{"id":11765,"date":"2020-02-06T06:00:27","date_gmt":"2020-02-06T06:00:27","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11765"},"modified":"2020-01-31T18:36:59","modified_gmt":"2020-01-31T18:36:59","slug":"a-ilusion-da-esperanza-de-x-l-franco-grande","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11765","title":{"rendered":"A ilusi\u00f3n da esperanza, de X. L. Franco Grande"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/978849151425.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11766\" alt=\"978849151425\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/978849151425-196x300.jpg\" width=\"196\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/978849151425-196x300.jpg 196w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/978849151425.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 196px) 100vw, 196px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Unha persoa que vivise na Idade Media ter\u00eda moi pouco que aprender se, de s\u00fapeto, fose trasladada \u00e1 Tebra (Tomi\u00f1o) de 1936, lugar e ano de nacemento do acad\u00e9mico da RAG X.L. Franco Grande, pero unha persoa que vivise en 1936 e fose trasladada \u00e1 Tebra de 2020, ter\u00eda que <i>resetear<\/i> case completamente o disco duro do seu cerebro. Non recordo cal foi a m\u00fasica de fondo que xerou na mi\u00f1a mente a lectura de <i>A ilusi\u00f3n da esperanza<\/i> cando o lin a finais dos anos noventa, oito anos despois de ser publicado, pero esa que acabo de precisar \u00e9 a m\u00fasica coa que o lin nesta nova edici\u00f3n, na que Franco Grande retrata corenta seis amigos<!--more--> (nove m\u00e1is que na primeira) que algo ou moito, como di o propio autor, te\u00f1en que ver con Galicia. Porque lendo este ameno e necesario libro, cheo de an\u00e9cdotas e reflexi\u00f3ns acaid\u00edsimas, un ten a sensaci\u00f3n de que estamos ante un autor que na s\u00faa primeira madurez de estudante universitario en Santiago se decata de que naceu na Idade Media, e ten a inmensa fortuna \u2014que ben a describe\u2014 de atoparse cun c\u00edrculo de persoas que, m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faa idiosincrasia persoal e da s\u00faa orixe social, saben que existe no mundo outra cosmovisi\u00f3n m\u00e1is ilustrada e contempor\u00e1nea, \u00e1 que chaman Europa, e que procede da Ilustraci\u00f3n. E non s\u00f3 iso. Non pode entenderse este libro sen imaxinar a conmoci\u00f3n que lle debeu provocar saber que esa Europa civilizada existira en Galicia como unha esperanza real (non como unha ilusi\u00f3n dunha esperanza) non hab\u00eda moitos anos, ata que f\u00f3ra segada polo fanatismo e o medievalismo do nacionalcatolicismo. E a\u00ednda m\u00e1is, nesa cidade escura e facare\u00f1a (cualificativos moi do gusto de Franco Grande) exist\u00edan persoas, principalmente Otero Pedrayo, interesadas en transmitirlles \u00e1s novas xeraci\u00f3ns o legado daqueles republicanos mod\u00e9licos, comezando por Castelao.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<figure id=\"attachment_11767\" aria-describedby=\"caption-attachment-11767\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/GE29P34F2_201732.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-11767\" alt=\"Foto: La Voz de Galicia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/GE29P34F2_201732-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/GE29P34F2_201732-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/GE29P34F2_201732-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/GE29P34F2_201732-500x281.jpg 500w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/GE29P34F2_201732-900x506.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/GE29P34F2_201732.