{"id":11658,"date":"2020-01-09T06:00:09","date_gmt":"2020-01-09T06:00:09","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11658"},"modified":"2019-12-27T17:26:02","modified_gmt":"2019-12-27T17:26:02","slug":"limiar-anuario-2019","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11658","title":{"rendered":"Limiar Anuario 2019"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/barbantia.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11659\" alt=\"barbantia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/barbantia-181x300.jpg\" width=\"181\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/barbantia-181x300.jpg 181w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/barbantia-618x1024.jpg 618w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2019\/12\/barbantia.jpg 711w\" sizes=\"(max-width: 181px) 100vw, 181px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Non recordo quen dixo que aqueles pa\u00edses nos que o sentido com\u00fan choca coa evidencia son pa\u00edses infelices, pero \u00e9 unha frase que me v\u00e9n todos estes d\u00edas de loucura mundial \u00e1 cabeza. O sentido com\u00fan, enterrado baixo populismos de diferente signo; a evidencia enterrada baixo esa proliferaci\u00f3n de noticias falsas que gobernos de diferente pelaxe e particulares de diferentes intereses propagan polas redes sociais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Sei que falar de sentido com\u00fan e de evidencia \u00e9 complicado, e pr\u00e9stase a moitas interpretaci\u00f3ns, mesmo a moitas manipulaci\u00f3ns.<!--more--> Permitide, xa que logo, que explique que entendo por eses conceptos resumindo o que o escritor italiano Raffaele La Capria di ao respecto no seu fermoso libro <i>La mosca en la botella. Elogio del sentido com\u00fan, <\/i>sentido com\u00fan que define como \u201ca constataci\u00f3n inmediata e desinteresada da evidencia\u201d, \u201cesa voz baixa da conciencia\u201d que nos fai intu\u00edr de que parte est\u00e1 a verdade. E, deseguido, define a evidencia como \u201cun feito que non ten necesidade de ser demostrado\u201d, engadindo unha puntualizaci\u00f3n moi importante. O sentido com\u00fan debe preocuparse pola evidencia dunha verdade, non polo problema da verdade. A evidencia non se discute, a verdade si, porque a verdade \u00e9 un valor, e sobre os valores acabamos sempre polemizando. E fai un diagn\u00f3stico: \u201cA verdadeira anomal\u00eda do noso tempo \u00e9 que a evidencia se discute ou se nega cada vez m\u00e1is desde a pol\u00edtica e desde o abuso ideol\u00f3xico, porque as grandes ilusi\u00f3ns do s\u00e9culo xeraron visionarios, e os visionarios pasan por alto as evidencias. Quen nega unha evidencia falsifica toda a realidade, a\u00ednda cando crea non facelo\u201d. La Capria pon un exemplo, que el mesmo reco\u00f1ece simplificador, pero relevante: en econom\u00eda \u00e9 racional despedir obreiros e substitu\u00edlos por m\u00e1quinas, abaratando os custos de produci\u00f3n, facilitando a competencia e xerando maior riqueza. Pero a sensatez dinos que non debemos despedir obreiros, creando parados, mentres non haxa unha soluci\u00f3n para eles.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 La Capria cre que somos como moscas atrapadas dentro dunha botella, e que hai tres condicionamentos principais que nos impiden sa\u00edr, limitando a nosa liberdade e a nosa capacidade de ver as evidencias e aplicar o sentido com\u00fan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O primeiro, o lugar onde nacemos e a mentalidade que o caracteriza, unha mentalidade que tende ao prexu\u00edzo e \u00e1 confrontaci\u00f3n con mentalidades doutros lugares, fomentando as\u00ed a autocompracencia. Cre que s\u00f3 poderemos superar esa mentalidade do fogar natal, que Leopardi chama significativamente <i>salvaxe<\/i>, con an\u00e1lise e autocr\u00edtica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O segundo condicionamento \u00e9 a linguaxe (onde residen as memorias ancestral e imaxinativa), unha herdanza que tam\u00e9n recibimos ao nacer. Hai que estar moi alerta e ser cr\u00edticos con el, pois imponnos de forma suxestiva ideas e opini\u00f3ns que en realidade non nos pertencen. Palabras como pobo, revoluci\u00f3n, patria, Deus, liberdade, hai tempo que se baleiraron de significado e, canto m\u00e1is se usan, m\u00e1is se enchen de intereses espurios particulares. Xa que logo, tendo en conta que a linguaxe da liberdade debe ser unha linguaxe desinteresada, deberiamos buscar palabras novas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O terceiro condicionamento \u00e9 a ideolox\u00eda. As ideolox\u00edas non te\u00f1en por que impedirnos ser libres e ver as evidencias, pero a maior\u00eda da xente est\u00e1 enferma de ideolox\u00eda, \u00e9 dicir, parten das ideas e de a\u00ed deducen a realidade, en vez de partir da realidade e deducir de a\u00ed as ideas. En Italia, di, \u201co pa\u00eds m\u00e1is inmoralmente politizado do mundo, estamos condenados a unha especie de cadea perpetua mental. Hai condenados encerrados no pavill\u00f3n dereito e condenados encerrados no pavill\u00f3n esquerdo. Isto converteuse nun destino, nunha mentalidade, igualmente inm\u00f3bil; un feito non tanto ideol\u00f3xico, sen\u00f3n biol\u00f3xico. Existe unha biolox\u00eda de dereitas e unha biolox\u00eda de esquerdas, un tipo antropol\u00f3xico de dereitas e un tipo antropol\u00f3xico de esquerdas\u201d. Non s\u00f3, por suposto (e isto xa o digo eu), en Italia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Como sa\u00edr da botella? Sigamos escoitando a La Capria: \u201cPero a liberdade, inclu\u00edda aquela que se exerce desde o seno dunha ideolox\u00eda (non enferma), at\u00f3pase noutra parte. Non est\u00e1 nin na dereita, nin na esquerda, pero tampouco no centro. Est\u00e1 na nosa independencia e no respecto \u00e1 verdade, no rexeite da dobre verdade ou da verdade que nos conv\u00e9n. O intelectual debe estar sempre na oposici\u00f3n, a oposici\u00f3n de quen non pode ser amado por ningu\u00e9n\u201d. Non se trata de ser equidistantes, sen\u00f3n <i>equiopostos<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pertenzo a Barbantia, e escribo cun inmenso pracer o limiar deste anuario desde o primeiro n\u00famero, porque estou convencido de que, independentemente da ideolox\u00eda concreta dos socios e dos colaboradores, todos compartimos un sentido com\u00fan que nos permite ver a evidencia, como demostran os traballos que aqu\u00ed mesmo podedes ler, e sa\u00edr da botella en que unha sociedade enferma de ideolox\u00eda nos quere meter.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Non recordo quen dixo que aqueles pa\u00edses nos que o sentido com\u00fan choca coa evidencia son pa\u00edses infelices, pero \u00e9 unha frase que me v\u00e9n todos estes d\u00edas de loucura mundial \u00e1 cabeza. O sentido com\u00fan, enterrado baixo populismos de diferente signo; a evidencia enterrada baixo esa proliferaci\u00f3n de noticias falsas que gobernos &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11658\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Limiar Anuario 2019<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11658"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11658"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11658\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11660,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11658\/revisions\/11660"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11658"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11658"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11658"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}