{"id":11356,"date":"2019-11-04T06:00:33","date_gmt":"2019-11-04T06:00:33","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11356"},"modified":"2019-10-29T09:09:52","modified_gmt":"2019-10-29T09:09:52","slug":"o-medo-do-dia-ao-murmurio-iii","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11356","title":{"rendered":"O medo do d\u00eda ao murmurio (III)"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/handketapa.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11364\" alt=\"handketapa\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/handketapa-187x300.jpg\" width=\"187\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/handketapa-187x300.jpg 187w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/handketapa-639x1024.jpg 639w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/handketapa-900x1441.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/handketapa.jpg 999w\" sizes=\"(max-width: 187px) 100vw, 187px\" \/><\/a>Ignacio Castro Rey.\u00a0<\/strong><\/em>\u00c9 coma se o escritor, volvendo unha e outra vez a unha soidade inconfesable e sen testemu\u00f1as, realizase unha secreta <i>transfusi\u00f3n de sangue<\/i> na penumbra, nunha terra m\u00e1is profunda que todas as s\u00faas leis e inmune a calquera cambio clim\u00e1tico. A partir de a\u00ed \u00e9 posible enfrontarse outra vez \u00e1 crueza do d\u00eda. Virxindade a trav\u00e9s da prostituci\u00f3n? Beatitude por corrupci\u00f3n? \u00c9 unha lenda, como a do santo bebedor, que non haber\u00eda que descartar. En todo caso, pode darse en Handke unha alianza secreta de melancol\u00eda e luxuria que s\u00f3 pertence a uns poucos, os elixidos polas aforas.\u00a0O que \u00e9 seguro en Handke \u00e9 unha m\u00edstica da inmediatez, \u00e1 vez fulgurante e escandalosamente lenta.<!--more--> Todo o contrario, en poucas palabras, da nosa mitolox\u00eda do instant\u00e1neo, estas tecnolox\u00edas port\u00e1tiles que deben desactivar nun segundo o peso enigm\u00e1tico do tempo. Handke vive dese enigma, do que os outros (e talvez el mesmo) non saben de si. De a\u00ed esta <i>teolox\u00eda do ordinario<\/i> presente en calquera das s\u00faas obras, unha percepci\u00f3n e unha memoria puntillistas, case extrasensoriais. Unha atenci\u00f3n que case non \u00e9 deste mundo e, desde logo, fai a vida moi dif\u00edcil: &lt;Bocexou longamente, e eu mirei a s\u00faa p\u00e1lida boca aberta e a lingua que trem\u00eda contra o padal&gt; (<i>Carta breve para un largo adi\u00f3s<\/i>).<\/p>\n<p align=\"justify\">Nunca artificioso, a\u00ednda que non se entenda nada. Sempre pegado a unha experiencia terreal que hoxe nos resulta dif\u00edcil. Tanto \u00e9 as\u00ed que se poder\u00eda dicir, paradoxalmente, que Handke o escritor desconf\u00eda da palabra, como unha vez escoitamos nun momento memorable de <i>Boyhood<\/i>. Outra vez na s\u00faa <i>Carta breve<\/i> lemos: &lt;Case nunca so\u00f1amos xa&#8230; E se o facemos esqu\u00e9cesenos. Como falamos de todo non nos queda nada para so\u00f1ar&gt;. Para pensar \u00e9 fundamental conseguir en momentos cruciais non pensar, &lt;Sa\u00edr da gaiola xiratoria dos pensamentos, calar&gt;. Doutro xeito, con tantas imaxes e noticias que nos envolven durante o d\u00eda, &lt;pola tarde convert\u00e9monos en estranxeiros, pois se acumularon demasiadas cousas&gt;. Necesitamos as\u00ed medicaci\u00f3n ata para durmir. O repouso e a contemplaci\u00f3n, precisamente porque cada momento de detenci\u00f3n \u00e9 un descubrimento, \u00e9 hoxe o que m\u00e1is custa. Volver ter fe no visible \u00e9 o m\u00e1is dif\u00edcil para a nosa doutrina da velocidade, unha tensi\u00f3n que nos protexe ao minuto do ruxerruxe do tempo. &lt;Traballo ou amor? A traballar, para volver atopar o amor&gt;, lemos no ensaio sobre o d\u00eda logrado. Pero lograr o d\u00eda \u00e9 deixar que descanse na s\u00faa noite, e iso \u00e9 hoxe para n\u00f3s pouco menos que imposible.<\/p>\n<p align=\"justify\">&lt;Ao final ocorre mesmo que non ocorre nada. No d\u00eda logrado non haber\u00e1 ning\u00fan costume, desaparecer\u00e1 toda opini\u00f3n, estarei sorprendido por el, por ti, por min mesmo&gt;. O manido <i>comunismo<\/i> da fin da historia non \u00e9 o resultado final dun proceso grandioso que unha vangarda hist\u00f3rica dirixe, sen\u00f3n o resultado com\u00fan e secreto de entrar nas entra\u00f1as dun d\u00eda calquera. En ausencia de tal metamorfose, falando do caso tr\u00e1xico da s\u00faa propia nai, Handke d\u00e1 esta versi\u00f3n do noso nihilismo sen chan: &lt;Hoxe era onte; onte era como sempre. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/022-donata-wenders-theredlist.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-11365\" alt=\"022-donata-wenders-theredlist\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/022-donata-wenders-theredlist-300x211.jpg\" width=\"300\" height=\"211\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/022-donata-wenders-theredlist-300x211.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/022-donata-wenders-theredlist.jpg 584w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Un d\u00eda m\u00e1is. Outra semana que se foi, un fermoso ano novo. Que hai ma\u00f1\u00e1 para comer? Veu xa o carteiro? Que fixeches todo o d\u00eda na casa?&gt;. O remedio a esta neurose, que cami\u00f1a cara \u00e1 psicose, poder\u00eda ser algo as\u00ed como certa <i>serenidade<\/i> que mira de fronte ao abismo, a\u00ednda que neste caso non puido chegar: &lt;Lograr o d\u00eda habitado soamente. Habitar; estar sentado, ler, levantar a vista, resplandecer de inutilidade&gt;.<\/p>\n<p align=\"justify\">Queda para moi poucos a angustia que sente cando todo funciona e ningu\u00e9n sente. No medio do noso p\u00e1ramo diario Handke conf\u00e9sase un home basicamente <i>intuitivo<\/i>. Case diriamos, portador dunha relixi\u00f3n intuitiva que non necesita outra transcendencia que a da materia sensible: &lt;At\u00f3pase con algu\u00e9n de s\u00fapeto e co\u00f1ece toda a s\u00faa historia&gt;. Precip\u00edtase ent\u00f3n un aluvi\u00f3n de datos repentinos: &lt;M\u00edralo e pensas de s\u00fapeto na s\u00faa muller morta&#8230; A vostede non lle pasa nunca?&gt; (pregunta ao xornalista).<i> Bo<\/i>&#8230;: o xornalista, naturalmente, non chama os louqueiros porque se atopa diante unha figura de fama mundial, xa moito antes deste dubidoso premio. Ao xenio perd\u00f3aselle a tolemia, a de tomar en serio o que para o bo cidad\u00e1n non existe, \u00e1 fin e ao cabo est\u00e1 desactivado na fornela da excepci\u00f3n. \u00c9 esta a fin da industria editorial e a rolda interminable de bestsellers?, preg\u00fantase un como galego paranoico. Converter en excepcional o que en realidade \u00e9 o chan escondido da humanidade? Se\u00f1or, non env\u00edes todo o que podemos soportar.<\/p>\n<p align=\"justify\">Sen necesidade de estenderse, Handke parece ter moi claro o concepto de banalidade do mal. Lembra que falamos continuamente de solidariedade co terceiro ou cuarto mundo, pero que xamais empatizamos cos que temos \u00e1 beira, aos que nin sequera vemos. O de \u00e1 beira fai o que pode, pero &lt;o mal que non \u00e9 pretendido pode facer m\u00e1is dano que o que se buscou conscientemente, porque fronte a este podemos pelexar. Pero #ante o mal que xera a inocencia non temos armas&gt;. Contra a espontaneidade dun terror inmanente non hai revolta posible. Enxe\u00f1eiro da nosa guerra silenciosa, Handke dirixe d\u00eda a d\u00eda (sen que os seus veci\u00f1os saiban nada) unha <i>pyme<\/i> do inmediato: &lt;Penso no meu irm\u00e1n carpinteiro, que non triunfou na vida e ten unha existencia moi dura. Por que el e non eu?&gt;. Transcendencia? V\u00e9nlle ancha esta palabra, t\u00f3pica ata no xornalismo. <i>Fame de comida, de muller e de esp\u00edrito<\/i>, di o autor dese <i>Ensayo sobre el cansancio<\/i> tan ben usado polo coreano Han. Relixi\u00f3n intuitiva, repetimos, que lle aforra a Handke a necesidade de calquera doutrina. Ten a auga doutrina?<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/NI\u00d1O-PERDIDO.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11366\" alt=\"NI\u00d1O PERDIDO\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/NI\u00d1O-PERDIDO-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/NI\u00d1O-PERDIDO-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/NI\u00d1O-PERDIDO.jpg 400w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> Simplemente, <i>corre coa gravidade<\/i>. Posiblemente de Kafka a Zambrano, de Ligeti a Guer\u00edn, existe en cada creador un neno que sempre espera ao final, \u00e1 maneira dunha sabedor\u00eda que linda coa necidade.<\/p>\n<p align=\"justify\">Nenos? &lt;Escribir e ser pai \u00e9 o mesmo&gt;, lemos nunha recente entrevista. Facerse pai \u00e9 adoptar, abrazar, querer calquera criatura ou sentimento que se che cruce? &lt;Non basta con xuntar letras para ser escritor&gt;. \u00c9 de supo\u00f1er que Handke, sen citalo, ref\u00edrese a unha vella medicina que era obsesi\u00f3n do <i>psic\u00f3logo<\/i> Nietzsche: desactivar o mal abraz\u00e1ndoo. \u00c1 fin e ao cabo, unha bobada, un erro vivido na verdade do seu eterno retorno xa non \u00e9 a mesma bobada, o mesmo erro. Unha e outra vez, \u00e9 coma se o deus de Handke s\u00f3 fose a tenrura escondida do mesm\u00edsimo dia\u00f1o. Lograr o d\u00eda \u00e9 deixar que en metade da ma\u00f1\u00e1 adve\u00f1a o coraz\u00f3n quente da noite.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro Rey.\u00a0\u00c9 coma se o escritor, volvendo unha e outra vez a unha soidade inconfesable e sen testemu\u00f1as, realizase unha secreta transfusi\u00f3n de sangue na penumbra, nunha terra m\u00e1is profunda que todas as s\u00faas leis e inmune a calquera cambio clim\u00e1tico. A partir de a\u00ed \u00e9 posible enfrontarse outra vez \u00e1 crueza do d\u00eda. &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11356\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O medo do d\u00eda ao murmurio (III)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,77,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11356"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11356"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11356\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11367,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11356\/revisions\/11367"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11356"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11356"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11356"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}