{"id":11238,"date":"2019-10-04T06:00:28","date_gmt":"2019-10-04T06:00:28","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11238"},"modified":"2019-09-28T14:34:09","modified_gmt":"2019-09-28T14:34:09","slug":"nunca-e-tarde","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11238","title":{"rendered":"Nunca \u00e9 tarde"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/images-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-11239\" alt=\"images (1)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/images-1.jpg\" width=\"284\" height=\"178\" \/><\/a><em><strong>\u00d3scar Reboiras.\u00a0<\/strong><\/em>A mi\u00f1a irm\u00e1 e eu levabamos moito tempo animando a nosa nai a que se apuntase a alg\u00fan tipo de actividade. Pero sempre xurd\u00edan contratempos, escusas ou, directamente, fac\u00eda o\u00eddos xordos. Por iso nos sorprendeu cando, sen m\u00e1is, nos anunciou que se apuntara \u00e1 piscina.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este ano acaba de cumprir os 65. Moita xente, tras a xubilaci\u00f3n, int\u00e9ntase manter activa e ocupar o tempo na compa\u00f1a doutra xente. No caso da nosa nai, ten a ilusi\u00f3n de aprender a nadar. Xa adianto que a\u00ednda non o conseguiu (sen flotador), pero tam\u00e9n que nunca a vin tan feliz.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cada vez que falo con ela por tel\u00e9fono ou cada fin de semana que vou a Rianxo, o tema de conversa xira arredor das clases na piscina. Adoita ir un par de veces por semana. Co\u00f1ezo os nomes das compa\u00f1eiras e das monitoras. Incluso da que lle presta m\u00e1is atenci\u00f3n. Como ela \u00e9 as\u00ed, en agradecemento, ata lle fixo unhas filloas no Entroido. A mala sorte quixo que ese d\u00eda fose 8-M e a rapaza fixese folga, polo que a mi\u00f1a nai, un tanto decepcionada, volveu con elas para a casa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">C\u00f3ntame cada pequeno progreso, os d\u00edas bos e os d\u00edas malos. Expl\u00edcame que unha compa\u00f1eira aprendeu a nadar con aletas e preg\u00fantame se ser\u00eda boa idea mercar ela unhas. Eu aconselleille que non, que mellor seguise as indicaci\u00f3ns das monitoras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sempre me insiste en que vaia un d\u00eda \u00e1 piscina (ela falar\u00eda coas responsables, porque non son socio) para que vexa como nada e para sacarlle unha foto (a\u00ednda que as normas non o permitan).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sen d\u00fabida, un dos d\u00edas nos que m\u00e1is contenta a vin foi o domingo pasado. Aproveitando que eu \u00eda \u00e1 praia, d\u00edxome que tam\u00e9n se apuntaba. Apareceu \u00e1s 6 da tarde en Tanxil, achegouse ata o lugar no que eu ti\u00f1a a toalla, agarrou o seu churro de escuma azul e al\u00e1 se meteu. Tanxil sempre \u00e9 un prato, pero esa tarde hab\u00eda m\u00e1is ondas do habitual. Meteuse sen vergonza, coa s\u00faa viseira branca que \u00e1 m\u00ednima se mollou, apupada pola marea.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ten medo a afogar, ben se lle nota, e non adoita meterse m\u00e1is al\u00e1 da cintura. Para pasar dos xeonllos xa lle custa. D\u00e1 igual que haxa xente ou non, porque muller precavida vale por d\u00faas. Deu varias brazadas co churro debaixo do peito, espernexou un pouco e cada pouco miraba para min, sorrindo, buscando a mi\u00f1a aprobaci\u00f3n. Detr\u00e1s dela, a uns tres metros, unha nena duns oito anos, co seu flotador, miraba a escena sorprendida. O normal \u00e9 que aprendese tam\u00e9n de cativa, non de maior. Por iso agardo que lle quede fixada a imaxe da mi\u00f1a nai, cos seus 65 anos, feliz, sabendo que os l\u00edmites s\u00f3 nolos po\u00f1emos n\u00f3s. Que nunca \u00e9 tarde para aprender, para desfrutar, para deixar de pensar no que opinan os demais, para mollarse. Porque \u00e1 mi\u00f1a nai non hai quen lle quite esa ilusi\u00f3n nin a min o orgullo pola lecci\u00f3n que me deu.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00d3scar Reboiras.\u00a0A mi\u00f1a irm\u00e1 e eu levabamos moito tempo animando a nosa nai a que se apuntase a alg\u00fan tipo de actividade. Pero sempre xurd\u00edan contratempos, escusas ou, directamente, fac\u00eda o\u00eddos xordos. Por iso nos sorprendeu cando, sen m\u00e1is, nos anunciou que se apuntara \u00e1 piscina.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[9,92],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11238"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11238"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11238\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11240,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11238\/revisions\/11240"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11238"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11238"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11238"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}