Dueto para crianzas

guadalupe-rianxo_img1632n1t0Xosé Manuel Lobato. (Pregúntasme pola miña fuxida/e respondo que estaba ferida… Diana Pastoriza). No pórtico outonal/o solista rexeita a coral,/para dende o seu altar/ensaiar sen cesar.// Nas lembranzas, no recordo profundo e intenso, no meu maxín danado, permanece latente o ritmo acompasado e por veces afinadiño da festa.//Dende o seu pedestal/sonoriza todo o val,/goza da súa soidade/afeito á comunidade.//Por iso, dende este afastado e inmenso Lugar, quero compartir con todos vosoutros, rianxeiros e rianxeiras (na miña experiencia vital, efémera adopción) a miña memoria festeira.//Visible elegancia/brillante arrogancia,/para interpretar con paixón/o que latexa no corazón.//Celebrar e honrar á Guadalupe, esa virxe cincenta que posúe a cerna desas árbores senlleiras, así coma o arraigo das súas raíces que ano a ano se fan máis fortes e vigorosas./Monumentos naturais e festa necesitan dese remuíño de raiceiras que se expanden para manter acesa con intensa larada cromática unha alegría espontánea e natural.//Os sons ostentosos/soan nel agarimosos./Graves, agudos e sostidos/son engado para os oídos.//Aprecio e admiro a eses romeiros senlleiros sen ánima de caducidade. Ulla, un auténtico ronsel de vida en romaría.//O vento que vén do mar//Arrecendo salgado e argazo de brisa silandeira que abeira polas Cunchas e percorre toda a ribeira; Porrón, Quenxo, para venerar en Tanxil a virxe rianxeira.//Hase de facer vento fino//Cando no primeiro domingo despois do día oito, a moreniña idolatrada ao mar é levada para ser bambeada sobre unha ondada augamariña de fascinante azul turquesa.//Cando deprenda a cantar//Non todos gozan de voces harmoniosas e sentido preciso do ritmo, as ondiñas necesitan ritmo coral de todas e todos os romeiros, para con finura estilizada cantar.//De beizos dun estorniño//Que rematada a Guadalupe abandona aos compañeiros de coral, e no alto de Fincheira prepara con afouteza vindeiras edicións desta centenaria festa.//Agora, só despedirme dende ese Lugar onde todos nos imos encontrar. Deixo que o amigo estorniño siga alegrando ano tras ano o esgotamento e resaca da festa, mais desexo aturuxar e berrar forte… Viva a festa, viva a Guadalupe.

 

Un comentario en “Dueto para crianzas

  1. ¡¡Viva a Guadalupe !! Y un viva también para ese adoptado rianxeiro que tanto siente en su corazón a Rianxo y a su Virgen negra. “Negra soy, pero hermosa / Hijas de Jerusalén/”. Así reza en el “Cantar de los Cantares” refiriéndose a la alegórica esposa de Dios y atribuido dicho poema a Salomón. Por eso los rianxeiros han querido que su Virgen sea “cincenta”.
    Me encantaría oír esos versos querido Lobato, acompañados de tu bonita voz.
    La Virgen de Guadalupe te acompañe siempre.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *