{"id":11288,"date":"2019-10-10T06:00:56","date_gmt":"2019-10-10T06:00:56","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11288"},"modified":"2019-10-10T06:59:00","modified_gmt":"2019-10-10T06:59:00","slug":"o-futuro-do-desarraigamento","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11288","title":{"rendered":"O futuro do desarraigamento"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/pexels-photo-346885.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-11289\" alt=\"pexels-photo-346885\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/pexels-photo-346885-300x200.jpeg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/pexels-photo-346885-300x200.jpeg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/pexels-photo-346885-1024x682.jpeg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/pexels-photo-346885-900x600.jpeg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><strong><em>X. Ricardo Losada.<\/em>\u00a0<\/strong>A escritora<b> <\/b>Susan Sontang, muller dunha grande intelixencia e coraxe moral, \u00e9 unha desas persoas das que aprendes moito, mesmo cando non coincides con ela, tanto a nivel ideol\u00f3xico como vital. Por exemplo cando afirma: \u201cNon te\u00f1o ning\u00fan lugar onde volver, pasei a vida escapando\u201d. Dic\u00edao, entre outras cousas, porque tivo unha infancia moi desarraigada, vivindo en moitos lugares distintos<!--more-->, desde o sur de Arizona ata Par\u00eds, pasando por California ou Nova York. A\u00ednda que todos eses lugares ti\u00f1an como denominador com\u00fan un espazo propio con moito silencio e moitos libros que, supo\u00f1o, a axudaron a asentar (fermoso paradoxo) ese desarraigamento, un pode supor, l\u00e9ndoa, que a s\u00faa intelixencia e a s\u00faa coraxe d\u00e9benlle m\u00e1is ao desarraigamento que ao silencio e os libros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Digo, por\u00e9n, que non coincido con ela porque se tivese que facer un resumo afor\u00edstico da mi\u00f1a vida, expresar\u00edao de forma antag\u00f3nica: \u201cTe\u00f1o un lugar onde volver, pasei a vida quedando\u201d. Ao fin e ao cabo, gocei dunha marabillosa infancia sedentaria, e ata os catorce anos (fixen o instituto en Padr\u00f3n) practicamente non sa\u00edn de Rianxo, un Rianxo ao que sempre, consciente ou inconscientemente, desexo volver. Non considero esa circunstancia dunha maior ou menor fortuna, nin de maior ou menor m\u00e9rito, pois nin Susan nin eu decidimos onde pasar os nosos primeiros anos, nin as posibles repercusi\u00f3ns nas nosas personalidades, repercusi\u00f3ns que, a priori, tampouco nos fan mellores ou peores, nin m\u00e1is ou menos felices. A bondade e a felicidade dependen do que ti fas de adulto con ese destino xen\u00e9tico e ambiental dos primeiros anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Outra cousa \u00e9 o que lle recomendar\u00eda aos mozos actuais, \u00e1 marxe de como vivisen a s\u00faa infancia. Non te\u00f1o ningunha d\u00fabida de que lles ir\u00e1 mellor cunha vida como a de Susan, pois, se \u00e9 certo que o futuro ser\u00e1, como afirman\u00a0 os expertos, para aqueles que te\u00f1an pensamento cr\u00edtico, capacidade de adaptarse a situaci\u00f3ns impredicibles, gusto por traballar en equipo con persoas complementarias e habilidade para mesturar e relacionar \u00e1mbitos distintos, a itinerancia \u00e9 un valor m\u00e1is \u00e1 alza que o sedentarismo. S\u00f3 me quedan d\u00fabidas sobre o quinto factor que os expertos consideran m\u00e1is importante para o \u00e9xito futuro, a capacidade de emocionarse e de emocionar a outros, pero esa d\u00fabida obedece, creo eu, \u00e1 mi\u00f1a tendencia a pensar que \u00e9 m\u00e1is f\u00e1cil emocionarse co pr\u00f3ximo que co universal, algo que o futuro tam\u00e9n pode cambiar: non ser\u00e1 posible solucionar os grandes problemas da humanidade (cambio clim\u00e1tico, emigraci\u00f3n, novas tecnolox\u00edas, precariado) sen unha soluci\u00f3n a nivel mundial, e unha soluci\u00f3n que esixir\u00e1, moi probablemente, que nos emocionemos e consigamos emocionar tanto os conx\u00e9neres m\u00e1is pr\u00f3ximos como, sobre todo, os m\u00e1is distantes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0A escritora Susan Sontang, muller dunha grande intelixencia e coraxe moral, \u00e9 unha desas persoas das que aprendes moito, mesmo cando non coincides con ela, tanto a nivel ideol\u00f3xico como vital. Por exemplo cando afirma: \u201cNon te\u00f1o ning\u00fan lugar onde volver, pasei a vida escapando\u201d. Dic\u00edao, entre outras cousas, porque tivo unha infancia &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11288\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O futuro do desarraigamento<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11288"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11288"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11288\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11291,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11288\/revisions\/11291"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11288"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11288"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11288"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}