Dous libriños sobre París

elogio-de-paris-victor-hugo-trabalibrosRomán Arén. Hugo, o océano Hugo (parodiando o título do ensaio de Vargas Llosa) escribiu en 1867 este “Eloxio de París” para a Exposición Universal. Declaración de amor a unha cidade, o corazón de Francia e, durante moito tempo, un dos centros universais de cultura, coa énfase propia dun líder do Romanticismo, centra a cerna no que significaron a Ilustración e a Revolución. Da superstición á liberdade, París é a nova Xerusalén, é a encarnación do progreso. Hugo é un crente no progreso, e cre que a nova Humanidade, así con maiúscula, a “nación definitiva”, terá por capital París e “non se chamará Francia: chamarase Europa”. En fin, agora a capital é Bruxelas e quen manda, Alemaña. Veremos como remata isto. “Europa une e abrolla”, espera Hugo, como espera “un continente fraternal, tal é o futuro. Recoñézano, esta inmensa felicidade é inevitable”. A tradución é de Jacqueline Nonclerq para Gadir. Pode contrastarse coa tamén interesante visión de París de Zola. benjamin parisE de Hugo a Walter Benjamin, do que Eds. Casimiro reúne tres textos nun pequeno volume, en selección e tradución de Wolfgang Erger (2013). Un dos textos, o derradeiro, foi escrito directamente en francés por Benjamin, con Adorno, un dos espíritos máis lúcidos do século XX. Para el París é a cidade en perpetuo movemento, unha cidade cunha forza invisible que lle permite pervivir, grazas á pervivencia dos nomes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *