que, máis adiante, Emilia comprende o seu desmando e escúsase; escúsase e di que os cocheiros de punto tiñan razón”.

Asistiu á exposición acompañada de dous dos seus fillos, Jaime e Blanca, de trece e dez anos “non cumpridos”. En relación ao feito de levar con ela os fillos di: “Actualmente pénsase moito en compracer, divertir e alegrar aos nenos: o noso século consagra a eses abrochos de humanidade atención preferentísima e culto idolátrico; mimámolos bastante, e encóntrase pracer en espertar as súas tenras imaxinacións á noción da vida e da arte, e facilitámoslles o camiño das súas primeiras etapas. Así se explica que trouxese nada menos que á Exposición parisiense a dous personaxes de trece e dez anos non cumpridos, e lles amose (coa ilusión de que non perdo o tempo) cadros, estatuas, bailes exóticos, instrumentos científicos, teatros e xardíns”.

2 comentarios en “Dous nenos na Exposición de París de 1898

  1. Buenos días Fidel:
    Es un placer levantarse por la mañana y encontrarse con tan magnífico texto. No recuerdo haber leído a Azorín, pero “Los pazos de Ulloa” de nuestra doña Emilia, los tengo presentes con mucho cariño, y a pesar de ser un libro bastante serio, hay textos muy entrañables y simpáticos. Recuerdo cuando el joven sacerdote yendo a caballo preguntaba a los paisanos si faltaba mucho para llegar al pazo y uno le contestaba: “non, a un pasiño de can xa está alí”. Más adelante volvía a preguntar y otro y le decían: ” a un saltiño de pulga xa chega”. Los gallegos somos estupendos y la Pardo Bazán nos describía muy bien.
    Repito, Fidel, un placer leerte siempre.
    Biquiños palmeiráns.

    SOCORRA PÁRROCOS.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *