As tías de Londres

1927_Eugenia_Dunbar_Moose_MaríaMoisés Suárez. Durante toda a miña vida aquel retrato formou parte da sobria decoración do noso comedor provinciano. Conviviu coa miña infancia e a miña xuventude naquel piso que compartiamos maiormente miña nai e mais eu. Lola, a irmá pequena, pasaba a maior parte do ano en Asturias naquel internado e a presencia de papá na casa era testemuñal. Unha semana polo Nadal e 15 días en Agosto polo San Lorenzo, nas festas da aldea. O resto do ano naquel piso viviamos mamá, eu e o retrato das tías xogando cos parrulos.

Viviamos ben. Papá desde Londres pasaba puntualmente una xenerosa cantidade que co cambio das libras nos permitía levar unha vida desafogada. O soldo que el cobraba traballando de mordomo daquel Lord case chegaba íntegro a nosa casa pois el, coma sempre dicía, vivía coma un señor sen gastar un peso gracias á xenerosidade do seu xefe. Puntualmente chegaban os cartos e puntualmente chegaban tamén paquetes cheos de marmeladas, galletas, perfumes, e para min camisas e xerseis á última moda. O de que eran á última moda tardei en sabelo. Nun principio resultaban bastante extravagantes e tiña que aguantar a mofa dos meus compañeiros cando chegaba de estrea ao colexio. Pero pouco a pouco funme decatando de que, logo do impacto inicial, ao cabo duns meses, aqueles polos e xerseis poñíanse de moda tamén na miña cidade e todos devecían por imitar o meu estilo. Pódese dicir que, para daquela e gracias aos envíos de papa, eu era o que hoxe chaman un “ influencer”.

Así fun medrando. Na casa con mamá, triste e silenciosa, coa presenza cada vez máis sombría de miña Irmá e coa algarabía puntual das visitas de papá sempre alegre e vestindo aqueles traxes estrafalarios e con camisas de cores imposibles cando viña ás festas en Agosto. E co retrato das miñas tías de Londres que, ao parecer, foran as que lle conseguiran aquel choio a meu pai na Pérfida Albión.

Pouco antes de marchar a estudar á capital, precisamente nas festas do verán coa familia, algo descolocou toda aquela rutina familiar. Meu tío Luís puxérase un pouco pesado e rufo polo viño, e comezara a meterse coa camisa vermella que levaba papá. Nun principio todos riron co brinquedo, pero pouco a pouco o da camisa foi a máis. Meu tío púxose a rosmar fantasías de como debía de ser a vida de meu pai en Londres naquel castelo e pronto derivou cara ao terreo enlamado dos supostos cornos que debía de estar poñéndolle á miña nai.

Ben. Na miña mente pasaba de cando en vez a idea de que tal vez papá tivese os seus apaños por Inglaterra. Non sería de estrañar, e ata creo que mama podería sospeitar, pero a aquela altura….

Ese día meu tío Luís teimaba e teimaba. Mofábase de algo referido ás miñas tías da foto e tamén insistía en que á súa idade papá tiña que estar xa xubilado e que non era normal que non quixera volver para a terra coma o resto dos que andaban por fóra. Pasáballe a man polo ombreiro e choscaba o ollo cara ao resto dos convidados. Daquela meu pai esbourou. Empurrouno e tirouno do banco ante o silencio de todos os comensais, bisbou algo en inglés e logo marchou cara o hórreo prendendo un pito mentres o resto axudaba a erguer a meu tío Luís.

A cousa non foi a máis e tardei aínda un tempo en saber que en realidade non existían ningunhas tías na Gran Bretaña. Para daquela eu estudaba xa en Madrid e traballaba pola noite nun tugurio de Chueca. As miñas preocupacións eran xa outras. Unha estraña enfermidade comezaba a facer estragos entre o meu círculo de amigos, e Carlos, a miña parella de entón, atopábase mal. Por iso non prestei toda a atención cando me fixeron partícipe de toda a verdade da historia sobre a foto e a vida de papá en Londres. Carlos morreu ao pouco, e case ao mesmo tempo chegaron noticias de que a mesma enfermidade estaba a acabar co meu pai .

Aínda hoxe me arrepía recoñecer a mirada de papá vestido de muller naquela foto que miña nai veneraba e que segue a presidir a miña nova casa.

6 comentarios en “As tías de Londres

  1. Lo siento, pero tengo que decirles a Carmen y Magdalena, que la narrativa de Moisés se ajusta perfectamente a la realidad. Ni imaginación, ni ficción: son hechos reales.

    Os cuento: He vivido (y sigo viviendo a Dios gracias) en un pequeño y encantador pueblo junto con sus gentes; y he conocido “in situ”lo que Moisés comenta sobre las venturas y desventuras de esas gentes. Aun así, era raro que en cada casa no hubiera un familiar que no abrigase la idea de emigrar, irse al extranjero buscando una economía mejor para sus familias. Y era así.

    Respecto a los “amaños” que menciona Moisés, ya sabéis aquello que dicen del marinero:”un amor en cada puerto”; aunque los de tierra firme tampoco eran mancos. La soledad y la ocasión, que a veces la pintan calva,- ya conocéis-, pero que nunca han dejado de atender a sus familias salvo raras excepciones. Y aquellos que no se habían recordado…al final de sus días” recalaban” al hogar que un día habían abandonado, trayendo una hermosa paguiña que su familia llegaba a disfrutar, y que agradecían, porque en aquel entonces había más necesidad. No faltaba incluso alguna vecina que viendo a aquella mujer- todavía con vestigios de dolor por el abandono de su esposo, le decía: “colle esa paja, que por donde se vai esa, non ven outra”; non seas parva. Os transcribo literalmente lo dicho, porque ha sido escuchado por mi cuando era una chiquilla. Y estas eran las historias de aquel entonces. Muchas veces con un toque triste, pero hechos reales. Buena tarde a todos.

  2. Bienvenido, Moisés. Acabo de poner en marcha el ordenador, después de que Magdalena me haya advertido de la entrada de un nuevo colaborador en Café Barbantia al que debería leer.
    Como ella, no sé si tu historia es pura ficción o si está basado en hechos reales. De cualquier manera, está escrito con un ritmo narrativo ágil y una temática muy creíble y fantásticamente llevada. Por favor, no dejes de deleitarnos con relatos como éste.
    Estoy escribiendo fuera de mi horario habitual, que suele ser a las tantas de la noche. Pero ante la insistencia de Magdalena…
    Un abrazo.

    1. Muchas gracias Carmen. Estaré encantado de seguir colaborando en el blog. Sobre todo sabiendo que hai lectores tan atentos. Espero vuestros escritos para compartir momentos literarios. Un saludo.

  3. ¡¡ Que bonito !! Buenos días, Moisés. No sé si es ficción o realidad, no sé si quieres regalarnos satisfacciones imaginarias o si te basas en la objetividad; sea lo que fuere, “se non e véro, e ben trovato”.
    Gracias por no escatimar prosa que convence.
    Nuevamente bienvenido y besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Moisés Suárez. Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *