Que é iso que chamamos felicidade?

978841782449Gonzalo Trasbach. Se a memoria non me falla, coido que foi Jacques Lacan quen nalgunha ocasión tiña dito que probablemente non había ninguén neste noso mundo que puidese definir cun mínimo de precisión que é iso que chamamos a felicidade, iso que parece que os humanos estamos obrigados a buscar coma se fose un imperativo categórico que debemos cumprir como sexa. Doutro lado, lembramos que desa palabra, partíndoa pola metade, obtivo a poeta Olga Novo o título do seu último e fantástico poemario: Feliz Idade. Neste libro hai na primeira páxina unha cita de Jorge Luis Borges fabulosa, como fabulosa é toda ou case toda a obra do arxentino. Continue reading Que é iso que chamamos felicidade?

Linn, Ingmar e Färo

9788412302165Xerardo AgraFoxo. Esta é a historia dun home particular. Un home que dubidada da existencia de Deus, pero consideraba que detrás de Bach estaban as mans dun Ser superior. Un día decidiu refuxiarse nunha illa inhóspita, onde as praias fican ateigadas de croios, as chairas son terras ermas e hai máis ovellas que veciños. Naquel abeiro, espido e solitario, levou unha vida ascética, con baños nas augas xeadas, percorridos en bicicleta polos carreiros de grava e cotiás viaxes a outra illa para mercar xornais. Pasaba as horas vendo películas, debullando os seus libros favoritos e tecendo cunha caligrafía retorcida as súas memorias. Era un home moi estrito e puntual. Cando un día chegou tarde a unha cita, a filla máis nova presentiu que axiña morrería. Continue reading Linn, Ingmar e Färo

O estraño caso do roubo dun violonchelo

unnamedMarina Losada Vicente. -Levo o violonchelo para a casa. Aquí tes os cartos e a propina. Faltan dez minutos para que peches. Mañá á primeira hora, se eu non estou na porta co instrumento, fas caixa e dás entrada ao efectivo. Espero que non, pero se teño que devolvelo… Trátase dun agasallo e depende da reacción da miña moza. Se non quere matricularse, o gasto non ten sentido. Continue reading O estraño caso do roubo dun violonchelo