{"id":11962,"date":"2020-03-22T06:00:06","date_gmt":"2020-03-22T06:00:06","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11962"},"modified":"2020-03-09T08:01:17","modified_gmt":"2020-03-09T08:01:17","slug":"v-w","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11962","title":{"rendered":"V. W."},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/ZJLQZT90WR.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-11963\" alt=\"ZJLQZT90WR\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/ZJLQZT90WR-300x240.jpg\" width=\"300\" height=\"240\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/ZJLQZT90WR-300x240.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/ZJLQZT90WR-900x720.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/ZJLQZT90WR.jpg 960w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Mauricia Ces Quint\u00e1ns.\u00a0<\/strong><\/em>Sempre \u00e9 outono, pensou. Si, tres meses de intenso outono. Desbordante, febril, sen compaix\u00f3n; sen concesi\u00f3ns. Leu por segunda vez ata a p\u00e1xina 29 da novela de Virginia Woolf \u201cLa se\u00f1ora Dalloway\u201d e decidiu que \u00eda imitala. Claro que sempre poder\u00eda volverse atr\u00e1s; non facelo. Iso ser\u00eda o m\u00e1is probable.\u00a0Probable era moito arriscarse. O acertado, sen lugar a d\u00fabida, ser\u00eda non enganarse a si mesma<!--more-->; sab\u00eda perfectamente, como todo o mundo era consciente, que nunca far\u00eda tal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Por que non dicilo claramente: persistir na nebulosa idea da posibilidade remota de que ela poder\u00eda alg\u00fan d\u00eda tomar a improbable decisi\u00f3n descerebrada de que ela, precisamente, ela, ela soa, ser\u00eda quen de comezar a escribir como Virginia Woolf, nada menos, unha novela\u2026 Nada menos unha novela. Nada menos V.W. Ter\u00eda graza, se resultase gracioso. Se a defunta levantase a cabeza, volver\u00eda deitarse e pechar\u00eda ben a porta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero era un comezo, animouse por un momento; s\u00f3 por un breve instante. En seguida recordou os m\u00faltiples impedimentos que a far\u00edan abortar, como ben sab\u00eda, nesa mesma ma\u00f1\u00e1. Complicaci\u00f3ns que far\u00edan imposible que levara a efecto tal decisi\u00f3n. Decisi\u00f3n, posto que non ti\u00f1a consciencia de que escribir unha novela fose un desexo propio. Un desexo verdadeiramente aprehensivo para si, tanxible, ag\u00e1s remotamente. Como o de ser aut\u00f3noma internacional ou empresaria de \u00e9xito. Profesi\u00f3ns para as cales non se cr\u00eda, con toda raz\u00f3n, capacitada. Nin sequera actriz ou bailarina; actividades para as que se conced\u00eda certa destreza optimista, e nas que, poder\u00eda incluso despuntar, se se tivese tomado en serio e interesado. Ou que lle tocase o gordo da loter\u00eda sen xogalo. Pero sempre era outono.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0Sobre todo, sempre era outono, chov\u00eda con intensidade, e o d\u00eda era gris. E a borrasca Elsa vir\u00eda seguida pola de Fabi\u00e1n, e era imposible subtraerse a esa sensaci\u00f3n de outono e a falta de luz era en si mesma o primeiro impedimento. Ademais, sendo sincera como era obrigado para que a s\u00faa novela, unha novela tivese \u00e9xito e fose crible, para chegar ao p\u00fablico, aos lectores, \u00e1 xente, sab\u00edao de sempre, non ti\u00f1a nada que contar. Non dispu\u00f1a de materia nin f\u00edo de onde tirar para que resultase unha historia estruturada e coherente: non ti\u00f1a tema.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/F7IQTYEPA4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-11964\" alt=\"F7IQTYEPA4\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/F7IQTYEPA4-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/F7IQTYEPA4-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/F7IQTYEPA4-900x600.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/F7IQTYEPA4.jpg 960w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Luc\u00eda, en realidade, non tomaba decisi\u00f3ns. As decisi\u00f3ns vi\u00f1an a ela. Asalt\u00e1bana, mentres esperaba tomar unha decisi\u00f3n; igual que unha hora \u00e9 asaltada pola seguinte no inesperado, preciso momento, en que sucede o \u00faltimo segundo da hora anterior.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Outro atranco era o tempo. Tendo en conta a s\u00faa idade, pensaba, e co que se tarda en escribir unha novela, interrompido necesariamente por necesidades biol\u00f3xicas, fisiol\u00f3xicas, sociais, laborais, familiares, de todo tipo e calidade (nalg\u00fan momento ter\u00eda fame, deber\u00eda coci\u00f1ar, facer recados, retellar; ir a o ba\u00f1o; muxir), non compensar\u00eda esa dedicaci\u00f3n, nin no improbable caso de que fose recibir o Nobel. Posiblemente nunca chegar\u00eda ao final. Esta \u00faltima posibilidade, pola contra, alegrouna e animouna. Non ter\u00eda que pensar o final.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E como todo chega, se espere ou non, ese momento, esa hora, crucial, fat\u00eddica, onde converxen decisi\u00f3n e indecisi\u00f3n no punto \u00e1lxido da par\u00e1bola, chegou sen demora. Son as 14:00 horas. Luc\u00eda nota o estrangulado miar dun gato entre as costas. Non ten nada para comer. A decisi\u00f3n torna agora inevitable, clara, perentoria.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Outra cousa: \u00e9 outono; e as uvas est\u00e1n verdes, dixo o lobo. Luc\u00eda, a\u00ednda que ti\u00f1a fame, abre unha lata de cervexa, prende un pito e mira chover pola vent\u00e1. No mar, as ovellas brincan con violencia os valados. Despois baleirar\u00eda a auga do deshumidificador e colocar\u00eda nas vent\u00e1s as luces de Nadal. Pero antes, antes ir\u00eda comer \u00e1 de s\u00faa nai. Non por comer; xa non ti\u00f1a fame. Por sa\u00edr, por velos, por que a visen (desde que non era de todo necesaria sent\u00edase orfa; antoll\u00e1base prescindible). Por cambiar de hora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por \u00faltimo, virando a decisi\u00f3n, optou por retomar a lectura. A ver que ti\u00f1a que dicir V.W., que xa ti\u00f1a o choio feito, e avanzar unhas p\u00e1xinas. Custar\u00edalle m\u00e1is cadrar a forma. Por iso, adoptando un concepto propio da ductilidade, decidiu crer na resurrecci\u00f3n (a\u00ednda que fose en vexetal ou ch\u00edcharo), con vistas a un futuro con tantas posibilidades.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mauricia Ces Quint\u00e1ns.\u00a0Sempre \u00e9 outono, pensou. Si, tres meses de intenso outono. Desbordante, febril, sen compaix\u00f3n; sen concesi\u00f3ns. Leu por segunda vez ata a p\u00e1xina 29 da novela de Virginia Woolf \u201cLa se\u00f1ora Dalloway\u201d e decidiu que \u00eda imitala. Claro que sempre poder\u00eda volverse atr\u00e1s; non facelo. Iso ser\u00eda o m\u00e1is probable.\u00a0Probable era moito arriscarse. &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=11962\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">V. W.<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[94,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11962"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11962"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11962\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11965,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11962\/revisions\/11965"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11962"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11962"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11962"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}