{"id":12138,"date":"2020-05-09T06:00:17","date_gmt":"2020-05-09T06:00:17","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12138"},"modified":"2020-05-03T11:20:35","modified_gmt":"2020-05-03T11:20:35","slug":"atlas-de-alba-cid","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12138","title":{"rendered":"Atlas, de Alba Cid"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/9788491514121.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12139\" alt=\"9788491514121\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/9788491514121-220x300.jpg\" width=\"220\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/9788491514121-220x300.jpg 220w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/9788491514121.jpg 229w\" sizes=\"(max-width: 220px) 100vw, 220px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>A poes\u00eda non \u00e9, nin moito menos, o x\u00e9nero ao que m\u00e1is tempo dedico, pero si o que me depara momentos de maior pracer intelectual, e no que podo desfrutar con m\u00e1is paix\u00f3n dos extremos, desde os poemas m\u00e1is claros e cristalinos de Rosal\u00eda ata os m\u00e1is escuros e cr\u00edpticos de Manuel Antonio, desde os m\u00e1is rom\u00e1nticos de Neruda aos m\u00e1is sucios de Bukowski, desde os m\u00e1is sentimentais e l\u00edricos de Rub\u00e9n Dar\u00edo aos m\u00e1is prosaicos e narrativos de Anne Carson. E prod\u00faceme ese pracer, seino, porque non entendo moito de poes\u00eda, e leo os poemas como cartas que me manda un amigo ao que s\u00f3 lle esixo, m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faa forma de expresarse, que sempre respecto, a maior das sinceridades.<!--more--> Dito doutra forma. Non valoro un poema porque sexa tan perfecto que se lle cambias unha soa palabra ou un signo de puntuaci\u00f3n ou un espazo en branco, se autodestr\u00faa. Val\u00f3roo se percibo nel (e non me pidades que explique como) esa autenticidade, tan dif\u00edcil de conseguir nunha construci\u00f3n tan planificada, que \u00e9, para min, o signo distintivo da s\u00faa grandeza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Tiven unha desas experiencias marabillosas lendo o outro d\u00eda un libro da poeta ourens\u00e1 Alba Cid titulado <i>Atlas. <\/i>Non vou entrar agora no contido porque \u00e9 un deses libros que, ou desentra\u00f1as ata o m\u00e1is m\u00ednimo detalle cada imaxe, s\u00edmbolo ou referencia (o cal requirir\u00eda, probablemente, un talmud de comentarios), e estableces deseguido un marco xeral que os relacione, e no que ti e o poema respiredes conxuntamente, ou non ser\u00e1s capaz de expresar nada que non soe (e isto \u00e9 o que menos merece este sorprendente e orixinal libro) a t\u00f3pico ou a comentario para sa\u00edr do paso. Se tivese que facelo, dir\u00eda algo as\u00ed: \u201c<i>Atlas<\/i>, mestura de ensaio, narraci\u00f3n e verso, tensa os l\u00edmites da poes\u00eda, incluso do propio libro, pois a s\u00faa radicalidade hai que inserilo nunha tradici\u00f3n po\u00e9tica chea de desaf\u00edos, desacatos e rupturas. A poes\u00eda galega xa co\u00f1eceu, desde Manuel Antonio, todo tipo de experimentos e sabotaxes formais, pero este \u00e9 moi especial. A s\u00faa dicci\u00f3n antil\u00edrica recorda \u00e1s veces a de Marianne Moore. E os seus extrav\u00edos verbais deben non pouco ao magma de John Ashbery. E ao mesmo tempo \u00e9 imposible incardinar a s\u00faa obra nunha determinada corrente, tendo creado ela mesma un espazo de reflexi\u00f3n a un mesmo tempo cl\u00e1sico e impredicible.<\/p>\n<figure id=\"attachment_12140\" aria-describedby=\"caption-attachment-12140\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/OE9C10F2_1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-12140\" alt=\"Foto: La Voz de Galicia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/OE9C10F2_1-300x169.jpg\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/OE9C10F2_1-300x169.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/OE9C10F2_1-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/OE9C10F2_1-900x507.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/OE9C10F2_1.jpg 1278w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-12140\" class=\"wp-caption-text\">Foto: La Voz de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste libro hai unha dimensi\u00f3n cr\u00edtica, ensa\u00edstica, pero tam\u00e9n ficticia. Boa parte do impacto que produce Atlas estriba na s\u00faa capacidade para crear un espazo amplo, baleiro e an\u00f3nimo de subxectividade cr\u00edtica\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Diredes v\u00f3s: para non entender de poes\u00eda, como soltas a melena ao vento! Non. Non me contradigo. Esas palabras entres aspas non son mi\u00f1as. Son dun tipo (parafraseadas por min) que si sabe moito de poes\u00eda, Andreu Jaume, escritas no limiar dun libro que eu recordei (l\u00e9rao hab\u00eda un mes) en canto comecei a ler <i>Atlas<\/i>: <i>A beleza do marido (un ensaio narrativo en 29 tangos) <\/i>de Anne Carson, a quen a propia Alba Cid cita nalg\u00fan momento. Deixarei que fale o libro por si mesmo (cunha cita que s\u00f3 pode ser extensa), para que vexades o ton, o estilo e a tremenda complexidade, pero unha complexidade creadora dese misterio onde os seres humanos necesitamos entrar se queremos ser realmente humanos, que domina <i>Atlas<\/i>: <i>eu, que levo garzas simetricamente opostas sobre o peito, \/ xurei ante os cinco emperadores que o equilibrio non exist\u00eda, que \/ se as garzas sosti\u00f1an os r\u00edos de toda a porcelana chinesa \/ era tan s\u00f3 \/ por un mecanismo de bloqueo na articulaci\u00f3n. \/\/ premi\u00e1ronme por arriscar todo na defensa. \/ uns anos despois escribinche. dic\u00eda: \/ Rostock, seis de xullo, \/ que atroz interromperte; ver\u00e1s, \/ necesito que entendas a utilidade de certo tipo de feridas. \/ estou rematando un ensaio<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/EU_TaoHXkAAtkNU.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12141\" alt=\"EU_TaoHXkAAtkNU\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/EU_TaoHXkAAtkNU-239x300.jpg\" width=\"239\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/EU_TaoHXkAAtkNU-239x300.jpg 239w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/EU_TaoHXkAAtkNU.jpg 816w\" sizes=\"(max-width: 239px) 100vw, 239px\" \/><\/a> \/ sobre as condici\u00f3ns pre-modernas da migraci\u00f3n das aves, \/ e as especies tratadas, desde Arist\u00f3teles, como viaxeiras \u00e1 l\u00faa \/ ou mari\u00f1eiras que raramente volven. \/\/ estudei incluso un panfleto de 1703 \/ que defende a comu\u00f1\u00f3n das andori\u00f1as, \/ a s\u00faa reuni\u00f3n en pantanos \/ e a coreograf\u00eda que respectan para pousarse nos xuncos \/ at\u00e9 afundilos. \/ invernan baixo as augas, na calma hipn\u00f3tica dos lameiros, \/ e por iso emerxen tan klein mollado en primavera. <\/i>E o poema segue para dar sentido ao t\u00edtulo: <i>Historia ap\u00f3crifa do descubrimento das migraci\u00f3ns ou o sacrificio das pfeilst\u00f6rche. <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Cando lin a Manuel Antonio por primeira vez aos meus 16 anos, molestoume enormemente a s\u00faa poes\u00eda, mesmo me pareceu artificial e pedante, pero, en canto pechei o libro, non puiden evitar entrar mentalmente naquel poemario, e pasei m\u00e1is de corenta anos desexando comprender (pero, que significa comprender?) aquel misterio, non por un prurito cr\u00edtico, sen\u00f3n por calmar unha ansiedade persoal moi profunda. E sabedes por que era un misterio no que me apetec\u00eda entrar? Porque a\u00ednda que non entend\u00eda case nada, percib\u00eda esa autenticidade e esa sinceridade de amigo, esa necesidade esencial de escribir aquel libro, que \u00e9 a marca dos poetas que me gustan. O mesmo sucede con <i>Atlas<\/i>. E a proba m\u00e1is evidente, para a mi\u00f1a sensibilidade, \u00e9 que de Alba Cid pode dicirse o que alg\u00fan cr\u00edtico dixo dunha escritora, Siri Hustvedt, que a ela, case con toda seguridade, lle debe encantar. Que non finxe non saber.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0A poes\u00eda non \u00e9, nin moito menos, o x\u00e9nero ao que m\u00e1is tempo dedico, pero si o que me depara momentos de maior pracer intelectual, e no que podo desfrutar con m\u00e1is paix\u00f3n dos extremos, desde os poemas m\u00e1is claros e cristalinos de Rosal\u00eda ata os m\u00e1is escuros e cr\u00edpticos de Manuel Antonio, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12138\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Atlas, de Alba Cid<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,10,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12138"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12138"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12138\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12142,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12138\/revisions\/12142"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12138"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12138"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12138"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}