{"id":11886,"date":"2020-02-26T06:00:37","date_gmt":"2020-02-26T06:00:37","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11886"},"modified":"2020-02-21T08:13:44","modified_gmt":"2020-02-21T08:13:44","slug":"a-parede-da-conciencia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11886","title":{"rendered":"A parede da conciencia*"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-11887\" alt=\"alvaro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro-144x144.jpg 144w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>A pesar de que vivimos tempos obsesionados por conseguir que os robots te\u00f1an unha cada vez maior intelixencia, os expertos consideran que non debemos preocuparnos mentres te\u00f1an a intelixencia dun r\u00e9ptil, dunha rata ou dun can. O problema vir\u00e1 cando cheguen a ter a intelixencia dun mono, pois os monos son conscientes de que non son humanos. \u00c1s veces te\u00f1o a impresi\u00f3n de que a obra do escultor lugu\u00e9s \u00c1lvaro de la Vega percorre o cami\u00f1o contrario. <!--more-->Non se tratar\u00eda de aumentar o grao e a diversidade de intelixencias que hai no mundo, sen\u00f3n de regresar a unha \u00e9poca na que a intelixencia abstracta se reduc\u00eda a unha intelixencia meramente biol\u00f3xica, de supervivencia, e a un ecosistema dominado polas formas m\u00e1is primarias da linguaxe (un grito, un adverbio, un vocativo, unha onomatopea, unha desinencia) e da xeometr\u00eda (unha intersecci\u00f3n de planos, unha atalaia, un prisma, unha parede, espazos lixeiros, como di el). E todo porque as s\u00faas figuras provocan na mi\u00f1a mirada un profundo desexo de esquecer que son consciente, logo racional, logo humano. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Pode que esa sexa tam\u00e9n a raz\u00f3n de que \u00c1lvaro de la Vega traballe a madeira. Un pode imaxinar que da m\u00e1rmore ou da pedra sae, como do silicio, intelixencia artificial incluso superior \u00e1 humana, e que converterse en pedra \u00e9 un castigo m\u00e1is que un destino. E iso ning\u00fan poeta primitivista da materia (e \u00c1lvaro \u00e9o) pode consentilo. Para un escultor que pasou a nenez na panader\u00eda familiar do interior da provincia rural de Lugo, a madeira \u00e9 un destino ineludible pois funde d\u00faas necesidades moi ligadas: a necesidade filoxen\u00e9tica de buscar o punto de encontro entre o mat\u00e9rico e o abstracto (desde principios do s\u00e9culo XX dominado por este \u00faltimo), e a necesidade ontoxen\u00e9tica de buscar o punto de encontro entre as grandes reflexi\u00f3ns te\u00f3ricas da facultade de Artes de Barcelona e a mirada do neno aos troncos de madeira cortados polo seu propio empuxe f\u00edsico. Necesidades, como se ve, que son unha e a mesma e que, por esa mesma raz\u00f3n, acaban d\u00e1ndolle ao conxunto das s\u00faas exposici\u00f3ns esa atmosfera de misticismo abstracto ou de abstracci\u00f3n m\u00edstica que caracterizan calquera intento art\u00edstico rigoroso de facer emerxer a espiritualidade da materia e das acci\u00f3ns f\u00edsicas m\u00e1is elementais. Pero ollo. A espiritualidade, neste caso, de quen nunca o\u00edu falar de Deus ou de quen nunca reflexionou sobre se existe vida tras a morte. Porque as figuras de \u00c1lvaro de la Vega non son primitivas no sentido en que o era o primeiro hom\u00ednido que empregou unha pedra de s\u00edlex. Sono no sentido en que un humano est\u00e1 cansado de saber e de converterse no seu saber. \u00c9 significativa, nese sentido, esa figura de madeira descabezada cuxa cabeza aparece proxectada \u00e1s s\u00faas costas nunha mara\u00f1ada rectangular de arame curvado sobre unha parede, e que parece reducir calquera universo a d\u00faas dimensi\u00f3ns b\u00e1sicas. <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><i>Pose <\/i><\/span><span style=\"font-size: medium;\">\u00e9 o significativo t\u00edtulo, un t\u00edtulo, como toda a s\u00faa obra, dominado pola radiaci\u00f3n de fondo dunha sutil iron\u00eda human\u00edstica. Ou <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><i>Berrar nas paredes, <\/i><\/span><span style=\"font-size: medium;\">onde esas d\u00faas figuras que parecen cantar un himno-grito ao absurdo, nin sequera agardan o eco das s\u00faas voces porque, para \u00c1lvaro, as acci\u00f3ns sempre son unha primeira acci\u00f3n, unha causa a\u00ednda sen efecto. O mesmo que lle sucede a esas <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><i>Trece mulleres, <\/i><\/span><span style=\"font-size: medium;\">ou a ese home en suspensi\u00f3n que ignora as contorsi\u00f3ns exhibicionistas dos ol\u00edmpicos. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro-II.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-11888\" alt=\"alvaro II\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro-II.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro-II.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro-II-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/alvaro-II-144x144.jpg 144w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Porque, como di o propio \u00c1lvaro de la Vega, estas obras \u201cforon pensadas para manter unha guerra xorda pero teimuda cos elementos dun prisma. Fabrican un espazo claustrof\u00f3bico para rompelo e sa\u00edr del\u201d. Espazo claustrof\u00f3bico que \u00c1lvaro abandona homenaxeando, impl\u00edcita ou explicitamente, a artistas que admira. En <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><i>Baby, <\/i><\/span><span style=\"font-size: medium;\">ao pintor rom\u00e1ntico P. Otto Runge, obsesionado, como o propio \u00c1lvaro, polas dimensi\u00f3ns rom\u00e1ntico-xeom\u00e9tricas do espazo; en <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><i>Homenaxe a Gericault<\/i><\/span><span style=\"font-size: medium;\">, a este pintor franc\u00e9s, cunha iron\u00eda xenial, meton\u00edmica, sobre a ontolox\u00eda cabalar, que vale tam\u00e9n, como non pod\u00eda ser doutro xeito nun escultor \u201cexpresionista\u201d, para a ontolox\u00eda humana. Parafraseando a Schiller, poderiamos dicir que contra a estupidez, os escultores loitan en van. \u201cA arte e o artista son unha sesi\u00f3n de autopsia. Sen descanso. Cortan, buscan, cosen e volta a empezar\u201d, di \u00c1lvaro de la Vega. E o espectador entra na parede e no chan e no peso das esculturas tal cal o cabalo entra na parede. Como no eterno retorno, m\u00e1is que aceptar o seu destino, o espectador \u00e1mao fronte a unha exposici\u00f3n que o invita a entrar nun prisma claustrof\u00f3bico que debe romper se quere sa\u00edr del, e que o obriga a gritar, en silencio, fronte \u00e1 parede da s\u00faa propia e est\u00e9ril intelixencia.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">*<span style=\"font-size: medium;\">TEXTO PARA O CAT\u00c1LOGO DA EXPOSICI\u00d3N <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><i>\u00c1LVARO DE LA VEGA. PRONOMES REFLEXIVOS <\/i><\/span><span style=\"font-size: medium;\">(GALER\u00cdA DE ARTE DO CONVENTO DO ESP\u00cdRITO SANTO-LOUL\u00c9) CELEBRADA DO 29 DE NOVEMBRO DE 2019 A 18 DE XANEIRO DE 2020.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\n<p align=\"justify\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0A pesar de que vivimos tempos obsesionados por conseguir que os robots te\u00f1an unha cada vez maior intelixencia, os expertos consideran que non debemos preocuparnos mentres te\u00f1an a intelixencia dun r\u00e9ptil, dunha rata ou dun can. O problema vir\u00e1 cando cheguen a ter a intelixencia dun mono, pois os monos son conscientes de &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11886\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A parede da conciencia*<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,7,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11886"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11886"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11886\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11889,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11886\/revisions\/11889"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11886"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11886"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11886"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}