Os nosos

nino-zapatos-nuevosMoisés Suárez. Rosa está encantada de poder volver andar  espida por toda a casa. Sempre lle gustou  ese costume. Pero nos últimos seis anos, con papá  vivindo con nós non podía facelo. Eu insistía en que non se cortase. Para entón meu pai xa non se decataba de nada e para el ver o corpo espido de Rosa había de ser coma ver un moble ou unha persoa das que saía na televisión e coas que teimaba en entaboar conversa. De feito, cando se decataba da presencia da muller na  casa adoitaba preguntar:  ¿E esa quen é? Eu dicíalle “é Rosa papá, a miña muller” e el continuaba “Pero, ¿non é túa nai logo?” e remataba “Entón non é dos nosos”.

Miña nai morrera había xa anos e tivera que agardar a morrer para formar parte do que meu pai  chamaba “os nosos” e que basicamente  consistían en  seus país,  os seus tíos e os seus irmáns cos que se criara nunha aldea moi pobre cerca da Coruña. E , claro, era tamén eu,  o seu único fillo.  Fóra da consanguinidade podíase falar de ser  familia, achegado, coñecido ou amigo pero a categoría de “nosos”, algo que estaba por riba de todas as outras formas de parentesco, estaba perfectamente definida no ámbito xenético.

Papá compartiu con nós os últimos anos. Ata que a situación se fixo insostible e tivemos que metelo na residencia. Había xa tempo que Rosa me advertía de que os nosos veciños se queixaban de que os espertaba pola noite coas súas cantigas a deshoras, como antes me advertira de que estabamos a perder os nosos amigos pola redución da nosa vida social que implicaba o facerse cargo de meu pai, coma antes me advertira de que a nosa vida sexual estaba a perder calidade pois ela non se podía desafogar a gusto con meu pai na casa. A súa utilización do termo “nosos” era moito máis laxa por parte de Rosa que de papá. Para ela compartir paredes de adosado ou cervexas  ou orgasmos na fin de semana era un vínculo tan importante coma para meu pai o sangue. Pero rematei  dándolle a razón e internamos a papá.

descargaDespois diso un día Rosa tivo un detalle moi bonito. Ampliou aquela foto que lle fixeran a papá  de cativo nos xardíns de Méndez Núñez.  Aparece todo contento cos seus zapatos novos. A foto fixéralla un fotógrafo que chegara a ser un retratista de renome en todo o país e do que  se inaugurara unha retrospectiva á que foramos invitados por ser o de meu pai un dos retratos que se expoñían. Non puideramos acudir daquela precisamente por ter que coidalo na casa xa que el apenas se movía. E agora o seu retrato presidía o noso salón ampliado sobre un lenzo de un metro por oitenta centímetros para o que Rosa elixiu un elegante marco de metacrilato.

Sendo aínda fermoso o corpo de Rosa non é xa coma eu o recordaba de cando andaba espida  pola casa antes de que papá vivira con nós. Tampouco lembro que berrara antes tanto cada vez que tiña un orgasmo. Ás veces penso que tal vez os finxa. Non é que desconfíe dela pero todo é posible. Ao fin de contas, ela non é dos nosos.

4 comentarios en “Os nosos

  1. Pois moitas gracias Madalena. É un placer iniciar a miña andaina polo café Barbantia cun recibimento tan agarimoso. E moias grazas tamén a quén confía na dignidade literaria do que escribo para publicalo aqui.
    Ogallá siga podendo aportar graos de sensibilidade e atopando que coas palabras se establecen vinculos de sentimentos.
    Non ouvo creeme ningún plantexamento moralizante a priori á hora de plantexar este texto. Sí se nota o arrecendo de venganza por parte do protagonista cara Rosa. Non é facíl nos tempos que corren conciliar nas vidas domésticas, cos maiores, cos nenos. E sempre hai daños colaterais. Rosa non se merece ningún mal . Coma todos, estou seguro de que ela faí o que pode. Saúdos. E grazas de novo.

  2. Buenos días y Bienvenido, Moisés :
    Mi abuela contaba muchos cuentos moralizantes siempre; y ahora al leerte, me vino uno de ellos a la memoria: era también de un viejo que vivía con su hijo, nuera y nieto. La nuera convenció al marido para que metiera en una residencia al padre (mi abuela empleaba la palabra, asilo), el hijo, reticente durante un tiempo, cedió a lo que su perseverante mujer demandaba y mandó a si hijo de once años ir a la habitación del abuelo a recoger una manta para que no pasase frio durante el viaje. En vista de que el niño tardaba en traer la manta, subió a la habitación del abuelo y vio que la estaba cortando por la mitad con unas tijeras. ¡ Pero qué estás haciendo! -gritó – Y el niño mirando al padre le dijo: Quiero guardar la otra mitad para cuando tú seas viejo.
    El abuelo,se quedó en casa.

    Un día no muy lejano, cuando Rosa pase por delante del retrato del niño con zapatos nuevos, se verá reflejada en el metacrilato y notará que su cuerpo ya es carne de asilo y gritará, no por la culminación de algo deleitable, sino por la decadencia de su ser, y se refugiará en la mitad de la manta que la espera.
    Muy bonito tu relato, Moisés. Espero seguir leyéndote.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Moisés Suárez. Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *