Amig@s do Café

Cafélite5    @s amig@s do Café son creador@s galeg@s procedentes da literatura, do cine, das artes plásticas, da filosofía, do xornalismo, da historia ou da ciencia, que se sentarán ao redor do café e irán alimentando as conversas coas súas achegas.



3 respostas a Amig@s do Café

  1. x ricardo losada di:

    Polo pouco que coñezo a Magdalena, éme moi crible esa descrición que
    fas dela. Onte uns alumnos meus representaron en clase unha conversa sobre a
    amizade a partir do texto Da amizade de Montaigne. O teu texto recordoume
    o concepto de amizade do filósofo francés e a marabillosa amizade que tivo con Étienne de la Boétie. Polos vosos comentarios en Café Barbantia xa se vía que
    era unha amizade moi especial.
    Sei que Magdalena está pasando por uns momentos difíciles. Agardo que todo lle vaia ben, e que moi pronto poida volver a deleitarnos cos seus comentarios neste Café Barbantia.
    Unha aperta para as dúas

  2. Ei de recoñecer que o meu despiste é de antoloxía: envío o comentario sen título:

    Gracias por seres como es

  3. Este verán escribín nunha especie de blog persoal o que agora vou intentar pasalo ao galego –aínda que me coste- como unha homenaxe a Magdalena. No había volto a ler nin ver ata hoxe nin lembraba habe-lo escrito. E, como o que expreso sigue vixente, penso que é unha bonita forma de tomar parte no voso blog.

    Isto é o que escribín (si o meu galego é de fiar):

    “Chega o día de voltar a Madrid e voume con tristura. E non só se debe a ter que deixar esta terra co espléndido tempo do que estamos a disfrutar. Non. Penso que estas vacacios están resultando máis fermosas porque descubrín a Magdalena: ela foi o revulsivo, o empurrón que eu precisaba para perder o medo escénico e contar as miñas vivencias dun modo natural no medio do que dispoño. En realidade xa nos conociamos doutros verans –e ata somos parentes-, pero só como compañeiras nas longas camiñatas que nos dabamos un grupo de amigas. Para min resultou un verdadeiro encontro.

    Magdalena é unha muller única, ou das que abondan moi pouco : ademais das súas dotes de ama da casa de excepción, o seu amor por calquera faceta do saber a levan a “bucear” en todalas fontes. Con Magdalena pódese falar de literatura, música, filosofía, pedagoxía… O que lle boten. E faino dunha forma humilde, sinxela, sin pedantería. Pero é que ademais, a súa maneira de se expresar embelesa. O que ela le ou recita, gaña en forza comunicativa. Onte tiven a magnífica ocasión de comprobalo.

    Dise que as potencias da alma son a memoria, o entendemento e a vontade. Magdalena anda sobrada das tres, anque se queixe da súa falta de memoria. Se eu fose ela, se tivese o séu caudal de sabedoría e capacidade de comunicación, trataría de compartilo cos demais: creando unha tertulia literaria quincenal, por exemplo. Poderiase propor a lectura dunha narración corta na que participasen todolos asistentes e comenta-la despois. Sería unha maneira divertida de familiarizarse cos autores máis representativos.

    Coido que o segredo de Magdalena radica no amor que pon en todo-lo que fai. Sen ese grande amor que zumega, inda na realización das cousas máis pequenas, non sería posible abarcar tanto e tan ben.”
    (Escrito en castelán o día 7 de setembro do 2016)

    Sei que Magdalena non está pasando por un bo momento anímico. Pero tamén teño o convencemento de que todo se vai resolver da mellor maneira e que de contado volverán as cousas a ser como antes.

    Boas noites e unha grandísima aperta.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>