{"id":11124,"date":"2019-09-12T06:00:56","date_gmt":"2019-09-12T06:00:56","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11124"},"modified":"2019-09-06T20:58:01","modified_gmt":"2019-09-06T20:58:01","slug":"o-avion-do-salton","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11124","title":{"rendered":"O avi\u00f3n do salt\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/s-l300.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-11125\" alt=\"s-l300\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/s-l300.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" \/><\/a><em><strong>Carme Toba.\u00a0<\/strong><\/em>Este relato \u00e9 unha pequena homenaxe a moitos \u201cCaladi\u00f1os\u201d que existiron no rural galego. Si, non sei se lembrades a un personaxe de \u201cSempre Xonxa\u201d, Caladi\u00f1o. Pois na mi\u00f1a aldea houbo un. Contaba mi\u00f1a avoa que nos tempos da posguerra hab\u00eda moita fame e iso fac\u00eda que a necesidade agudizara o enxe\u00f1o.<!--more--> As\u00ed lle pasou a Anselmo do Salt\u00f3n, que entraba nas hortas a rapinar o que pod\u00eda para levarlles \u00e1 boca dos seus esfameados filli\u00f1os parte do que a xente sementaba. \u00cda tendo sorte, pois varios ollos o viran facendo falcatruadas e calaban.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">D\u00edas e noites de fame longa ata que unha noite os ollos de Anselmo encheron de b\u00e1goas con tal desesperaci\u00f3n que viu unha raiola de esperanza no h\u00f3rreo de Manolo do Lar. E al\u00e1 foi.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A faldriqueira rebordaba de espigas marelas coma o ouro. Cr\u00edase seguro ata que os ouveos dos cans romperon o silencio daquela eira amparada pola l\u00faa chea. O balbordo foi tal que se levantaron mi\u00f1a avoa e a veci\u00f1a Rosa. Colleran o Salt\u00f3n na allada pero logrou fuxir, coa mala sorte que lle viron a cara. \u00a0O malo non eran as espigas, sen\u00f3n que noite tras noite un terzo do h\u00f3rreo \u00eda a menos en gran. O d\u00eda alborexou e o conto xa correra coma a escuma. As linguas en sitios pequenos nunca calaban. Anselmo non tardou moitos d\u00edas en ter citaci\u00f3n do xulgado da Coru\u00f1a para acudir a declarar. Naqueles tempos ir \u00e1 Coru\u00f1a non era como agora. E Anselmo non ti\u00f1a tempo nin cartos. Cavilando estivo uns d\u00edas ata que puxo man das ideas mergulladas no fondo do seu max\u00edn. E al\u00e1 conseguiu unhas t\u00e1boas, un motori\u00f1o, lat\u00f3n, un asento e dese\u00f1ou un avi\u00f3n na horta. A cousa pintaba ben e ata r\u00edan polo baixo pensando nas toleadas do Salt\u00f3n. Acheg\u00e1banse a verlle a obra dicindo que lles parec\u00eda de cart\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/carme-toba-debuxo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11128\" alt=\"carme toba debuxo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/carme-toba-debuxo-300x207.jpg\" width=\"300\" height=\"207\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/carme-toba-debuxo-300x207.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/carme-toba-debuxo-1024x709.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/carme-toba-debuxo-900x623.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Chegou o d\u00eda da declaraci\u00f3n e Anselmo encami\u00f1ou o avi\u00f3n orient\u00e1ndoo cara o Agro D\u2019Abaixo. Unha ducia de veci\u00f1os despexaron o cami\u00f1o de carros e as vacas das leiras da volta para que o aparello puidese despexar. Todos, menos Nicanor, que andaba \u00e1s pr\u00e9sas por desfacer o carro de esterco pousado en bloque para o d\u00eda seguinte po\u00f1erse coa sementeira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Acendeu o motor do avi\u00f3n con rumbo \u00e1 Coru\u00f1a. \u00c1s carreiras polo terreo costento do agro conseguiu elevarse no aire e voar uns metros. O resto dos ori\u00fandos ollaban estupefactos. Pero conforme se elevou, en cuesti\u00f3n de segundos revirou o foci\u00f1o cara abaixo e caeu en picado no carro de esterco do Nicanor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Anselmo do Salt\u00f3n non chegou ese d\u00eda \u00e1 declaraci\u00f3n nin a sementeira do Nicanor se fixo nos vindeiros d\u00edas polos ferranchos do avi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mi\u00f1a avoa non lembraba de como quedara o asunto da declaraci\u00f3n. O que me deixou claro foi que xa naqueles anos hab\u00eda xente ma\u00f1osa capaz de fabricar o m\u00e1is ousado dos inventos entre a inocencia e a necesidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No d\u00eda de hoxe a\u00ednda queda o dito aquel cando algu\u00e9n pregunta refer\u00edndose a que non ten en que ir:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014E en que \u00abvon\u00bb?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Pois no avi\u00f3n do Salt\u00f3n!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En definitiva, cantos \u201cCaladi\u00f1os\u201d espallados quedar\u00edan na memoria rural de moita xente?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Carme Toba.\u00a0Este relato \u00e9 unha pequena homenaxe a moitos \u201cCaladi\u00f1os\u201d que existiron no rural galego. Si, non sei se lembrades a un personaxe de \u201cSempre Xonxa\u201d, Caladi\u00f1o. Pois na mi\u00f1a aldea houbo un. Contaba mi\u00f1a avoa que nos tempos da posguerra hab\u00eda moita fame e iso fac\u00eda que a necesidade agudizara o enxe\u00f1o.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[88,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11124"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11124"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11124\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11129,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11124\/revisions\/11129"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11124"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11124"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11124"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}