{"id":10528,"date":"2019-03-19T06:00:48","date_gmt":"2019-03-19T06:00:48","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10528"},"modified":"2019-03-12T15:58:02","modified_gmt":"2019-03-12T15:58:02","slug":"tres-minutos-no-aire-de-miguel-anxo-murado","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10528","title":{"rendered":"Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/978849151306.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10529\" alt=\"978849151306\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/978849151306-195x300.jpg\" width=\"195\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/978849151306-195x300.jpg 195w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/978849151306.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 195px) 100vw, 195px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Non co\u00f1ezo persoalmente a Miguel Anxo Murado, nin ganas te\u00f1o. Estou seguro de que me \u00eda decepcionar, xa que \u00e9 imposible que estea \u00e1 altura dos seus escritos. Compr\u00f3boo unha vez m\u00e1is co seu \u00faltimo libro, <i>Tres minutos no aire, <\/i>que recolle as s\u00faas colaboraci\u00f3ns entre 2006 e 2009 no programa <i>Diario cultural <\/i>da Radio Galega, 83 pequenos ensaios, no sentido do seu admirado Montaigne: reflexi\u00f3ns racionalistas sobre un sutil fondo de lirismo e iron\u00eda que mesturan nun todo desesperaci\u00f3n e esperanza, desilusi\u00f3n e entusiasmo, paix\u00f3n e frialdade. Nada m\u00e1is recomendable para estes tempos de populismo e polarizaci\u00f3n que o libro dun escritor que renega do intelectual predicador e reivindica o intelectual esc\u00e9ptico.<!--more--> Chega dabondo con ver como enfoca o actual\u00edsimo tema das bandeiras. Tras revelar que a \u00fanica que comprou na s\u00faa vida foi a de Groenlandia, porque lle gustaba o dese\u00f1o, conta que o d\u00eda que nese pa\u00eds celebraron un referendo pola independencia, sacouna \u00e1 r\u00faa e escribiu un artigo no que lle desexaba o mellor a esa naci\u00f3n. E di por que: \u201cCuberto de xeo l\u00edmpido, cristalino, \u00e9 o pa\u00eds que conserva o silencio da Prehistoria\u201d. Eu, debo reco\u00f1ecelo, tam\u00e9n me sent\u00edn groenland\u00e9s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Murado \u00e9 tam\u00e9n, polo mesmo que Montaigne, un escritor disperso, a\u00ednda que a s\u00faa \u00e9 unha dispersi\u00f3n domada polo xornalista, moito m\u00e1is fiada e planificada, tanto nos contidos como na mestura dos m\u00faltiples x\u00e9neros que utiliza, mov\u00e9ndose como un p\u00e9ndulo err\u00e1tico (s\u00f3 aparentemente) entre dous extremos: o libro de curiosidades e o ensaio filos\u00f3fico. Lendo este libro saberemos (e, o m\u00e1is importante, quereremos saber m\u00e1is), entre outras moitas cousas, que Galicia ten m\u00e1is dun terzo dos top\u00f3nimos de Espa\u00f1a, sendo s\u00f3 o 6 por cento do territorio; que houbo unha lista de espera (el mesmo chegou a anotarse) para doar a caveira \u00e1 Royal Shakespeare Company coa fin de que a utilizasen na famosa escena do Hamlet; que levar os zapatos limpos \u00e9 unha proba de status porque nalg\u00fan tempo era sinal de que un pod\u00eda dispo\u00f1er dun coche de cabalos para desprazarse; que o propio Murado conseguiu interpretar un manuscrito do fil\u00f3logo An\u00edbal Otero, que ningu\u00e9n consegu\u00eda descifrar pola s\u00faa mala letra e o estra\u00f1o vocabulario ribeirego, porque a letra era case id\u00e9ntica \u00e1 s\u00faa e porque tivera unha moza na Ribeira de Piqu\u00edn e entend\u00eda a xerga.<\/p>\n<figure id=\"attachment_10530\" aria-describedby=\"caption-attachment-10530\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/miguel-anxo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-10530\" alt=\"Foto: La Voz de Galicia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/miguel-anxo-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/miguel-anxo-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/miguel-anxo-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/miguel-anxo-900x506.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/03\/miguel-anxo.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-10530\" class=\"wp-caption-text\">Foto: La Voz de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 Pero esas curiosidades e an\u00e9cdotas e citas e vivencias persoais est\u00e1n engarzadas por sut\u00eds e amigables reflexi\u00f3ns que conseguen darlle ao libro unha intensa dimensi\u00f3n filos\u00f3fica, entendendo filosof\u00eda no sentido grego de conversa reflexiva sobre problemas humanos que condiciona a propia vida dos interlocutores, e non como unha an\u00e1lise cr\u00edptica e abstracta para profesores universitarios escrita ou falada, como di Murado, na lingua morta dos fil\u00f3sofos da d\u00e9cada de 1980. Murado consegue, cun ton sempre baixo e pr\u00f3ximo, rompernos constantemente os esquemas e inv\u00edtanos (unha invitaci\u00f3n que non somos quen de rexeitar) a que os recompo\u00f1amos coa nosa propia experiencia cultural. Porei s\u00f3 tres exemplos. Sobre o celtismo: \u201cLeo que est\u00e1 a piques de comezar unha nova edici\u00f3n do Festival Celta de Ortigueira, e non podo evitar pensar na iron\u00eda de que, fose Galicia celta ou non na antig\u00fcidade, o que est\u00e1 claro \u00e9 que si que o \u00e9 agora. Porque a identidade, no fondo, non \u00e9 m\u00e1is que crer algo\u201d. Sobre o fe\u00edsmo: \u201cIgual que os romanos deixaron pontes de pedra para a posteridade, deixemos n\u00f3s alg\u00fan solitario pilote de cemento armado, alg\u00fan chal\u00e9 rosa en primeira li\u00f1a de praia e alg\u00fan conxunto hist\u00f3rico-art\u00edstico de postes de luz e lavadoras oxidadas, como ru\u00ednas de algo que, a\u00ednda que non nos guste, \u00e9 noso, e forma parte de n\u00f3s, e somos tam\u00e9n n\u00f3s\u201d. Sobre as novas tecnolox\u00edas: \u201cTemos tal reverencia pola tecnolox\u00eda que lle atribu\u00edmos a capacidade de cambiar o mundo, cando en realidade \u00e9 que \u00e9 o mundo, que permanece inalterable, o que obriga a ir cambiando de tecnolox\u00eda\u201d. Como vedes, filosof\u00eda, e filosof\u00eda da boa. En Murado, nin a ideolox\u00eda nin a cultura corrompen ese sentido com\u00fan que, como ben demostra este libro, \u00e9 o menos com\u00fan dos sentidos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 E todo cunha amenidade extraordinaria. Unha amenidade conseguida, non s\u00f3 con humor puro e duro (rev\u00e9lanos, por exemplo, que viu de neno en <i>Vinte mil leguas de viaxe submarino <\/i>un polbo xigante atacar o Nautilus \u201cmedio con horror medio con fame, pensando nas potas de cobre das polbeiras de San Froil\u00e1n) sen\u00f3n, sobre todo, con ese alqu\u00edmico car\u00e1cter de intriga que consegue darlle a todos os ensaios. Como non imos devorar textos que din que Tiro \u00e9 a cidade en que todos aprendemos a ler, ou que o Renacemento foi unha redescuberta do embigo, ou que a primeira obra de Darwin publicada en Espa\u00f1a foi a etiqueta da botella de An\u00eds del Mono, ou que o segredo da xenialidade de Shakespeare \u00e9 que sab\u00eda falar, coma os nenos moi pequenos, por medio de s\u00edlabas soltas, ou que Deus \u00e9 un ser indeciso, ou que non hai ning\u00fan escritor que escriba na s\u00faa lingua materna.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Poder\u00eda seguir e seguir, pero, como debo rematar, limitareime a dicirlle a Murado o que os palestinos lles din, segundo el mesmo sinala, aos narradores orais que contan boas historias: Que Al\u00e1 che conserve a lingua!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Non co\u00f1ezo persoalmente a Miguel Anxo Murado, nin ganas te\u00f1o. Estou seguro de que me \u00eda decepcionar, xa que \u00e9 imposible que estea \u00e1 altura dos seus escritos. Compr\u00f3boo unha vez m\u00e1is co seu \u00faltimo libro, Tres minutos no aire, que recolle as s\u00faas colaboraci\u00f3ns entre 2006 e 2009 no programa Diario cultural &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10528\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10528"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10528"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10528\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10532,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10528\/revisions\/10532"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10528"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10528"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10528"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}