{"id":11567,"date":"2019-12-10T06:00:13","date_gmt":"2019-12-10T06:00:13","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11567"},"modified":"2019-12-08T16:47:22","modified_gmt":"2019-12-08T16:47:22","slug":"joker-retrato-da-violencia-que-ven-ii","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11567","title":{"rendered":"Joker: retrato da violencia que v\u00e9n? (II)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/2-870x399.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11568\" alt=\"2-870x399\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/2-870x399-300x137.jpg\" width=\"300\" height=\"137\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/2-870x399-300x137.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/2-870x399.jpg 870w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><strong><em>Ignacio Castro Rey.<\/em>\u00a0<\/strong>O baile dun corpo escu\u00e1lido, \u00e1s veces moi gr\u00e1cil, anuncia a alegr\u00eda da destruci\u00f3n, punteando a ofensiva que est\u00e1 a tramar o tormento de Arthur. <!--more-->El est\u00e1 tan at\u00f3nito pola crueldade que o rodea que xa non pode nin chorar nin articular palabra, por iso ri de s\u00fapeto, sen freo. \u00c1 risa desatada suc\u00e9denlle crimes, en parte dos cales o p\u00fablico participa con certa chacota disimulada. \u00c1 asistente negra que o coida chega a espetarlle: &#8220;Nunca me escoita, sempre repite a mesma lada\u00ed\u00f1a. Non ve que, coa vida que me tocou, s\u00f3 podo ter pensamentos negativos?&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Par\u00e9cenos unha concesi\u00f3n despistante, unha chiscadela aos temas de moda, a alusi\u00f3n a un escuro abuso infantil e \u00e1 irresponsabilidade dunha nai, tam\u00e9n <i>horrible<\/i>, que acaba sendo unha v\u00edtima m\u00e1is da xustificada ira de Arthur. Pero en fin, ningu\u00e9n \u00e9 perfecto, tampouco Philips. \u00c1 parte deses descoidos efectistas, poucas veces vimos (quiz\u00e1 en M. Moore) como a radiante sociedade de barras e estrelas trata realmente os seus s\u00fabditos. Non ser\u00eda tan estra\u00f1o que a Academia estadounidense non premie <i>Joker<\/i> tanto como Venecia. Ou si, pois o cinismo <i>gringo<\/i> \u00e9 capaz de cometer o peor masacre e ao pouco tempo sacarlle partido coa cr\u00edtica m\u00e1is espectacular.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A cinta de T. Philip \u00e9 escura, complexa, con varios niveis de narraci\u00f3n, dif\u00edciles mesmo para os que se consideran expertos. En todo caso, <i>Joker<\/i> \u00e9 moito m\u00e1is pol\u00edtica do que o director cre. \u00c9 normal que a aclamaci\u00f3n popular sexa masiva (moitos nos desafogamos co asasinato dos tres executivos que antes mostraron a s\u00faa brutalidade no metro), \u00e1 vez que o progresismo ilustrado, norteamericano ou europeo, exprese as s\u00faas reservas diante deste uso directo da violencia. Pero matando, Arthur s\u00f3 est\u00e1 a devolver \u00e1 sociedade o que esta fixo con el: cribalo a prazos. Que os progresistas, desde o seu limbo, chamen a isto terrorismo onde queiran. Sentimos o mesmo desafogo cando Arthur cose a balazos eses tres fillos de cadela que o que sentimos cando por fin o protagonista de <i>La caza<\/i> (Th. Vintenberg) lle parte a cara ao carniceiro do supermercado que o maltrata.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15670616682343.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-11569\" alt=\"15670616682343\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15670616682343-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15670616682343-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/15670616682343.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Os crimes de Arthur, en canto lle colle o gusto a esa vinganza, son todo o esaxerados que se queiran. Con todo expresan, e isto \u00e9 o inquietante para os intelectuais, que moita xente vulgar, fea e pobre, non ten m\u00e1is sa\u00edda que a violencia directa. Ou iso ou converterse en v\u00edtima profesional que esmoleira subvenci\u00f3ns. Non \u00e9 o caso de Arthur, demasiado digno moralmente e demasiado pol\u00edtico (sen selo) para esa actitude vicaria. Digamos que a furia desatada, a forza aut\u00f3noma da s\u00faa risa s\u00e1lvao de converterse en v\u00edtima. As m\u00e1scaras dos clowns que seguen ao <i>Guas\u00f3n<\/i> non son m\u00e1is que r\u00e9plicas das m\u00e1scaras que todo o mundo leva para exercer a banalidade do mal, unha maldade despersonalizada, irresponsable, ac\u00e9fala. Todo iso nunha sociedade moito m\u00e1is hip\u00f3crita que as vellas sociedades de outrora. Por que esta obriga de sorrir? Pois ben, se \u00e9 necesario sorrir sen parar, Arthur decide rir a perna solta mentres mata. \u00c9 normal que os cr\u00edticos, \u00e1 fin e ao cabo parasitos do aire climatizado dos seus privilexios, se preocupen.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Joker<\/i> \u00e9 brutal, ante todo, mostrando a cruel indiferenza dos poderosos. Fronte a ela, lonxe destas series televisivas onde o crime autista est\u00e1 xustificado por un espect\u00e1culo sen entra\u00f1as, a violencia de Arthur \u00e9 <i>visceral<\/i> e pos\u00fae algo tan humano como o <i>odio<\/i>. Dir\u00edxese as\u00ed contra os culpables dunha orde social intrinsecamente perversa. \u00c9 seguro que Philips non ten esta conciencia subversiva en mente, pero \u00e9 algo que, con todo, a\u00ednda que sexa inconscientemente, sa\u00edu das s\u00faas mans.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O peor de ser pobre, perdedor ou eivado de guerra, \u00e9 que a xente espera que non molestes e act\u00faes coma se non foses m\u00e1is que unha v\u00edtima que pide axuda. Non \u00e9 o caso de Arthur. Por iso acaba combinando tan ben comedia e traxedia. Da comedia barata \u00e1 que se ve obrigado pasa a provocar a traxedia e, as\u00ed, unha comedia de orde superior, nada f\u00e1cil para o p\u00fablico cautivo do espect\u00e1culo. Dev\u00f3lvelle ent\u00f3n \u00e1 sociedade, Arthur, o que ela mesma xerou. El non pode, e talvez non quere, ir \u00e1 consulta do psicanalista: c\u00farase matando. Dirase, con raz\u00f3n, que esta sa\u00edda \u00e9 inmoral. Pero \u00e9 que tam\u00e9n \u00e9 inmoral a orde social que lle rodea, ese c\u00edrculo vicioso de malos tratos e reacci\u00f3n criminal que a nosa <i>sociedade do co\u00f1ecemento<\/i> xera.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joker_joaquin_phoenix_2600.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11570\" alt=\"joker_joaquin_phoenix_2600\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joker_joaquin_phoenix_2600-300x228.png\" width=\"300\" height=\"228\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joker_joaquin_phoenix_2600-300x228.png 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joker_joaquin_phoenix_2600-1024x778.png 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joker_joaquin_phoenix_2600-900x684.png 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/joker_joaquin_phoenix_2600.png 1956w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>De que ri Arthur, finalmente? Dun mundo que rebordou toda caricatura e que s\u00f3 pode reencontrarse na apocalipse, mentres todo leva ao extremo da crueldade. A s\u00faa adorable veci\u00f1a negra, \u00e1 que tam\u00e9n (como m\u00ednimo) chega a asustar, representa un pouco a solidariedade entre marxinados. Igual que o bico que lle d\u00e1 Arthur ao anani\u00f1o asustado: &#8220;Non quero ferirche, sempre me trataches ben&#8221;. Pero queda moi pouca xente con coraz\u00f3n na metr\u00f3pole, poucos que non estean, como m\u00ednimo, moi tensos e \u00e1 defensiva. Cando Arthur lle segue a corrente a un neno negro no autob\u00fas e tenta entretelo con acenos, enseguida ten que o\u00edr a dura reprimenda da nai, coma se se tratase dun pervertido \u00e1 caza de nenos inocentes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tropezamos ent\u00f3n, era inevitable, coa moderna historia da <i>banalidade do mal<\/i>. Case ningu\u00e9n nesta pel\u00edcula, tampouco Arthur, \u00e9 un malo de <i>conto<\/i>. Quizais tampouco o condutor de televisi\u00f3n, antigo \u00eddolo xuvenil de Arthur, que se limita a facer circular a crueldade que dispara o \u00edndice de audiencia. Germanwings, Columbine, Nanterre (Richard Durn) e cen lugares m\u00e1is nomean eses mozos que non deixamos chegar a adultos. Empux\u00e1molos a <i>morrer matando<\/i>. E en masa. Por que? Porque eses seres xa non v\u00edan a vida por ning\u00fan lado. En ton de c\u00f3mic, seica sen sabelo, Philips non deixa de tratar esta grav\u00edsima cuesti\u00f3n que, entre outras moitas, se cerne sobre unhas metr\u00f3poles que esqueceron calquera misericordia, calquera piedade humana sen carn\u00e9. \u00c9 posible que, finalmente, o Norte te\u00f1a o que se mereza. \u00c9 esta unha das mensaxes inconscientes de Philips. Grazas, \u00e9 un pouco m\u00e1is que nada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro Rey.\u00a0O baile dun corpo escu\u00e1lido, \u00e1s veces moi gr\u00e1cil, anuncia a alegr\u00eda da destruci\u00f3n, punteando a ofensiva que est\u00e1 a tramar o tormento de Arthur.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[6,7,77],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11567"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11567"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11567\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11571,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11567\/revisions\/11571"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11567"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11567"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11567"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}