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-11767\" class=\"wp-caption-text\">Foto: La Voz de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 Pero ese herdo non o levou a cabo Otero Pedrayo, convertido naquel momento xa nun s\u00edmbolo da cultura galega, sen\u00f3n Ram\u00f3n Pi\u00f1eiro, a quen o autor, non s\u00f3 ten ganas de valorar como amigo, sen\u00f3n de reivindicar como persoa e como guieiro sacrificado pola causa do galeguismo. Como nada neste amable, pero tam\u00e9n incisivo e clarificador, libro, \u00e9 inocente, tampouco o son as d\u00faas citas que o abren, sobre todo a de Ram\u00f3n Pi\u00f1eiro: \u201c&#8230;chegamos \u00e1 conclusi\u00f3n de que a pura loita clandestina era de pouco rendemento, que necesitabamos alg\u00fan xeito de actuaci\u00f3n para atraer a atenci\u00f3n das xeraci\u00f3ns novas cara \u00e1 realidade galega\u201d. Non \u00e9 este o momento de debater as estratexias da loita antifranquista na Galicia dos anos 50 e 60. S\u00f3 quero subli\u00f1ar que o n\u00facleo duro deste libro, tanto desde o punto de vista persoal como hist\u00f3rico, \u00e9 a reivindicaci\u00f3n que o autor fai tanto de Ram\u00f3n Pi\u00f1eiro como de todas as persoas que, en maior ou menor medida, estiveron ao seu redor, e que se converteron en amigos de Franco Grande partindo, algo inaudito, da cultura, pero s\u00f3, e iso queda moi claro, porque naquel momento a cultura non era, como agora, un complemento de ocio, sen\u00f3n unha necesidade case biol\u00f3xica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Xa que logo, hai neste libro unha reivindicaci\u00f3n da amizade no sentido de Epicuro ou de Montaigne, de a\u00ed a proliferaci\u00f3n de suxestivas e human\u00edsimas an\u00e9cdotas que amosan no autor unha perspicacia psicol\u00f3xica moi sutil, e que nos levan a unha dimensi\u00f3n de praceres e camarader\u00eda moi do mundo cl\u00e1sico, pero tam\u00e9n unha descrici\u00f3n tanxencial, pero viv\u00edsima, do ambiente de case todas as cidades e de moitas vilas galegas, e, sobre todo, un vademecum dos mecanismos de defensa psicol\u00f3xicos que aqueles mozos empregaban para soportar un mundo tan escuro e facare\u00f1o que lles imped\u00eda desenvolver as s\u00faas enormes potencialidades e so\u00f1ar con cumprir os seus so\u00f1os m\u00e1is ilusionantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/978848712637.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-11768\" alt=\"978848712637\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/978848712637.jpg\" width=\"200\" height=\"300\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0 Agora ben, esa ampla relaci\u00f3n de amizades, exposta de forma aparentemente fragmentaria e compartimentada, est\u00e1 tecida por un fino pero rexo f\u00edo que os une a todos para constru\u00edr o traxe dunha xeraci\u00f3n, iso que Borob\u00f3 chamou a xeraci\u00f3n de <i>La Noche<\/i>, e que incl\u00fae tam\u00e9n os retratados nesta nova versi\u00f3n, pois todos eles son persoas que naceron na Idade Media, que lle deron sentido \u00e1 s\u00faa vida so\u00f1ando con vivir nunha Europa ilustrada, e que acabaron vivindo nesa Europa cun sentimento agridoce. Doce, polo que \u00e9 evidente. Agre, entre outras moitas raz\u00f3ns, porque se volveu repetir o que, segundo Franco Grande, parece unha condena eterna para Galicia: a perda de cadros e elites, que tan necesarios ser\u00edan tras a morte de Franco, pero tam\u00e9n na actualidade, para evitaren esa invasi\u00f3n de mediocridade e resentimento que acabamos padecendo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Porque estes retratos foron escritos trinta ou corenta anos despois de que o autor comezase a ilusionarse coa esperanza dunha Galicia europe\u00edsta e democr\u00e1tica, e nun momento no que, supostamente, esa esperanza era un feito real nunha Galicia auton\u00f3mica dentro dun Estado de dereito. E a\u00ed aparece esoutra faceta do Franco Grande que todos co\u00f1ecemos polas s\u00faas declaraci\u00f3ns p\u00fablicas e os seus artigos de prensa, e que non \u00e9 menor, a\u00ednda que \u00e1s veces quede sepultada polo protagonismo das an\u00e9cdotas: a de franco(grande)tirador \u2014perm\u00edtaseme a pequena chanza como homenaxe ao moito e sabio humor que hai neste libro\u2014, a de quen fala claro, sen medir as consecuencias. O respecto e a admiraci\u00f3n polos amigos conv\u00e9rtese en rexeite e desprezo da situaci\u00f3n pol\u00edtica e cultural na que derivou a ilusi\u00f3n da esperanza daqueles mozos. E non s\u00f3 a nivel da alta pol\u00edtica e da alta cultura, ou dos medios de comunicaci\u00f3n (sobre todo, pero non s\u00f3, a TVG) sen\u00f3n, \u00e9 probablemente o que m\u00e1is lle doe, a nivel das novas xeraci\u00f3ns: \u201c(&#8230;) ese mundo pequeni\u00f1o, tan cultivado polos escritores galegos de hoxe, en especial \u2014caso curioso\u2014polos m\u00e1is novos, que nisto si que son vellos. Ese mundo de trepas, de lambespi\u00f1as, de pequenos intrigantes&#8230;\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non te\u00f1o espazo para moito m\u00e1is. Pero si creo necesario aclarar finalmente o m\u00e1is importante nun libro coma este. A imaxe que nos queda do retratista pois, nuns retratos coma estes, nos que o decisivo \u00e9, m\u00e1is que os aspectos psicol\u00f3xicos, que tam\u00e9n, os aspectos \u00e9ticos, a personalidade e o lugar desde o que escribe o autor, a s\u00faa credibilidade, \u00e9 decisiva. E atr\u00e9vome a dicilo cunha enorme convicci\u00f3n porque esta imaxe que agora quero transmitir coincide coa personalidade do Franco Grande que eu tiven a sorte de co\u00f1ecer, tras p\u00f3rme en contacto con el para pedirlle informaci\u00f3n sobre Faustino Rey Romero.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/descarga3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-11769\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/01\/descarga3.jpg\" width=\"279\" height=\"180\" \/><\/a> E como non te\u00f1o espazo, xa digo, limitareime, tam\u00e9n como homenaxe ao libro que rese\u00f1o,<i> <\/i>a describir a personalidade de Franco Grande cunha an\u00e9cdota que, como as s\u00faas neste libro, \u201co \u00fanico que pretende \u00e9 comunicarlle ao lector unha idea definidora desa persoa\u201d: hai dous anos pedinlle a Xos\u00e9 Lu\u00eds que me acompa\u00f1ase na presentaci\u00f3n da mi\u00f1a biograf\u00eda de Manuel Antonio en Rianxo. Aceptou de inmediato e, sabendo que eu non te\u00f1o carn\u00e9 de conducir, unha semana antes, aos seus oitenta anos, sendo acad\u00e9mico e eu unha persoa practicamente an\u00f3nima, e tendo coincidido persoalmente comigo s\u00f3 en d\u00faas ocasi\u00f3ns, veu desde Vigo a Rianxo para preparar \u2014deixoume abraiado pois todo o mundo considera ese rol un encordio e unha cuesti\u00f3n moi menor\u2014 o contido desa presentaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Eu non coincido con Xos\u00e9 Lu\u00eds Franco Grande en que a voz sexa un criterio infalible (f\u00edome m\u00e1is da mirada) para co\u00f1ecer unha persoa. Pero si para co\u00f1ecer un libro. E a voz deste libro, non te\u00f1a ningunha d\u00fabida o lector, \u00e9 a voz dunha persoa que a un non lle interesa saber se acabar\u00eda constru\u00edndo unha Galicia liberal ou nacionalista, federalista ou independentista, porque sabe que, de seguro, acabar\u00eda constru\u00edndo unha Galicia mellor.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Unha persoa que vivise na Idade Media ter\u00eda moi pouco que aprender se, de s\u00fapeto, fose trasladada \u00e1 Tebra (Tomi\u00f1o) de 1936, lugar e ano de nacemento do acad\u00e9mico da RAG X.L. Franco Grande, pero unha persoa que vivise en 1936 e fose trasladada \u00e1 Tebra de 2020, ter\u00eda que resetear case completamente &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11765\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A ilusi\u00f3n da esperanza, de X. L. Franco Grande<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11765"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11765"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11765\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11770,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11765\/revisions\/11770"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11765"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11765"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11765"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}