Quedou falado

asesoria_trato_hecho3Agustín Agra. ─Quedou falado, dixo Pepe, que ata o de entón, e contradicindo o seu costume, acalara toda a noite a súa verba incandescente. Quedou falado, foron as súas únicas dúas palabras, e a longa conversa rematou. Nada máis se dixo. Quedamos enmudecidos, co silencio enseñorado da mesa. As palabras ficaron presas, fosilizadas, á espera de que as fáciles sentenzas que pronunciaramos puidesen demostrar a súa veracidade.

Comemos en silencio, tragando febras e apartando espiñas, sen que ninguén ousase pronunciar palabra, ninguén que rompese coa súa voz o rito outonal do bacallau ao forno. Retirados os servizos e chegados á sobremesa, decantámonos polas tortas. Castaña e queixo foron a escolla. Café de pota para case todos, que sempre hai o que argumenta que dorme mal e que este o desvela. Alguén, xa non recordo quen, aínda saíu a botarlle un cigarro. Chegaron logo os chupitos, co silencio tan só interrompido polas preguntas do camareiro e a concisión das nosas respostas. Caña branca para os cafés e cadanseu licor de herbas. Vicio, coido, por todos compartido.

─Home…, eu dixen que…, malia que o sentido do meu parecer era… Xa sabedes, non si?, o que significan esas palabras cando se falan así, dese xeito.

─Pois, eu…, como diría?, tampouco é exactamente como dixen, hai que interpretar un algo a miña opinión, sempre hai matices que…

─Si, é certo, eu tamén quería dar a entender que, claro, non é tan así como parecía que falabamos, senón que…

─Moi ben, xa abonda, cortounos o Agrelo, canso quizais de escoitar unha e outra vez fáciles xuízos da nosa boca. Ningún de vós dicía o que dicía, senón todo o contrario. Mais eu xa dixen tamén o que tiña que dicir de xeito coido que ben claro, non si? Pois logo, quedou falado.

2 comentarios en “Quedou falado

  1. Y tan aclaratoria la conversación querida Magdalena. (sonrío) A ver si os aclaráis un poco y no lo ponéis tan difícil, porque no me entero de nada. Por tal motivo recuerdo ahora la conversación de un muchacho, que lo único que solía decir cuando nos juntábamos a charlar, era: “eu como, ou tal”. No sabíamos si hacia mención a lo que
    comía o que rayos era. Y aún no conforme con aquello lanzaba un….”como coño, claro”. Podéis creerme que, después de varios lustros, aún hoy me estoy preguntando que sería lo que intentaba decirnos el muchacho…? Al igual que lo de hoy. Me he quedado “in albis”. Lo siento. Pero aunque vosotros tampoco lo hayáis entendido: Quedou falado.

  2. Bos días, Agustín:
    La conversación, muy aclaratoria y nítida. Y al final, un asturiano que estaba escuchando les comentó: ” Por una parte, “ya lu ves”; por la otra ¿”que quies que te diga”?, pero lo más seguro es qué quien sabe”.
    Besiños palmeiráns, Agustín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *