En memoria de Xesús Costa Rodil

costaX. Ricardo Losada. Non me gustan as persoas que cada vez que falan mostran, como os vellos cregos, a súa ideoloxía. O mestre rianxeiro don Xesús Costa tiña ese defecto. Pero no que en outros é un costume insufrible, nel era un hábito entrañable. Porque don Xesús, que sempre falaba desde uns esquemas mentais moi ríxidos, era unha persoa coherente. Non era deses mestres que di estar comprometido co ensino público e cos alumnos desfavorecidos en abstracto, e que logo non se preocupa por saber se as causas do fracaso escolar están nun entorno social e familiar empobrecido. Don Xesús implicábase, mesmo se tiña que fomentar actividades, como o balonmán ou as excursións pola contorna, que nada tiñan que ver coas súas obrigas profesionais. Algúns compañeiros de instituto quedaban abraiados cando de súpeto alguén petaba na porta da aula e chegaba don Xesús con algún alumno que se escapulira  e que el fóra buscar a unha canteira sita a cincocentos metros do instituto. O mesmo que facía, con ese sentido republicano que o caracterizaba, coa memoria histórica ou coa historia de Rianxo, convencendo a todas as persoas que o trataban, desde alumnos a investigadores universitarios, de que era un profesional rigoroso e sistemático.

     Hai anos pedíronme unha pequena nota biográfica sobre el, e o primeiro título que pensei foi O home que convertía os defectos en virtudes e as virtudes en defectos. Porque tamén é certo que virtudes que don Xesús tiña en grao moi elevado, a bondade, por exemplo, acababa converténdoas en defectos. Así, moitas veces non era quen de controlar as clases polo excesivamente comprensivo que era, e porque partía duns presupostos pedagóxicos demasiado optimistas. Os seres humanos somos bos por natureza e é o sistema, capitalista neste caso (un sistema que el deploraba), o que nos corrompe. Teño para min que lle supuxo un enorme desgaste psicolóxico, e algunha que outra contradición, chegar ata a xubilación amarrado a esa firme convicción, unha convicción á que non quería renunciar porque se remontaba á súa propia educación no seu Cervo natal.

      Teño oído a moitas persoas dicir que a súa referencia vital é o Balbino de Memorias dun neno labrego, ese neno pobre que dicía ser un ninguén e que tiña que padecer as ínfulas de Manolito, o fillo do cacique local. Podo dicir que cada vez que lle escoito dicir a alguén iso (Eu son un ninguén como Balbino), sei que me atopo ante un cínico que toda a vida aspirou a ser, como o pai de Manolito, un cacique. Don Xesús Costa Rodil foi unha das poucas persoas, que eu coñecese, cuxo referente vital foi Balbino. E non porque fose un ninguén, senón porque sabía que xa non o era e que, en consecuencia, tiña a obriga moral de darlles a quen si o eran as armas desa educación na que con tanto fervor cría.

3 comentarios en “En memoria de Xesús Costa Rodil

  1. Si, un mestre pode marcar moito, para ben e para mal, e a veces non somos conscientes da nosa influencia real. Xesús Costa non foi mestre meu, pero teño moitísimas referencias boas de alumnos seus, e sei do seu compromiso co ensino público, convencido como estaba de que debe utilizarse para reducir as desigualdades sociais. Para máis era unha persoa de firmes conviccións ideolóxicas e a pesar de que mostraba a veces unhas coordenadas mentais un tanto ríxidas, sempre estaba disposto ao debate, un debate extenuante se era preciso, pero empático.
    Alédame volver a saber de vós.
    Apertas desde este Rianxo disposto a vivir outra vez máis as mellores festas do
    mundo.

  2. Querido profesor:
    Mi felicitación por la bonita y sentida semblanza de don Jesús, con la que inicias el reencuentro con los lectores de Café Barbantia, y también mi adhesión al saludo de Magdalena a todas las personas que integráis este importante espacio.
    Sí. Tener un buen profesor es una experiencia inolvidable. Precisamente este verano encontré, dentro de un viejo libro, una postal de Palmeira -que por alguna razón no fue enviada- con una sentida dedicatoria de mi puño y letra para un antiguo profesor que también dejó huella en el poco tiempo que pasé por su aula. Lo más curioso es que, antes de encontrar la carta, tenía el firme propósito de escribir una simpática anécdota que me ocurrió en un encuentro con este profesor cuando ya había dejado sus clases.
    Como el texto de la postal seguía vigente, decidí acudir a Google por ver si daba con alguna dirección para enviarla; y cuál no sería mi sorpresa al comprobar que mi estimado profesor había fallecido hacía cinco años… Tal vez mi desconocimiento del hecho se deba a que en esa fecha se murió mi hijo y unos meses más tarde, mi madre y mi mente no se encontraba receptiva a muchas noticias.
    ¿Me perdonas por tener el atrevimiento de aprovechar tu artículo para hacer una ligera mención a don José Gómez Caffarena, que era el profesor al que me refiero. Desde otra perspectiva -el era sacerdote jesuita- creo que tenía cierta afinidad con don Jesús.
    Un abrazo veraniego.

  3. Y, tras este silencio reflexivo: buenos días, querido profesor, buenos días, Barbantianos.
    Hay una costumbre hispánica de loar siempre al desaparecido, (pensé mientras empezaba a leer) pero a medida que iba avanzando en la lectura de tu exposición recalcando la nobleza del maestro rianxeiro, don Jesús, me pareció ver que poseía ese componente humano de las personas pródigas en cualidades. Me adhiero a tu sincero homenaje.
    Besiños palmeiráns, querido J. Ricardo. Un placer volver a leerte.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *