{"id":10663,"date":"2019-04-24T06:00:04","date_gmt":"2019-04-24T06:00:04","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10663"},"modified":"2019-04-23T07:09:15","modified_gmt":"2019-04-23T07:09:15","slug":"frases-con-sorpresa","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10663","title":{"rendered":"Frases con sorpresa"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/51OSHHFQhwL._SX331_BO1204203200_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10664\" alt=\"51OSHHFQhwL._SX331_BO1,204,203,200_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/51OSHHFQhwL._SX331_BO1204203200_-200x300.jpg\" width=\"200\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/51OSHHFQhwL._SX331_BO1204203200_-200x300.jpg 200w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/51OSHHFQhwL._SX331_BO1204203200_.jpg 333w\" sizes=\"(max-width: 200px) 100vw, 200px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Sempre me preguntei por que hai frases que lle gustan a todo o mundo. \u00c9 un exercicio moi instrutivo. Coller unha frase como \u201cOh, si, aprend\u00edn dos meus erros, e por iso estou preparado para repetilos exactamente\u201d, e comprobar como case todos os lectores reaccionan da mesma forma. Sorpresa, iluminaci\u00f3n, revelaci\u00f3n, entusiasmo. Sorpresa porque rompe co t\u00f3pico: o normal \u00e9 pensar que aprendemos dos erros para non volver cometelos. Iluminaci\u00f3n porque en canto superamos o paradoxo inicial, ac\u00e9ndese unha luz de aceptaci\u00f3n na nosa cabeza. Revelaci\u00f3n porque de s\u00fapeto descubrimos unha verdade que non queriamos ou non sabiamos enunciar<!--more-->: enc\u00e1ntanos cometer os mesmos erros infinitas veces, sobre todo porque a sociedade na que vivimos ch\u00e1malle erro ao que nos produce m\u00e1is pracer e porque hai algo cruel en n\u00f3s que nos impulsa a machucar as esperanzas (quen son eles para querer dirixir as nosas vidas) que os demais po\u00f1en en n\u00f3s. Entusiasmo porque dalg\u00fan xeito sent\u00edmonos xustificados no m\u00e1is profundo: non \u00e9 que sexamos torpes nin pouco intelixentes, \u00e9 que somos humanos e os humanos somos as\u00ed.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Unha das vantaxes que ten a filosof\u00eda \u00e9 que che permite vivir en incontables ocasi\u00f3ns esa experiencia. Acabo de ler a novela da fil\u00f3sofa Iris Murdoch <i>O pr\u00edncipe negro <\/i>e, a\u00ednda que creo que lle sobran d\u00faas centas p\u00e1xinas, desfrutei moito coas innumerables frases dese tipo que aparecen no texto. <i>Todo canto ten valor \u00e9 secreto. <\/i>Ou: <i>Non te\u00f1o relixi\u00f3n, ag\u00e1s a mi\u00f1a propia tarefa de existir. <\/i>Ou: <i>Nunha explicaci\u00f3n complexa toda orde pode parecer arbitraria. <\/i>Ou: <i>\u00c9 unha bendici\u00f3n que poidamos esquecer a maior\u00eda dos nosos co\u00f1ecidos cando non est\u00e1n presentes. <\/i>Ou: <i>Acollemos as cat\u00e1strofes dos nosos amigos cun pracer que realmente non excl\u00fae a amizade. <\/i>Ou: <i>O de censurar certas cousas est\u00e1 moi ben. Pero non debes censurar as persoas. Iso \u00edllate. <\/i>Ou: <i>A curiosidade \u00e9 unha forma de caridade. <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/principe.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-10665\" alt=\"principe\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/principe.jpg\" width=\"183\" height=\"276\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0 Pod\u00eda seguir e seguir, pero limitareime a facer unha pequena reflexi\u00f3n sobre unha frase que me chamou moito a atenci\u00f3n porque me recordou que d\u00faas horas antes nunha conversa alg\u00fans amigos escandaliz\u00e1ronse porque dixen, \u00a0medio en chanza, medio en serio, que estaba seguro de que tanto as mulleres coma os homes falamos mal das parellas (xa con outras persoas, xa con n\u00f3s mesmos) \u00e1s s\u00faas costas.\u00a0A frase de Murdoch dic\u00eda: \u201cToda persoa casada \u00e9 un Jekyll e un Hyde, por forza ten que selo\u201d. Provocoume sorpresa porque eu s\u00f3 pensara no criminal Hyde. Iluminaci\u00f3n porque axi\u00f1a aceptei que realmente \u00e9 as\u00ed: os casados sempre nos movemos na bipolaridade, honrados doutores e criminais asasinos. Revelaci\u00f3n porque comprend\u00edn que, se era as\u00ed, e agora cr\u00eda que o era, a\u00ednda deb\u00eda querer m\u00e1is \u00e1 muller, xa que a limitaci\u00f3n da liberdade que implica o matrimonio, e a inevitable ca\u00edda da paix\u00f3n inicial, ti\u00f1a unha cara oculta positiva. Entusiasmo porque, a pesar dos pesares, a muller fose capaz de que o seu doutor Jekyll controlase o criminal Hyde, cando menos, estando eu presente. E m\u00e1is entusiasmo a\u00ednda, e iso era o que lle quer\u00eda transmitir a aqueles amigos, porque ela sacara a pasear o criminal Hyde cando eu non estaba presente. Hab\u00eda as\u00ed moitas menos posibilidades de que o sacase comigo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Sempre me preguntei por que hai frases que lle gustan a todo o mundo. \u00c9 un exercicio moi instrutivo. Coller unha frase como \u201cOh, si, aprend\u00edn dos meus erros, e por iso estou preparado para repetilos exactamente\u201d, e comprobar como case todos os lectores reaccionan da mesma forma. Sorpresa, iluminaci\u00f3n, revelaci\u00f3n, entusiasmo. Sorpresa &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10663\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Frases con sorpresa<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10663"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10663"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10663\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10693,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10663\/revisions\/10693"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10663"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10663"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10663"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}