O máis leal amigo de Baudelaire

el infierno del bibliófiloRomán Arén. Charles Asselineau tivo un problema, a sombra de Baudelaire, o seu grande amigo, pero non lle importou. Árbore tan grande daba boa sombra, pero escureceu a este bibliófilo, biógrafo moi notable do poeta, narrador fantástico moi dotado, erudito, que tivo unha biblioteca prodixiosa coa mellor colección de literatura do Alto Romanticismo e da Ilustración (malvendida á súa morte). Crítico, descubriu o valor de Aloysuis Bertrand a Baudelaire, é hoxe un escritor olvidado, pero do que aínda se reeditan relatos coma este, O inferno do bibliófilo (Olañeta, 2013. Tradución de Manuel Serrat Crespo). Naceu en 1820 en París e morreu en Châtelguyon en 1874.

Asselineau por Baudelaire
Asselineau por Baudelaire

O relato, cheo de humor, narra en poucas páxinas a paixón polos libros, un divertimento nos “quais” e nas almoedas de libros, escrito con fantasía e pingas de sátira. Pertence a esa familia de relatos sobre libros que Nodier e Flaubert tamén cultivaron. Un soño sobre a destrución da súa amada biblioteca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *