{"id":11562,"date":"2019-12-09T06:00:43","date_gmt":"2019-12-09T06:00:43","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11562"},"modified":"2019-12-08T16:49:36","modified_gmt":"2019-12-08T16:49:36","slug":"joker-retrato-da-violencia-que-ven","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11562","title":{"rendered":"Joker: retrato da violencia que v\u00e9n?(I)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15702823733067.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-11563\" alt=\"15702823733067\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15702823733067-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15702823733067-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15702823733067-900x506.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15702823733067.jpg 990w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Ignacio Castro Rey.\u00a0<\/strong><\/em>Retrato m\u00e1is ben de certa dozura an\u00f3mala. Ou da compaix\u00f3n <i>que v\u00e9n<\/i>, pois Todd Philips, nesta pel\u00edcula que non deixa indiferente a ningu\u00e9n, fala ante todo do sufrimento do ser humano, un tormento do perdedor que poder\u00eda ser calquera de n\u00f3s. Cando o protagonista baleira a neveira e se mete dentro, despois dunha infinidade de humillaci\u00f3ns<!--more-->, est\u00e1 a indicar que querer\u00eda retirarse da presi\u00f3n incansable desta orde social que chamamos piadosamente <i>capitalismo<\/i>, coma se fose s\u00f3 un r\u00e9xime de econom\u00eda alleo \u00e1 nosa alma. En realidade, quen non sentiu a urxencia de esconderse, talvez para sempre, dun r\u00e9xime social omnipresente e cruel (na s\u00faa indiferenza) como poucos?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O que non paga a pena \u00e9 insistir na &#8220;impresionante actuaci\u00f3n&#8221; de J. Phoenix, que as tivo tan boas ou mellores (ningu\u00e9n viu <i>Mar\u00eda Magdalena<\/i>?). Tampouco ten moito sentido volver insistir na magn\u00edfica &#8220;paleta de cores&#8221; e o uso calibrado da banda sonora. Todo iso \u00e9 certo, pero repetiuse cen veces, xa forma parte dos t\u00f3picos e \u00e9 o m\u00e1is est\u00e1ndar da pel\u00edcula. Como tampouco \u00e9 estimulante volver outra vez sobre as comparaci\u00f3ns, sexa con <i>Taxi driver<\/i>, con anteriores traballos de Todd Philips ou outras versi\u00f3ns de Joker, as de Heath Ledger ou as de Jack Nicolson.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;Non sei por que todos han de ser tan brut\u00e1ns&#8221; -di Arthur, falando de si mesmo e da xente rara coma el. Coraz\u00f3n torturado e alma melanc\u00f3lica, desde a s\u00faa traxicomedia Arthur consegue por fin <i>pensar<\/i> e encadear actos calculados. A <i>cadencia<\/i> \u00e9 o que fai esta pel\u00edcula especial, un uso combinado dos tempos do suspense, a acci\u00f3n impulsiva, a introspecci\u00f3n e a reflexi\u00f3n que fai a este filme algo magn\u00e9tico. A\u00ednda que sempre haber\u00e1 quen se queixe de que o resultado \u00e9 demasiado <i>lento<\/i> e hai que dividilo en partes, que gustan m\u00e1is ou menos. Sexa como sexa, a m\u00fasica de <i>Joker<\/i> est\u00e1 antes na cadencia temporal da narraci\u00f3n, e a s\u00faa flu\u00edda concatenaci\u00f3n de escenas, que no rexistro sonoro. Sen que sexa tampouco unha obra de arte que parte en d\u00faas a historia do cinema (neste punto o noso aburrimento dom\u00e9stico pode facer estragos) o que fai tan apreciable <i>Joker<\/i> \u00e9 outra cousa. P\u00f3dese ir vela como un c\u00f3mic m\u00e1is de superheroes (outra vez o satanizado s\u00edmbolo dos oprimidos fronte ao aristocr\u00e1tico Batman) e at\u00f3pase un cun realismo <i>sucio<\/i> que nos lembra, e isto non ocorre tantas veces, en que mundo real vivimos, baixo as pantallas policromadas que nos entrete\u00f1en.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/descarga.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11564\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/descarga-300x161.jpg\" width=\"300\" height=\"161\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/descarga-300x161.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/descarga.jpg 306w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A primeira virtude deste traballo de Philips \u00e9 un primeiro plano de como sofre a xente com\u00fan, tras o espect\u00e1culo da radiante <i>America<\/i>. Unha incursi\u00f3n bruta no real que ningunha maquillaxe pode ocultar. Arthur non pertence nin se adhire a ningunha das minor\u00edas consentidas por un sistema que maltrata a maior\u00eda non reco\u00f1ecida da humanidade. Branco, non tan novo, heterosexual, Arthur Fleck (non o imaxinamos ilusionado con Obama nin con Trump) sofre un trastorno mental que \u00e9 sistematicamente desatendido por todo o espectro social que o rodea, Estado e sociedade civil inclu\u00eddas. E maltratado tam\u00e9n por unha mocidade desapiadada e uns comunicadores (a estrela medi\u00e1tica que encarna Robert de Niro) que non fan m\u00e1is que, tal moscas na carne, parasitaren a desgraza allea. Non s\u00f3 non queda xa nin rastro do so\u00f1o americano, sen\u00f3n que este converteuse nun pesadelo para a xente do mont\u00f3n. En certo xeito, Arthur \u00e9 un moralista. Para el s\u00f3 se salvan dun comportamento perverso ou <i>horrible<\/i> (<i>awfull<\/i>) os ananos e algunha outra subespecie de monstros sociais, igual de zarandeados ca el. O resto, enfermeiras e asistentes sociais inclu\u00eddas, participan dese masacre ac\u00e9falo dos <i>don ningu\u00e9n<\/i> que caen do lado da invisibilidade. Arthur \u00e9 un perdedor, pero n\u00e9gase a deixar de selo. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joaquin-phoenix-joker-movie-1554297252.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-11565\" alt=\"joaquin-phoenix-joker-movie-1554297252\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joaquin-phoenix-joker-movie-1554297252-300x169.jpg\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joaquin-phoenix-joker-movie-1554297252-300x169.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joaquin-phoenix-joker-movie-1554297252.jpg 460w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Mellor dito, res\u00edstese a apuntarse a unha sa\u00edda en falso para converter a s\u00faa desgraza en empresa c\u00f3mica, sorrindo sen cesar coma se nada grave pasase. Diante da s\u00faa asistente social (negra, por m\u00e1is datos), \u00e1 que acusa de non escoitalo, Arthur di: &#8220;O peor \u00e9 que toda a xente que sofre e est\u00e1 enferma debe actuar coma se non o estivese e parecer normal&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A segunda virtude \u00e9 que Arthur se arma desde a s\u00faa &#8220;enfermidade&#8221;, non fuxindo dela. Precisamente cando o estado neoliberal lle corta a subministraci\u00f3n de medicamentos paliativos, converte a s\u00faa doenza en instrumento <i>doutro saber<\/i>, doutro modo de vida e de iniciativas. Arthur apunta nun caderno os seus pensamentos, alg\u00fans chistes e debuxos do seu inferno persoal. Sen nada que perder, escribe frases lapidarias: &#8220;Espero que a mi\u00f1a morte te\u00f1a m\u00e1is sentido que a mi\u00f1a vida&#8221;. De feito, a s\u00faa risa expresa sen palabras o desprezo que lle inspira unha orde social dem\u00f3crata-republicana que \u00e9 tan grotesca que xa non admite m\u00e1is cr\u00edticas nin caricaturas. Digamos que non articular unha cr\u00edtica discursiva, sen\u00f3n desarticular unha risa imparable, \u00e9 unha decisi\u00f3n pol\u00edtica, a\u00ednda que non plenamente consciente, nin falta que fai. Non chorar \u00e9 o que fai Arthur, non queixarse como unha v\u00edtima m\u00e1is e desatarse nun risa aberta que anuncia o peor: o perdedor nato est\u00e1 a conspirar, rexurdindo desde as s\u00faas cinzas. \u00c9 isto o que preocupa desta pel\u00edcula aos intelectuais instalados? Benvido sexa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro Rey.\u00a0Retrato m\u00e1is ben de certa dozura an\u00f3mala. Ou da compaix\u00f3n que v\u00e9n, pois Todd Philips, nesta pel\u00edcula que non deixa indiferente a ningu\u00e9n, fala ante todo do sufrimento do ser humano, un tormento do perdedor que poder\u00eda ser calquera de n\u00f3s. Cando o protagonista baleira a neveira e se mete dentro, despois dunha &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11562\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Joker: retrato da violencia que v\u00e9n?(I)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[6,7,77],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11562"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11562"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11562\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11572,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11562\/revisions\/11572"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11562"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11562"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11562"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}