Galicia e os galegos na poesía castelá CII. Unha arxentina, Cati Castaño

Busto_de_Rosalía_de_CastroRomán Arén. Non é pequena a presenza de Rosalía na poesía arxentina, o que é ben lóxico pola emigración e pola orixe galega dalgúns escritores arxentinos, e así a nosa poeta nacional foi cantada por Alfredo Bufano, Francisco Luis Bernárdez, Arturo Capdevila, José González Carbalho, Víctor Luis Molinari, Julieta Gómez Paz… Entre esas voces hai unha contemporánea, Cati Castaño, nacida en Buenos Aires en 1945, que en 2010 publica “A Rosalía”: Levadura de exilios y orfandades/la voz de Rosalía es ría, toxo/espino doloroso/aventura por el misterio de lo arcano/será de Dios la palabra del que canta/benditos leche y pan en días de hambre/bendita rebelión en pechitos sin consuelo/apalpados por ausencias/te hacen coro, cara/cruz y contrarresto/qué perfidia madrean los olvidos?/quién te arropa enamorada de tu pueblo?/carnadura y hueso bien calado/por lo falso y lo veraz/por la eterna rebeldía/que acaso cruza el mar buscando sueños/desde este Buenos Aires te celebro,/Rosalía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *