{"id":11130,"date":"2019-09-19T06:00:27","date_gmt":"2019-09-19T06:00:27","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11130"},"modified":"2019-09-19T07:25:09","modified_gmt":"2019-09-19T07:25:09","slug":"parolas-de-esqueletos","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11130","title":{"rendered":"Parolas de esqueletos"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/cuerpo-objeto-fondo-carcasa-madera_1323-5.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11154\" alt=\"cuerpo-objeto-fondo-carcasa-madera_1323-5\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/cuerpo-objeto-fondo-carcasa-madera_1323-5-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/cuerpo-objeto-fondo-carcasa-madera_1323-5-300x199.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/cuerpo-objeto-fondo-carcasa-madera_1323-5.jpg 626w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Carme Toba.\u00a0<\/strong><\/em>As herbas do camposanto andaban revoltas pola xeada e as ovellas que paceran polo ser\u00e1n. A mi\u00fado, eses corpos quentes cheos de la eran a compa\u00f1a di\u00farna de tantas caixas de \u00f3sos depositadas baixo os terr\u00f3ns sacros.\u00a0A noiti\u00f1a comezaba asomando a orella e o murmurio de cuadrillas de esqueletos imperceptibles polos mortais fac\u00edan eco nos recantos daquel humilde camposanto.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Era a quenda de Hermosinda da Richa e Xosefina da Quenlla, dous esqueletos con nome e apelidos na l\u00e1pida, pero co\u00f1ecidas na outra vida e na morte as\u00ed.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Ti que dis, Xosefina? Sa\u00edmos hoxe coa comitiva?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Moito movemento ten este camposanto! Coido que te\u00f1o ata a eternidade para soltar a mi\u00f1a alma pola corredoiras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Muller! Non \u00e9 obriga. Pero xa sabes como eran estes veci\u00f1os nosos en vida, borrachos e lurpias. E coa morte non \u00edan cambiar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Acouga, Hermosinda! Xa me chegou coa mala sona que tiven en vida e non quero ter a mesma de morta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Vaites, muller! Os vivos quedaron al\u00e1 e no mundo dos mortos non nos importa iso. O \u00fanico que nos queda \u00e9 botar a sorrir cando en forma de esp\u00edrito deix\u00e1monos ver diante dalg\u00fan mortal desorientado polos cami\u00f1os. Pero conta. Tan mala sona tiveches?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Pois mira. Fun co\u00f1ecida como Xosefina da Quenlla, unha muller respectable. Vaia, respectable de portas cara a dentro, delas para f\u00f3ra ti\u00f1a sona de fantasmeira e vedoira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Que me dis? De vedoira? Conta, conta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Si. O peor veci\u00f1o era Aquilino. Po\u00f1\u00edalle pegas \u00e1 muller por falar comigo. M\u00e1goa que Candeloria morreu antes ca min, deixando s\u00f3s a Aquilino e a unha neni\u00f1a pequecha. Repousa no camposanto da Portela. A pesar do desacordo do home, nunca puxo reparos a mi\u00f1a condici\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero unha noite, despois dela finar, aparec\u00e9useme no cuarto. Aquela friaxe envolta en n\u00e9boa tornouse nunha figura espectral esbrancuxada con forma de muller que se pousou os p\u00e9s da mi\u00f1a cama.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O meu corpo, entre friaxe e medo, esvarou polas sabas sen forzas para berrar. A mi\u00f1a cara tornouse nun poemario ao ver nitidamente o rostro de Candeloria que me transmit\u00eda con voz suplicante: \u00abXosefa, vaite \u00e1 mi\u00f1a casa. Te\u00f1o a nena chea de piollos. Vai e c\u00e1tallos\u00bb.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Belisquei a mi\u00f1a pel, pois non cr\u00eda naquela visi\u00f3n diante de min. Cun f\u00edo maino de alento, d\u00edxenlle: \u00abCandeloria, isto \u00e9 certo? Se \u00e9 as\u00ed, d\u00e9ixame un sinal. Un sinal que me confirme que es ti\u00bb.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero Candeloria envolta nun resplandor esfumouse sen responder palabra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durm\u00edn esa noite ateigada entre as mantas. Recordei \u00e1 ma\u00f1\u00e1 e sentei na beira da cama. Notaba comigo unha angustia acubillada no peito. Arrastrei os p\u00e9s ata a vent\u00e1 e al\u00ed estaban, unhas tesoiras abertas cravadas na contra de madeira escangallada. V\u00e9nme \u00e1 cabeza o acontecido a noite anterior. Aquelas tesoiras cravadas eran o sinal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Botei cami\u00f1o arriba, esquivando remu\u00ed\u00f1os de vento e follas. Mesmo afund\u00edn os p\u00e9s nas fochancas desbordantes de auga xeada. E entrei sen petar na casa de Aquilino.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00a0 sorpresa do home tornouse nun sorriso cando lle comuniquei tal mensaxe do outro mundo. Nese intre xa non era vedoira, sen\u00f3n, vedoira e tola.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero al\u00ed estaba Ermindi\u00f1a, coa s\u00faa cabeleira acibeche trenzada. As mi\u00f1as mans osudas pousaron riba da cabeleira da rapaza e por entre os carreiros dos pelos trenzados, os piollos saltaban. Mirei a Aquilino e d\u00edxenlle: \u00abVes? Tela colmada\u00bb.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A percepci\u00f3n de Aquilino sobre min mudou no intre e as\u00ed foi como os murmurios perennes no tempo f\u00f3ronse volvendo caducos canda os d\u00edas que avanzaban.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Vaia! Xa est\u00e1 ben de tanta parola. Segues sen querer sa\u00edr?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2014Pois mira, imos estirar os \u00f3sos e ceibar o noso esp\u00edrito no limbo da noite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os dous esqueletos sa\u00edron moi recatados e perd\u00e9ndose entre as mestas tebras. A car\u00f3n do camposanto da Portela, outro esqueleto de finas roupas brancas que ondeaban envolvendo o fuste dun cruceiro, dirixiuse a Xosefina da Quenlla e d\u00edxolle: \u00abQuen sementou agarimo, recolle gratitude\u00bb. \u00abGrazas\u00bb.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E Candeloria sumouse aos dous esqueletos que cunha estra\u00f1a enerx\u00eda luminescente integr\u00e1ronse na comparsa espectral que as agardaba no cruce de cami\u00f1os. Aquilino era o que portaba o cirio desa vez. Elas calaron, pois imperaba a lei. A lei dos mortos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Carme Toba.\u00a0As herbas do camposanto andaban revoltas pola xeada e as ovellas que paceran polo ser\u00e1n. A mi\u00fado, eses corpos quentes cheos de la eran a compa\u00f1a di\u00farna de tantas caixas de \u00f3sos depositadas baixo os terr\u00f3ns sacros.\u00a0A noiti\u00f1a comezaba asomando a orella e o murmurio de cuadrillas de esqueletos imperceptibles polos mortais fac\u00edan eco &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11130\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Parolas de esqueletos<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[88,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11130"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11130"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11130\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11155,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11130\/revisions\/11155"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11130"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11130"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11130"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}