{"id":10675,"date":"2019-04-27T06:00:38","date_gmt":"2019-04-27T06:00:38","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10675"},"modified":"2019-04-22T16:09:42","modified_gmt":"2019-04-22T16:09:42","slug":"sobrevivir-a-chopin","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10675","title":{"rendered":"Sobrevivir a Chopin"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/c1b88cf043a12e8a339539bd37db5a4d.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10678\" alt=\"c1b88cf043a12e8a339539bd37db5a4d\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/c1b88cf043a12e8a339539bd37db5a4d-199x300.jpg\" width=\"199\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/c1b88cf043a12e8a339539bd37db5a4d-199x300.jpg 199w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/c1b88cf043a12e8a339539bd37db5a4d.jpg 466w\" sizes=\"(max-width: 199px) 100vw, 199px\" \/><\/a><em><strong>C\u00e9sar Alen.\u00a0<\/strong><\/em>Moitas son as que se esgotan, as que sucumben a unha relaci\u00f3n, as que perecen no intento. S\u00f3 as almas grandes, os esp\u00edritos egrexios superan o entregado anonimato, a desaparici\u00f3n no lago escuro e profundo da fama do outro, a longa sombra de ser a esposa de&#8230; Unha desas almas grandes foi George Sand, a grande escritora francesa, que superou o estigma de ser a muller do m\u00fasico polaco Chopin, co\u00f1ecido e reco\u00f1ecido universalmente. Pero ela f\u00edxoo, e f\u00edxoo con \u00e9xito, con coraxe, cunha absoluta entrop\u00eda, que nun xogo de contrastes levouna a atopase a si mesma.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 Aurore Dupin (ese era o seu verdadeiro nome), naceu en 1804, filla dunha vendedora rueira, cunha vida azarosa e mundana, e do bar\u00f3n Maurice Francois Dupin de Francueil, membro da alta aristocracia, descendente bastardo do rei Augusto II de Polonia. Unha estra\u00f1a mestura que non foi do todo aprobada pola nai do bar\u00f3n. A propia Sand defin\u00eda as\u00ed a s\u00faa nai: \u201cA mi\u00f1a nai non vi\u00f1a da clase dos traballadores industriosos e concienciudos. Pertenc\u00eda \u00e1 raza degradada e vagabunda, aos bohemios do mundo\u201d. O seu pai morreu cando ela s\u00f3 contaba catro anos, aquela desgraza fixo que a s\u00faa avoa paterna tent\u00e1sea apartar da s\u00faa nai, da que nunca se fiou. Acolleuna na s\u00faa gran mansi\u00f3n campestre de Nohant, en Berry no centro de Francia. Al\u00ed pasou d\u00edas felices, e aquel lugar foi crucial na s\u00faa vida, unha referencia, a idealizaci\u00f3n dun mundo perfecto, o lugar que lle daba estabilidade. Casou de forma inesperada e repentina co bar\u00f3n Cassimir de Dudevant, maior que ela. Tiveron dous fillos, Maurice e Solange, pero a ruptura era inevitable debido aos seus caracteres irreconciliables, e poucos anos m\u00e1is tarde abandonou ao seu marido e a casa familiar, para instalarse en Par\u00eds cos seus dous fillos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0Unha vez na capital, inter\u00e9sase polas letras e frecuenta os ambientes literarios, nos que co\u00f1ece a Jules Sandeau co que escribe o seu primeiro libro <i>Rosa e Branco<\/i>, e de quen probablemente toma o pseud\u00f3nimo. Opera nela un complexo e fermoso proceso de transformaci\u00f3n persoal, unha transmutaci\u00f3n alqu\u00edmica. Desprega unha personalidade irresistible que cativa por igual a homes e mulleres. Rompeu as convenci\u00f3ns sociais en todas as s\u00faas ordes, non se resignou a facer o tenro e estoico papel de muller da s\u00faa \u00e9poca, abocada a unha posici\u00f3n constritiva e irrelevante na sociedade. Ao dotarse dun nome masculino culminaba esa transmutaci\u00f3n nun novo ser, arrog\u00e1ndose todos os dereitos que parec\u00edan estar s\u00f3 ao alcance dos homes. Por iso decidiu po\u00f1erse roupa masculina, adoptar certos h\u00e1bitos de home. Esa nova identidade divert\u00edaa e excit\u00e1baa, permit\u00edalle, ademais, a entrada en lugares prohibidos \u00e1s mulleres, co que pod\u00eda acceder en igualdade de condici\u00f3ns ao mundo dos homes. O vestiario masculino result\u00e1balle c\u00f3modo e funcional, dentro desas roupas mov\u00edase con liberdade. A mi\u00fado v\u00edase \u00a0cun cigarro puro nos beizos ou leando os seus propios pitillos cunha destreza abraiante, costumes que causaban esc\u00e1ndalo na \u00e9poca, porque se consideraban indecorosas nunha muller. O certo \u00e9 que se volveu totalmente dependente do tabaco.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/descarga.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-10679\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/descarga.jpg\" width=\"227\" height=\"222\" \/><\/a>\u00a0 Por outra banda, a escritura, \u00e1 que cada d\u00eda se entregaba m\u00e1is, converteuse nun alivio, nun pracer e no seu oficio, do que sacou boas cantidades de di\u00f1eiro que lle permit\u00edan manter o seu alto tren de vida. O seu c\u00edrculo literario foise ampliando con rapidez, pronto co\u00f1eceu a Victor Hugo, ao pintor Eugene Delacroix, a Heinrich Heine, Honor\u00e9 de Balzac, Xullo Verne, Gustave Flaubert e Prosper Merim\u00e9, con quen se di tivo un romance, en fin, todo o m\u00e1is selecto da intelectualidade do momento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0Sempre actuou de forma libre, sen prestar atenci\u00f3n os faladoiros, \u00e1s cr\u00edticas, aos fortes prexu\u00edzos da \u00e9poca, como as inxustas e incomprensibles palabras que lle adicou Charles Baudelaire ao cualificala de: \u201dest\u00fapida e engre\u00edda\u201d e comparala cunha vulgar \u201climpadora e mantida\u201d, ou os inclasificables improperios do fil\u00f3sofo alem\u00e1n Nietzsche, nunha apunta anos m\u00e1is tarde da s\u00faa morte, cham\u00e1baa: \u201cesa vaca leiteira\u201d, cun claro resentimento mis\u00f3xino e un ataque frontal ao romanticismo, como s\u00edntoma da debilidade humana. A\u00ednda realizando un obrigado exercicio de contextualizaci\u00f3n, esas opini\u00f3ns resultan improcedentes. A sociedade en xeral v\u00edaa como unha desclasada, unha muller perigosa e desequilibrada, uns tach\u00e1bana de bisexual ou de ninf\u00f3mana, pola gran cantidade de amantes que a persegu\u00edan. Un deses amantes foi o novo escritor Musset, que tras ler a s\u00faa novela Indiana, empe\u00f1ouse en co\u00f1ecela.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao pouco tempo namorouse loucamente de George, a pesar da diferenza de idade estableceron un apaixonado romance, curto pero intenso, como todo o que emprend\u00eda a gran dama francesa, musa para tantos artistas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/descarga-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-10680\" alt=\"descarga (1)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/descarga-1.jpg\" width=\"181\" height=\"279\" \/><\/a>\u00a0A s\u00faa carreira amatoria avanzaba a un ritmo febril, foron moitos os que caeron nas redes do seu irresistible poder de atracci\u00f3n, polo xeral todos m\u00e1is novas, nunha especie de hipnotismo er\u00f3tico e efecto perturbador. Explorou a sexualidade sen ning\u00fan tipo de escr\u00fapulo, baixo a s\u00faa ampla visi\u00f3n hedonista da vida. Outra das s\u00faas escandalosas e intensas relaci\u00f3ns foi a que mantivo coa o a bela actriz Marie Dorval, na que ademais de sexo atopaba tenrura e comprensi\u00f3n. Tentou axudala \u00a0na s\u00faa carreira teatral escribindo papeis \u00e1 s\u00faa medida. Despois da ruptura como amantes, seguiron sendo fieis amigas e confidentes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0En 1836, no transcurso dunha festa dunha das s\u00faas amigas arist\u00f3cratas co\u00f1eceu ao novo pianista Fr\u00e9d\u00e9ric Chopin, famoso xa naquel momento. A\u00ednda que nun principio Chopin non mostrou demasiado interese, acabou sendo seducido polos encantos e a forte personalidade de madame Sand. Foi o comezo dunha longa relaci\u00f3n, que os levou a compartir varios anos de vida. Chopin posu\u00eda un temperamento apoucado, pusil\u00e1nime, afastado da fogosidade dos seus anteriores amantes. Pero por unha estra\u00f1a raz\u00f3n, fixo aflorar sentimentos maternos en Sand, que pasou de amante a enfermeira e nai, cualific\u00e1ndoo como: \u201co seu terceiro fillo\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 \u00a0Chopin a pesar da s\u00faa mocidade presentaba unha debilidade perentoria, unha mala sa\u00fade cr\u00f3nica. A tuberculose axex\u00e1bao, provocando irritantes ataques de tose e v\u00f3mitos de sangue. Para paliar esa doenza decidiron viaxar a Mallorca polas bondades do clima mediterr\u00e1neo, a\u00ednda que ao cabo resultou ser unha experiencia nefasta, un episodio aciago. En 1838 parten cara a Marsella, para embarcarse a bordo do buque espa\u00f1ol o Mollorqu\u00edn. A traves\u00eda derivou nun aut\u00e9ntico calvario, os vaiv\u00e9ns do mar deixaron ao m\u00fasico nun estado lastimoso. Debilitado e exhausto pola viaxe, instal\u00e1ronse nunha facenda inh\u00f3spita en Son Vent, da que pronto foron expulsados polos seus donos, medorentos de ser contaxiados por aquel estra\u00f1o enfermo e receosos ante a presenza daquela muller andr\u00f3xina con aspecto inquietante, que fumaba como unha posu\u00edda. Recalaron na cartuxa de Valldemosa, un lugar de fermosa austeridade que foi do agrado da parella. A cartuxa estaba en estado de abandono, nos seus apousentos s\u00f3 quedaba unha vella harp\u00eda e un monxe desequilibrado que vagaba en metade da noite polos corredores desanxelados cun coitelo na man, seguindo o ronsel dalgunha pantasma. A pesar de todo tentaron acomodarse. Sand gastou unha boa cantidade de di\u00f1eiro para arrombar e humanizar as estancias. Fixo traer un piano para Chopin e mobles acolledores. Pero o clima ben\u00e9volo que esperaban non apareceu. Pola contra as choivas suced\u00edanse e a humidade consum\u00eda ao m\u00fasico polaco que parec\u00eda sucumbir aos ataques de febre e tose.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/descarga-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-10681\" alt=\"descarga (2)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/descarga-2.jpg\" width=\"180\" height=\"280\" \/><\/a>\u00a0\u00a0Por fin, Sand decidiu sabiamente abandonar aquel lugar olvidado de deus. A volta foi outra odisea, pero unha casualidade do destino atoparon un buque da armada francesa na que fixeron a traves\u00eda a Marsella. O m\u00e9dico de abordo prestoulle os primeiros auxilios y unha vez en terra visitouno un co\u00f1ecido galeno que logrou estabilizar a s\u00faa enfermidade. Goerge Sand arm\u00e1base de paciencia e despregaba toda a s\u00faa bonhom\u00eda. Atend\u00eda con prema todos os caprichos do seu amante. Polo contrario Chopin estaba convert\u00e9ndose nun ser mani\u00e1tico e antolladizo, con ataques de rabia e ira, que a paciente Sand aguantaba con serenidade. Por outro lado, Soland, a filla de Sand, transformarase nunha fermosa rapaza, con unha conspirativa actitude cara \u00e1 s\u00faa nai. Fr\u00e9d\u00e9ric empezou a sentir unha irresistible atracci\u00f3n por Soland. Entre os dous acabaron por desesperar a George que comezou a argallar a idea de po\u00f1er fin a aquela relaci\u00f3n e o desgaste que lle supo\u00f1\u00eda ver a s\u00faa propia filla na s\u00faa contra, con manobras maquiav\u00e9licas e inxustas. Chopin acabou cedendo \u00e1s s\u00faas insinuaci\u00f3ns e coqueteos, namor\u00e1ndose dela. Mantiveron un aberto romance que acelerou a decisi\u00f3n de ruptura que roldaba a Sand.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 Una vez mais Goerge Sand afast\u00e1base, romp\u00eda coa s\u00faa vida para empezar de novo. Nada a deti\u00f1a, o seu esp\u00edrito audaz lev\u00e1baa a reinventarse constantemente. Mentres, segu\u00eda escribindo co mesmo entusiasmo. A literatura sempre lle resultaba proveitosa e inspiradora. A s\u00faa produci\u00f3n foi inxente, e entre outros t\u00edtulos atopamos: <i>Lelia, \u00c9l y<\/i><i> <\/i><i>yo<\/i> (sobre a s\u00faa relaci\u00f3n con Musset), <i>Horace. Spiridion, Nanon, Pauline<\/i> <i>Valentine<\/i>. Gran parte dos seus libros son de car\u00e1cter autobiogr\u00e1fico como: <i>Un inverno en Mallorca<\/i>, <i>Ilusi\u00f3ns e recordos<\/i> ou <i>Historia da mi\u00f1a<\/i> <i>vida.<\/i> Tam\u00e9n escribiu teatro que foi representado con certo \u00e9xito. Outro dos seus praceres era recibir \u00a0no seu sal\u00f3n aos seus amigos, que cada vez a admiraban m\u00e1is, en animadas veladas literarias, entre os m\u00e1is frecuentes atop\u00e1banse Balzac, Delacroix, Victor Hugo. Con Flaubert a relaci\u00f3n foi eminentemente \u00a0epistolar, posto que o gran escritor era remiso a viaxar, irrit\u00e1balle abandonar o seu confortable retiro de Croisset. Ambos se admiraban e aconsellaban mutuamente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 \u00a0A escritora francesa sacaba tempo pola noite para escribir ata ben entrada a madrugada, deixaba o d\u00eda para a vida social, nadar grandes distancias no r\u00edo e dar longos paseos polos bosques que rodeaban a s\u00faa bela propiedade, \u00e1 que sent\u00eda unida como un ser m\u00e1is, como parte da s\u00faa vida xa para sempre.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 Foi unha aut\u00e9ntica militante das causas sociais e revolucionarias, participou activamente no levantamento de 1848, abandonando de novo o seu id\u00edlico para\u00edso de Nohant, para colaborar na revoluci\u00f3n contra o que ao cabo ser\u00eda o \u00faltimo rei de Francia, Lu\u00eds Felipe de Orleans. Transformouse nunha aut\u00e9ntica e xenu\u00edna activista, defensora dos dereitos sociais, das mulleres e o proletariado. Escribiu multitude de artigos en xornais como <i>Lle figaro<\/i> ou O <i>bulletin da R\u00e9public<\/i>, promulgando as ideas revolucionarias e achegando a s\u00faa visi\u00f3n socialista e republicana. Pero se algo detestaba era a violencia, por iso tras os atroces enfrontamentos e matanzas que seguiron \u00e1 revoluci\u00f3n, mostrou un enorme desencanto coa pol\u00edtica e de novo buscou a paz \u00a0na s\u00faa querida Nohant. Aquel lugar tranquiliz\u00e1baa e inspiraba. Volveu ao seu vello h\u00e1bito de organizar veladas culturais para os seus amigos e representar sinxelas obras de teatro escritas por ela mesma, nas que participaban todos os invitados, inclu\u00eddo o servizo (na mansi\u00f3n dispo\u00f1\u00edan do seu propio teatro). Foi nunha desas reuni\u00f3ns onde co\u00f1eceu ao seu derradeiro e fogoso amante o gravador Alexandre Monceau, varios anos m\u00e1is novo, que o deixou todo por ela, dedicouse en corpo e alma ao seu coidado, converteuse nun servicial compa\u00f1eiro que non a deixaba un instante.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/marianne.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-10682\" alt=\"marianne\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/marianne-217x300.jpg\" width=\"217\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/marianne-217x300.jpg 217w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/marianne.jpg 240w\" sizes=\"(max-width: 217px) 100vw, 217px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0Os seus anos de senectude transcorreron nunha absoluta paz, rodeada dos seus fillos e netos e o seu amante. Unha paz ga\u00f1ada con suor, cimentada en fortes e intensas vivencias, na ousada e consecuente transgresi\u00f3n das normas, a superaci\u00f3n dos prexu\u00edzos, a decidida intenci\u00f3n de ser ela mesma, de facerse un oco nun mundo eminentemente masculino. Alcanzou unha marabillosa serenidade, reconciliada consigo mesma e o resto da humanidade. George Sand abriu un cami\u00f1o insospeitado naquela \u00e9poca, e moitas mulleres que vi\u00f1eron detr\u00e1s tiveron polo menos un referente, un f\u00edo do que tirar. Converteuse nun s\u00edmbolo e un exemplo para moitas feministas. Sobreviviu a Chopin, a\u00ednda que a historia siga empe\u00f1ada en lembrala como a muller de&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>C\u00e9sar Alen.\u00a0Moitas son as que se esgotan, as que sucumben a unha relaci\u00f3n, as que perecen no intento. S\u00f3 as almas grandes, os esp\u00edritos egrexios superan o entregado anonimato, a desaparici\u00f3n no lago escuro e profundo da fama do outro, a longa sombra de ser a esposa de&#8230; Unha desas almas grandes foi George Sand, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=10675\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Sobrevivir a Chopin<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[82,7,8,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10675"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10675"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10675\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10683,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10675\/revisions\/10683"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10675"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10675"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10675"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}