Carla Bozulich: predicadora “On Fire”

ee9184ed-10b0-40f8-a130-2a07c367b1a1_1510790400Gonzalo Trasbach. Para Magdalena e Carme. Este texto sobre unha das mulleres máis incendiarias que poboan a miña secreta caligrafía sonora feminina atrevida foi ideado cando tiven unha pequena polémica con estas dúas amigas e colegas deste Café literario. Para quen ademais quero recuperar o que dicía o compositor e pianista norteamericano John Cage: <A música é unicamente atreverse a escoitar os sons do mundo antes de que callen nun signo, en linguaxe codificada ou moeda corrente> (é isto o que a música ten de (in)humano?).

Foi no ano 2006 cando descubrín a unha tal Carla Bozulich (24 de decembro, 1965). Entón ela xa levaba varios episodios queimados na escena post punk de Los Angeles. E nesa data foi cando merquei “Evangelista”,  que se podería considerar propiamente coma o primeiro disco dunha compositora e cantante que, aínda que reside en California, leva no seu sangue xens neoiorquinos. Dende aquela data para aquí, Carla xoga na gran liga de espeleólogos do verbo electrónico con Nina Nastasia, Anori, Thalia Zedek ou o español Don The Tiger. Ao fío de que acaba de publicar un novo álbum, imos facer un percorrido por algunhas xemas da súa discografía.

a2711128679_10“Evangelista” (2006) é o traballo que me deu a coñecer a esta predicadora pecadora que arde entre lapas. Ela é capaz, entre outras facetas, de travestirse en enigmática diva do country alternativo, codearse cos ruidistas do downtown neoiorquino, ou pasar do grito lacerante ao rumor de bálsamo. Os proxectos grupais desta supervivente do punk angelino, de cu de mal asento, tiveron sempre unha curta vida, segada sen rubor na busca de paisaxes virxes. Na última etapa de The Geraldine Fibbers, miss Bozulich tropezou co heterodoxo guitarrista Nels Cline e bautizaron como Scarnella outro fugaz experimento, do que saíu un disco homónimo (1998).

Andaba Carla metida de cheo nun nomadismo artístico e persoal cando nos legou unha atrevida rareza: “Red Headed Stranger” (2003), unha relectura do influínte traballo de Willie Nelson de 1975: unha xoíña. Un ano despois puxo na rúa “I’m Gonna Stop Killing”, un estrano artefacto que rescata dúas pezas do proxecto nelsoniano e engade sete segmentos capturados en directo durante 2002 e 2003. Aquí, a Bozulich repta coma unha hipnotizadora de son sobre temas alleos e propios coa complicidade de Cline e do violín de Carla Kihlestedt.

Nunha reviravolta de tránsfuga, C.B. aparece en “Evangelista” baixo a dirección do afamado selo Constellation, contando coa colaboración dos canadenses Goodspeed You! Emperor, entre outros, o que dá lugar a un perfecto equilibrio entre folk e noise. As alegorías místicas e melódicas da californiana atoparon en Constellation o marco ideal para encaixar as súas inquedanzas de constante rexeneración sónica. Nun escenario de aparente desorde e aridez xorde a chispa da canción como pregaria e os mantras de átomos ruidistas alimentan a viaxe con intermitentes luzadas. “Evangelista” é un ritual e unha viaxe, unha cerimonia na que C.B. exerce de guía coma unha xamá en tenso transo espiritual.

As resonancias son múltiples e sempre enriquecedoras: radiografías de blues en estado comatoso ou brochazos de folk famélico que se filtran nun magma sonoro que fai do minimalismo unha arma amplificadora. E, por enriba de todo isto, a voz, ese torrente esgazado, esa fonte de dozura. O disco é unha invitación a baixar ao seo dese volcán en erupción que é a súa creadora. O camiño non é nada fácil: aquí ferven sobre achas abrasadoras, corazóns rachados. Para as orellas ousadas sempre hai recompensa.

descarga“Boy” (2014). Miss Bozulich dá aquí un paso ao fronte para amosarnos a súa cara máis pop, aínda que sen abandonar os seus universos escuros, espectrais. A artista completa este álbum con baladas country-folk e blues que son primeiro demolidas e logo reconstruídas por unha muller veterana na escena post punk, do rock espectral e industrioso, a improvisación e a arte sonora. Aínda que o traballo resulta máis accesible que o misterioso “Evangelista”, “Boy” é perturbador. E é así, porque percorre canellóns narrativos sombríos e tamén escuras e sucias paraxes sónicas que desorientan aos ouvintes.

Carla resolve con poderío a obra en tres eixos de acción: a composición, a instrumentación e a produción. Logo dun coidado traballo de campo e unha minuciosa selección do material acumulado, nas mesturas finais o baixo, as guitarras, percusións e viola fúndense como petróleo ardendo con sintetizadores, samplers e loops, namentres un inquietante eco de poirenta dixital outórgalle ao conxunto un aspecto temible e afiado. Falamos dun álbum impresionante, impresiona pola sucesión de relatos tétricos, marcados por nós e rachos.

“19.4.15” é un disco de rock espectral na compaña do español Don The Tiger. Compartiu Carla con Don esforzos nunha actuación de abril do 2015, recollido neste álbum, que tivo coma escenario o café OTO de Londres. Ambos os dous sós xeraron unha proverbial falla de emoción volcánica. Entre o repertorio propio e versións de clásicos do folk, miss Bozulich postúlase como “nigromante” maior da abstracción rock, sobre todo no que se refire á súa apropiación de material alleo, como se aprecia en MacCrimmon’s Lament, unha canción tradicional escocesa que resoa coma o eco dun antepasado morto. A alianza entre o español e C.B. é total, o cal apuntala a excelencia destas oito expresións de beleza murmurada torrencialmente.

CST132_cover_1400xpxO pasado  11 de maio, miss Bozulich puxo nas tendas a súa última produción: “Quieter”, un disco que, de feito, ten dous comezos: dun lado arrancou cando Carla perdeu temporalmente a audición na xira do 2014, e doutro, cando a recuperou un ano despois. Talvez por isto, a pecadora predicadora que ardía entre labaradas en “Evangelista” aparece aquí máis acougada, coma unha suplicante, necesitada e apaixonada: If you ever go back to the end of the world/ Darling/ Take me, reza na penúltima canción dun repertorio que abre a marabillosa e prodixiosa Let It Roll. Polo medio, debulla esta pregaria: Look at the sky now or close your eyes/ Your name is written in the smoke.

Preséntanos aquí, pois, a californiana un reflexivo, emotivo e repousado balance dos seus últimos vinte e cinco anos de carreira, do seu traballo sonoro. O disco reúne unha colección de temas nunca antes editados, pero que proceden de distintas etapas creativas. Conta coa colaboración de varios dos músicos dos que acostuma a rodearse, para erguer un álbum que sintetiza o ideario estético das súas últimas etapas. A voz de Carla, unha vez máis é clave, pese a que non semella tan furiosa nin enrabechada, pero case ninguén é capaz de rezar con ese ardor e esa tenrura como só ela é quen de arrancar da súa gorxa e do seu corazón. Nesta ocasión, ademais do baixo, das guitarras e percusións, apóiase noutros instrumentos como o cello, o piano e mesmo nunhas cortinas chinesas, aínda que sempre sobre un sucio e inquietante pano dixital de fondo.

Carla Bozulich leva traballando dende 1982 en varias frontes. Así, coa agrupación Evangelista realizou varias entregas, como “Hello, Voger” (2008) e “In Animal Tongue” (2011). Ten ademais un álbum a dúo con Ches Smith: “Run” (2012) e contribucións a favor de Nels Cline e Lydia Lunch: “The Book of Knots”. Noutra faceta, ten publicado en varios medios e soportes unha ampla actividade literaria (poesía, relatos curtos, crítica…). Aínda que é pouco coñecida entre nós, pero si entre unha inmensa minoría, é unha das grandes intérpretes e voces da música popular de vangarda.

5 comentarios en “Carla Bozulich: predicadora “On Fire”

  1. Querido Gonzalo:
    Acabo de llegar de acompañar a mis hijos. Primero hemos ido a cavar, sembrar y regar una pequeña parcela de césped en el que juegan los alumnos de una nieta que dirige un centro para niños con problemas en el aprendizaje. Con la sequía que estamos padeciendo, si no se riega y cuida un poco, se transformaría en un erial de un día para otro. Después hemos tomado algo en una terraza.
    Antes de irme a la cama vine al ordenador a comprobar el tiempo que hará mañana (es tal el guirigay organizado en la atmósfera que los metereólogos no se aclaran a largo plazo; o tal vez sea mi afán de ver una pequeña nube en los mapas del tiempo, aunque sólo me haga concebir falsas esperanzas.) y, de paso, echar un vistazo a alguna cosa de interés. De esta manera he podido leer tu respuesta a mi comentario.
    Puedo asegurarte que me gusta todo tipo de música -unos más que otros, por supuesto- y no podría concebir una vida sin melodía. Y no es que sienta más inclinación por la música clásica, ni siquiera por la lírica (de la cual ha fallecido hoy una relevante figura), con la que, por motivos que en alguna ocasión expondré, me siento más familiarizada. Pero también escucho a tus intérpretes preferidos; mucho más desde que leo tus artículos, que fueron los que me hicieron reencontrar con una música que ni siquiera sabía que la tenía.
    Es muy tarde, mañana -hoy- he de madrugar y aún tengo que preparar la ropa, según los cánones que me dicta el tiempo: parece que desciende bastante la temperatura sin que la lluvia haga acto de presencia.
    Que tengas felices sueños.

  2. Querido Gonzalo:
    Siento tristeza cuando se enaltece a un cantante y ni te suena su nombre: tal es mi ignorancia musical en algunos estilos. (Creo que en mi respuesta a otro trabajo te expliqué las razones de este desconocimiento). Pero tus artículos me llevan a rebuscar entre los vinilos heredados de mis hijos (me suena mejor la música escuchada de ese modo); y cuando no aparece ninguno del compositor en cuestión, acudo a Internet, como he hecho en esta ocasión: parte de la noche la he dedicado a escuchar música de Carla Bozulich. “Quieter” me ha parecido muy lenta y los sonidos raros que acompañan a la voz de la cantante, a mi entender, no le hacen favor. También he escuchado “Boy” y “Evangelista”. Desde luego es una música que no te deja indiferente, pero difícil de digerir de golpe; y, menos aún, si lo inmediato es irte a la cama.
    Esperando estar más lúcida, continúo mañana.
    Esta mañana he vuelto a escuchar “Quieter” (alguna más) y ha mejorado mi apreciación; pero considerándola como música de fondo de una película de terror y la voz de Carla como el lamento de un alma atormentada, con variedad de matices e inflexiones. Reconozco que es música de calidad, aunque no la que me gustaría escuchar en todo momento.
    En eso de plasmar los sonidos de la naturaleza, los compositores románticos nórdicos eran maestros: su música también te hace sentir la llamada de la tierra. Para Edvard Grieg -por citar uno- el paisaje noruego fue motivo de inspiración. Con un lenguaje enternecedor describe la belleza de los fiordos, las montañas, el trino de los pájaros, el susurro de la brisa, el rumor del agua…; y también los sentimientos de las personas. Muchas de sus composiciones parecen verdaderos trabajos de artesanía… Acostumbrada a este tipo de música, me cuesta adaptarme a la música que a ti te atrae, tan diferente. Pero en gustos no hay nada escrito y sería muy aburrido que a todos nos gustase lo mismo… Ese es mi modo de ver las cosas. De todas formas, continuaré indagando en los álbumes de Carla Bozulich.

    Me encanta el lirismo y la pasión que le imprimes a tus artículos; aunque, en esta ocasión, no coincidamos en gustos musicales.

    A pesar de mi ignorancia en este tipo de música, es un placer leerte.

    Un abrazo.

    1. Buenos días querida Carmen. Estoy totalmente con lo que dices. Pero no engaño a nadie. Advierto a todo el mundo de lo que hay. Nada tengo contra la gente que disfruta escuchando y bailando “Mi carro me lo robaron”, por citar un ejemplo, u otros estilos musicales.Tampoco tengo nada desfavorable con Belén Esteban, aunque me molesta que hable en “nombre de toda España”. No sólo eso, sino que no me siento ni me considero superior ni mucho menos mejor que esas personas. Los nazis escuchaban música de élite por la noche. Por la mañana gaseaban a pobres gentes indefensas. Tampoco escribo mis artículos pensando en que alguien se va a poner a escuchar a C.B. Pero si suena la flauta, a lo mejor alguien tiene interés en aventurarse en territorios sin explorar. En fin, tienes mucho mérito. Muchas gracias por tus amables palabras. Besos.

  3. Querido Gonzalo:
    Don Jacinto Benavente decía en una de sus mejores obras de teatro que, era mejor crear intereses, que afectos. Creo que lo decía para adaptarse al papel de esa gran obra que era “Los intereses creados”. Yo pienso todo lo contrario, porque para mí los afectos están por encima de todos los intereses; así que entre nosotros semejante antecedente no será considerado como desmerecedor de una buena amistad. No voy a negarte que estuve un poquito dolida, pero pronto comprendí que mi actitud no era la más apropiada y pronto la canjeé por otra más acertada. Para mí, siempre serás el gran escribidor de bellos textos a los que no sé contestar por mi bajo grado de ilustración musical pero, que me encanta leerlos porque utilizas bellas frases, y el valor de las palabras, para mí, son fundamentales.
    Me alegro de verte resurgir nuevamente por Barbantia.
    Estoy segura de que si te leyera la “incendiaria”, apagaría el fuego con su baba.
    Besiños palmeiráns.

    .

    1. Buenas noches amiga Magdalena. Había en nuestra época juvenil una canción popular que rezaba así: olvidemos nuestro enfado, olvidemos nuestro enfado, y volvamos al amor (amistad). A todos nos gustan los caramelos, y más si están envueltos en papeles de elogio. Pero sigo pensando que aquí, como en otros artículos, lo menos importante es el nombre del articulista. Aquí lo importante es quedar subyugado, atrapado, por el embrujo que alienta en esa garganta sin par del reino de las tinieblas. Ese prodigio de voz. Franz Kafka decía que las voces más hermosas eran los lamentos de las almas condenadas en el infierno. Deseo y espero que me entiendas. Bicos.

Deixa una resposta a Gonzalo Trasbach Paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *