Escultores de Noia no neoclasicismo galego

Escultores de NoiaDolores Villaverde. Escribía D. José Couselo Bouzas na súa Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX  que  “la hermosa y atrayente villa de Noya ha contado en todo el  siglo XVIII y parte del XIX con un número relativamente grande de artistas…”. Non se enganaba, pois chama a  atención por ser a vila de Galicia máis prolífica en canto a actividade artística se refire nesas décadas. De feito, a  maior parte dos artistas, sobre todo escultores, que traballan para a  diocese de Santiago proceden de aí. É indiscutible que o máis  popular foi Xosé Ferreiro, pero pode ser interesante  dar a coñecer outros nomes que non deben quedar no esquecemento, e que tamén nacen ou se forman en Noia.

Tres dos noieses considerados “segundóns”, pero vinculables polo seu xeito de traballar a Ferreiro e que se forman polos mesmos anos, Juan Antonio Fabeiro, Domingo  Romero e Braulio Trillo, contratan conxuntamente no 1800 unha obra de envergadura: o retablo maior do convento do Carme en Santiago de Compostela.

A peza presenta  corpo único  e ático semicircular, articulando o corpo central  con  catro grandes columnas de orde composta.

Queda clara na súa estrutura a nova orde: o neoclásico. A planta  apenas presenta  movemento, deixa os mármores na súa cor destacando as vetas naturais, reduce considerablemente a decoración, e son  as columnas as únicas que establecen dous planos. Serven para enmarcar a rúa central, que se destaca máis polas súas dimensións, e  acubilla o Sagrario e o camarín da Virxe do Carme, tan ligada ás vilas mariñeiras.

Ás mans de Fabeiro debemos tamén a imaxinería do retablo: o relevo que representa a apoteose de San Gregorio Magno que se ve no ático, e a talla da Virxe do Carme. Optou por  representala semisedente entre nubes e anxiños que  a “empurran”  con esforzo ao ceo, seguindo a iconografía máis tradicional: vestida co hábito carmelita, o Neno no regazo que amosa os fieis e o escapulario, enriquecendo así o tipo iconográfico que creara Gambino para a imaxe do Carme que ocupa a fornela da  fachada do convento.

Un comentario en “Escultores de Noia no neoclasicismo galego

  1. Antes de ampliar la fotofrafía, creí estar viendo el retablo del altar mayor de nuestra iglesia de Palmeira presidido por nuestro patrono San Pedro. Es exactamente igual, un calco del nuestro, exceptuando el ático semicircular del que el nuestro carece. A cambio, dos preciosos querubines de hinojos en sendas nubes, rematan con belleza el altar.
    Cuando quieras, Dolores, te invito a conocerlo. Dicen que nuestra iglesia es una de las más preciadas de toda la zona del Barbanza. Como amante del arte, te encantará. Quedas invitada.
    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *