{"id":12171,"date":"2020-05-15T06:00:10","date_gmt":"2020-05-15T06:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12171"},"modified":"2020-05-14T09:20:04","modified_gmt":"2020-05-14T09:20:04","slug":"a-ferraxaria-do-xailo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12171","title":{"rendered":"A ferraxar\u00eda do Xailo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/FERRAXAR\u00cdA.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12180\" alt=\"FERRAXAR\u00cdA\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/FERRAXAR\u00cdA-300x176.png\" width=\"300\" height=\"176\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/FERRAXAR\u00cdA-300x176.png 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/FERRAXAR\u00cdA.png 548w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Ramiro Ouvi\u00f1a O.\u00a0<\/strong><\/em>No hospital a\u00ednda non saben por que o levou tan r\u00e1pido, pero, iso si, t\u00e9\u00f1enlle reservado un lugar especial na estat\u00edstica de casos excepcionais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c1urea estaba segura de que se Xil, o seu marido, puidese escoller cando morrer e como ser enterrado escoller\u00eda precisamente isto, o que lle tocou.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Adoradora, consciente e pr\u00e1ctica da certeza da morte, sent\u00eda unha fonda satisfacci\u00f3n polas obrigaci\u00f3ns que a condici\u00f3n de confinamento provocada pola peste do coronavirus lle impo\u00f1\u00eda: sen velorio non hab\u00eda gastos de caf\u00e9 nin augardente, e sen acompa\u00f1amento, o cadaleito barato, tan barato como merec\u00eda o que entend\u00eda ela era o seu destino final, o de ser alimento de vermes e humidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na soidade do cuarto que, tal coma hoxe, foi acubillo dos seus durmires m\u00e1is que das s\u00faas paix\u00f3ns, \u00c1urea sente abrollar lembranzas que non sab\u00eda que gardaba. E g\u00fastalle.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dende ben rapaz, Xil aprendeu que os que ti\u00f1an era principalmente porque nin daban, nin repart\u00edan. As duras codias de pan de millo molladas na auga do pozo, que foron o seu xornal na casa do se\u00f1or Duarte onde entrou a servir nada m\u00e1is cumprir dez anos, axi\u00f1a formaron parte do seu coraz\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cursou escola no tempo da adolescencia pasado nas feiras. Aquela gran cerimonia da confusi\u00f3n ench\u00eda plenamente o seu corpo e o seu esp\u00edrito, que se as bestas ti\u00f1an, tam\u00e9n a el se lle pod\u00eda supor. O balbordo de animais e persoas, os romances de cego mesturados coas lada\u00ed\u00f1as dos feirantes, os cheiros do gando e o arrecendo dos caldeiros de polbo e de carne, e do vi\u00f1o duro da terra deitado enriba das longas mesas de madeira desbastada polo uso coti\u00e1n, eran a maior e mellor experiencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como todo sentimento, tam\u00e9n lle deron a primeira desilusi\u00f3n, cando se decatou de que nunca ter\u00eda cartos dabondo para ser gandeiro. Nin ter\u00eda, e iso do\u00edalle moito m\u00e1is, a presenza do se\u00f1or Duarte, cacique da parroquia de Mui\u00f1ar, e cabeza, grande por certo, da casa dos Soutomi\u00fado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non puido chegar a gandeiro, pero si a vender o que gandeiros e labregos precisaban. Primeiro fouces e despois lego\u00f1as, sachos ou gada\u00f1as, fixeron de Xil un imprescind\u00edbel de calquera feira merecente de tal nome.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Deixou a casa do se\u00f1or Duarte e buscou nova pousada onda a avoa Carme. Arranxou as cortes, agora baldeiras, e converteunas no almac\u00e9n onde gardar tanto o que lle fabricaba o ferreiro de Mui\u00f1ar de Abaixo como o que ti\u00f1a que encargar lonxe. E cando as feiras comezaron a desaparecer e a cambiar, el cambiou con elas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/ferreteria-coronavirus-1-maig-2002.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-12173\" alt=\"ferreteria-coronavirus-1-maig-2002\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/ferreteria-coronavirus-1-maig-2002-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/ferreteria-coronavirus-1-maig-2002-300x199.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/ferreteria-coronavirus-1-maig-2002-1024x682.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/ferreteria-coronavirus-1-maig-2002-900x599.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/ferreteria-coronavirus-1-maig-2002.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Alugou na vila os baixos dun novo edificio de vivendas e abriu a Ferraxar\u00eda Xil, que sen el saber axi\u00f1a foi alcumada \u201cdo Xailo\u201d. Medraron dono e empresa. Nos amplos andeis, ferramentas do agro e das novas profesi\u00f3ns conviv\u00edan sen problemas. Un pouco m\u00e1is al\u00f3, xuntos pero non revoltos, ofrec\u00edanse as pezas de coci\u00f1a e os obxectos de bazar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E casou. Xa hab\u00eda tempo que lle botara o ollo a aquela rapaza, \u00c1urea, veci\u00f1a porta con porta coa casa materna. Sa\u00edume boa, pensaba sen dicir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cando as feiras, os labregos e os gandeiros marcharon cos dinosauros, abriu a Ferraxar\u00eda aos de \u201cfaino ti mesmo\u201d e \u00e1 subministraci\u00f3n a empresas e aut\u00f3nomos. E onde antes estaban ferramentas agora fachendeaban televisi\u00f3ns, lavadoras, m\u00f3biles e outros aparellos para o fogar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O coronavirus e o confinamento pill\u00e1rono por sorpresa, \u00e1 surdina. Pero non era Xil home que se arredara diante das dificultades. Non. Non estaba no seu ADN.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0Pechou a porta da ferraxar\u00eda, mandou os traballadores, e mais el, ao paro e pasou \u00e1 situaci\u00f3n de emerxencia. Ben provisto de m\u00e1scara, pantalla, luvas, traxe de seguridade e m\u00f3bil p\u00faxose a disposici\u00f3n de quen o precisara. Foi ao tempo dependente, chofer e caixeiro. \u00b4Tivo moito coidado de non entrar en contacto cos clientes, que louvaban o seu sentido do traballo e a s\u00faa dedicaci\u00f3n \u00e1 empresa e a eles. Coidadoso e precavido, s\u00f3 cobraba en efectivo. Nada de tarxeta nin transferencia. Xa ter\u00eda el tempo de falar co banco cando fose facer os ingresos. Pola noite, ao chegar \u00e1 casa, f\u00f3ra protecci\u00f3n; ducha, e roupa limpa e unha cervexa para o acompa\u00f1ar no reconto do total do d\u00eda e do gardado na caixa forte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nunca pensou Xil que foran os cartos, que tanto quer\u00eda, os que lle meteran o bicho no corpo. Foron as mans sen luvas? A cara sen m\u00e1scara nin pantalla?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ramiro Ouvi\u00f1a O.\u00a0No hospital a\u00ednda non saben por que o levou tan r\u00e1pido, pero, iso si, t\u00e9\u00f1enlle reservado un lugar especial na estat\u00edstica de casos excepcionais. \u00c1urea estaba segura de que se Xil, o seu marido, puidese escoller cando morrer e como ser enterrado escoller\u00eda precisamente isto, o que lle tocou.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[9,100],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12171"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12171"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12171\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12181,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12171\/revisions\/12181"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12171"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12171"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12171"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}