Memoria popular de Ribeira

A_barra_por_dentroPastor Rodríguez. Antonio Novo Salgado, aínda que nado en Teo en 1947, dende os anos setenta viviu en Ribeira, cidade na que se dedicará á hostalaría, na histórica cafetería Nordeste. E sobre a súa especialidade publicará as obras Vocabulario de cócteles (1991), O libro dos cócteles galegos (1993) e A barra por dentro (1995). Pero o que lle deu popularidade na súa vila de acollida foron as obras nas que recolleu a memoria e as anécdotas de todos os personaxes famosos da cidade de adopción. Así, en 1994 publica Contos verdadeiros, e no ano 1997 publica na Coruña as obras Ilustres anónimos. Continue reading Memoria popular de Ribeira

Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro

A sindrome de BergeracPilar Sampedro. Sucede, ás veces, onde menos o esperas, aparece unha achega interesante. Ler A síndrome de Bergerac. Unha comedia heroica levoume a pensar nesas experiencias teatrais que teñen lugar nas escolas, tanto en primaria como en secundaria. Prácticas teatrais que escritores tan recoñecidos como Fina Casalderrey (Recursos teatrais para a expresión dramática na escola) ou Xosé Agrelo (O xogo dramático (de, con, por, para nenos)) puxeron por escrito, para axudar os compañeiros e compañeiras a traballar co texto dramático e levalo á escena. Pensaba nos esforzos por levar o teatro ás aulas e a representación das obras ao contexto social que rodea o centro educativo. Continue reading Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro

Crane VS. Auster

9788432239052Xerardo Agrafoxo. Este non é un libro. Este é un monumento, un monumento literario. Unha obra de máis de mil páxinas dedicadas ao «Mozart» da literatura norteamericana. Stephen Crane, que naceu o Día de Defuntos e morreu cinco meses antes de cumprir vinte e nove anos, foi o noveno fillo supervivente dos catorce que tivo un devoto matrimonio da Igrexa Metodista de Nova Jersey. Durante a súa curta existencia traballou como reporteiro para combater a pobreza que sempre o acompañou. Despois dun comezo narrativo prometedor, escribiu A insignia vermella da dor, un relato sobre a guerra civil norteamericana. Continue reading Crane VS. Auster

Do principio de mellora no dereito civil galego

se_extiende_mes_del_testamento_1202322_crop1601826509346.jpg_943222218Marina Losada Vicente. A visita da súa cuñada, tan pouco frecuente, déralle mala espiña. Áurea escoitou como lle insistía a Xermán para que esquecese a idea da mellora. Debería tratar os sete irmáns por igual,  porque non é propio dun corazón recto premiar a quen o coida, menosprezando a quen querendo, non tivera ocasión de facelo. Aseguroulle que as dúas irmás monxas, o cura, o viúvo sen fillos, o outro irmán casado, se non vivisen tan lonxe, e mesmo ela, de gozar da saúde, estarían gustosos de facelo. Continue reading Do principio de mellora no dereito civil galego