{"id":12075,"date":"2020-04-11T06:00:05","date_gmt":"2020-04-11T06:00:05","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12075"},"modified":"2020-04-08T20:20:45","modified_gmt":"2020-04-08T20:20:45","slug":"aproveitar-unha-boa-crise","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12075","title":{"rendered":"Aproveitar unha boa crise"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Hirukide_categor\u00eda-especial_2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12076\" alt=\"Hirukide_categor\u00eda-especial_2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Hirukide_categor\u00eda-especial_2-300x207.jpg\" width=\"300\" height=\"207\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Hirukide_categor\u00eda-especial_2-300x207.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Hirukide_categor\u00eda-especial_2-900x623.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Hirukide_categor\u00eda-especial_2.jpg 941w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Escr\u00edbenme varios amigos desde o confinamento polo coronavirus e d\u00edgolles algo que xa dixera Churchill: <i>Nunca desperdicies unha boa crise. <\/i>Intento mandar unha mensaxe optimista, do tipo da que manda Steve Jobs no seu famoso discurso na Universidade de Stanford. Aos 30 anos foi despedido de Apple, a exitosa empresa que el mesmo creara, e pensou en irse para sempre de Silicon Valley<!--more-->, pero axi\u00f1a cambiou de idea. Xa que segu\u00eda amando ese mundo, decidiu comezar de novo, e acabou decat\u00e1ndose de que ese fracaso en Apple era o mellor que lle pod\u00eda pasar. A rabia e a incerteza polo futuro estimularon a s\u00faa creatividade, e fundou NeXT, que acabou adquirindo Apple, polo que el volveu \u00e1s s\u00faas orixes, e Pixar, o estudo de animaci\u00f3n m\u00e1is exitoso do mundo. Jobs resumiullo as\u00ed aos estudantes. \u201c\u00c1s veces a vida golpea a cabeza cun ladrillo. Non perdan a fe. Estou convencido de que o \u00fanico que me manti\u00f1a era que amaba o que fac\u00eda\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non te\u00f1o ningunha d\u00fabida de que a de Jobs \u00e9 a mellor mensaxe que se pode enviar. Pero, ao mesmo tempo, irr\u00edtame. As s\u00faas circunstancias persoais non son universais. Non todo o mundo traballa en algo que ame. Non todo o mundo atopa a s\u00faa vocaci\u00f3n. Non todo o mundo ten a s\u00faa capacidade creativa. Non todo o mundo ten unha indemnizaci\u00f3n que lle permite abordar o futuro sen pr\u00e9sas. \u00c9 a raz\u00f3n de que acabe rexeitando discursos as\u00ed, t\u00edpicos de persoas, normalmente moi intelixentes e con \u00e9xito na vida, pero pouco emp\u00e1ticas. Son discursos que soan moi ben no mundo dos privilexiados, pero que deprimen a maior\u00eda da xente, pois fan o mesmo efecto que eses consellos (sal da casa, pasea, al\u00e9date) que lles d\u00e1mos a unha persoa deprimida, sen decatarnos de que \u00e9 xustamente o que non poden facer. Con boa intenci\u00f3n, o \u00fanico que conseguimos \u00e9 aumentar o seu estado depresivo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O mesmo pode pasar cando lles recomendo a frase de Churchill aos amigos confinados. \u00c9 f\u00e1cil dicilo nas condici\u00f3ns nas que vivimos eu e a mi\u00f1a muller: sen fillos, sen persoas enfermas, con h\u00e1bitos caseiros consumados e m\u00faltiples posibilidades de ocio (lecturas, cine, exposici\u00f3ns online, m\u00fasica), e con suficiente madurez e espazo para ter vida propia. Pero non son as condici\u00f3ns m\u00e1is frecuentes. Por iso, como son profesor, non deixo de pensar que non son as condici\u00f3ns familiares dalg\u00fans dos meus alumnos, e non me refiro \u00e1s socioecon\u00f3micas, sen\u00f3n \u00e1s estritamente familiares, esas que te\u00f1en que ver cunhas relaci\u00f3ns de convivencia dram\u00e1ticas xa en condici\u00f3ns normais, e que poden afectar por igual a ricos e pobres. Imaxinalos un mes sen poder sa\u00edr da casa con dous ou tres irm\u00e1ns m\u00e1is e uns pais pouco razoables e con mala relaci\u00f3n entre eles, estrem\u00e9ceme, e l\u00e9vame a pensar en darlles, non o consello de Churchill ou de Steve Jobs, sen\u00f3n o consello estoico: acepta o destino, conv\u00e9ncete de que non podes cambiar as cousas, mant\u00e9n o teu estado de \u00e1nimo, \u00e1 marxe dos demais, suceda o que suceda ao teu redor.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Escr\u00edbenme varios amigos desde o confinamento polo coronavirus e d\u00edgolles algo que xa dixera Churchill: Nunca desperdicies unha boa crise. Intento mandar unha mensaxe optimista, do tipo da que manda Steve Jobs no seu famoso discurso na Universidade de Stanford. Aos 30 anos foi despedido de Apple, a exitosa empresa que el mesmo &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12075\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Aproveitar unha boa crise<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12075"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12075"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12075\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12077,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12075\/revisions\/12077"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12075"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12075"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12075"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}