{"id":11618,"date":"2020-01-15T06:00:00","date_gmt":"2020-01-15T06:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11618"},"modified":"2019-12-19T08:12:17","modified_gmt":"2019-12-19T08:12:17","slug":"e-van-ala-dous-anos","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11618","title":{"rendered":"E van al\u00e1 dous anos&#8230;"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_11619\" aria-describedby=\"caption-attachment-11619\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/descarga1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-full wp-image-11619\" alt=\"La Voz de Galicia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/descarga1.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-11619\" class=\"wp-caption-text\">La Voz de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\"><em><strong>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>En xaneiro do 2018 recibimos unha mensaxe na que se convocaba unha concentraci\u00f3n de pensionistas o primeiro luns de mes, diante do concello. En Compostela era nin m\u00e1is nin menos que no Obradoiro, a praza a onde non se dirixen as manifestaci\u00f3ns<!--more--> porque se pode desaparecer diante da inmensidade arquitect\u00f3nica, ademais de distraer o turismo peregrino. Pois ben, al\u00ed nos xuntamos uns poucos, e unhas poucas m\u00e1is (xa \u00e9 un cl\u00e1sico iso de sumar m\u00e1is mulleres). Pux\u00e9monos de acordo para redactar unha nota, ao remate desa primeira concentraci\u00f3n; foi no bar Suso. Ese d\u00eda, as\u00ed, de maneira informal, creouse a Plataforma de Pensionistas Compostela, igual que se estaba a facer noutras vilas e cidades. <\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">Defender o Sistema P\u00fablico de pensi\u00f3ns, facelo cunha t\u00e1boa reivindicativa que se comparte coas outras plataformas e loitar pola protecci\u00f3n dos pensionistas de hoxe pero tam\u00e9n polos do futuro. Estarmos na pelexa para que non contin\u00faen a eliminar os dereitos da clase traballadora, desa \u00e1 que nada lle foi dado sen\u00f3n que tivo que traballalo todo. Po\u00f1er unha barreira para que non a traspasen aqueles aos que non lles importamos, porque est\u00e1n ao servizo das clases adi\u00f1eiradas (das que cada vez forman parte uns poucos menos e se fan m\u00e1is ricas). <\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">Dende aquela, a evoluci\u00f3n foi constante, Manuela \u00e9 a portavoz; Antonio, o home das infraestruturas e moitas cousas m\u00e1is pois co seu car\u00e1cter e relaci\u00f3ns mant\u00e9n a Plataforma con local, megafon\u00eda e contacto cos medios; Xaqu\u00edn era o que se mov\u00eda pola cidade convidando e entregando as notas de prensa, o que nunhas alancadas chega ao Parlamento ou ao concello petando nas conciencias; Marieta leva a comunicaci\u00f3n cos membros da plataforma e achega o coro para cantar as reclamaci\u00f3ns; Marta \u00e9 unha todo terreo que coida do de dentro e do de f\u00f3ra, dando os pasos moi medidos e seguros; Octavio \u00e9 o activo home das redes sociais, Pepi traballa nas pancartas\u2026 e as\u00ed cada unha delas e cada un deles, que non citamos. <\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">Dende aquela, cada primeiro luns de mes al\u00ed estamos todas e todos os que podemos asistir. Non somos moitos, Compostela non \u00e9 unha cidade doada pero, a\u00ednda as\u00ed, permanece a cita, agora cun pequeno percorrido que nos anima o gaiteiro e a mellor das nosas voces, Agust\u00edn.<\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">De todas formas, hoxe, cando vai rematar o ano e quixera facer balance, debo admitir que escribo esta nota para agradecer ter co\u00f1ecido a Antonio, un home bo ao que s\u00f3 tratara detr\u00e1s do mostrador do seu comercio, de compartir as concentraci\u00f3ns con xente que xa nos deixou \u2013pero estivera a\u00ed ata uns d\u00edas antes do seu pasamento\u2013 como Severiano, ao que seguimos a botar de menos, e mostrar, tam\u00e9n, a alegr\u00eda que nos produce atopar cada luns a Taba, a cadeli\u00f1a que nos acompa\u00f1a igual que alg\u00fan neto que nos aleda a ma\u00f1\u00e1. <\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large;\">Moitas veces seguen a ser os mesmos da Transici\u00f3n os que aparecen nas concentraci\u00f3ns. Por iso d\u00e1 tanta pena cando alg\u00fan desaparece, porque igual non hai reposto. As que queden seguir\u00e1n cada primeiro luns de mes, \u00e1s 12, diante do concello, sen d\u00fabida.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0En xaneiro do 2018 recibimos unha mensaxe na que se convocaba unha concentraci\u00f3n de pensionistas o primeiro luns de mes, diante do concello. En Compostela era nin m\u00e1is nin menos que no Obradoiro, a praza a onde non se dirixen as manifestaci\u00f3ns<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11618"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11618"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11618\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11624,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11618\/revisions\/11624"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11618"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11618"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11618"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}