{"id":12184,"date":"2020-05-23T06:00:28","date_gmt":"2020-05-23T06:00:28","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12184"},"modified":"2020-05-18T07:06:51","modified_gmt":"2020-05-18T07:06:51","slug":"en-memoria-de-xose-luis-franco-grande","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12184","title":{"rendered":"En memoria de Xos\u00e9 Lu\u00eds Franco Grande"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_12186\" aria-describedby=\"caption-attachment-12186\" style=\"width: 323px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/GM31P46F3_153214.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-12186 \" alt=\"\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/GM31P46F3_153214.jpg\" width=\"323\" height=\"181\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-12186\" class=\"wp-caption-text\">Foto: La Voz de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>X. Ricardo Losada. <\/strong><\/em>A primeira vez que vin en persoa a Xos\u00e9 Lu\u00eds Franco Grande baixaba dun vello Mercedes verde. Eu estaba nunha cafeter\u00eda da praza de Castelao en Rianxo e el acababa de aparcar. Mentres o v\u00eda acercarse \u00e1 terraza onde eu estaba, pensei que lle gustaba pasar desapercibido, mesmo, algo que confirmei despois, que o dominaba unha moi grande timidez.<!--more--> Emocionoume pensar que aquel home que agardaba era un dos grandes poetas da literatura galega e o creador do primeiro dicionario da nosa lingua, ademais da persoa que mellor describira, por moito que fora tanxencial e unilateralmente, un momento apaixonante da historia do meu pa\u00eds: o reto de definir a cultura e a patria galegas no franquismo e nos primeiros anos de democracia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pasamos unha tarde marabillosa pois, desde o primeiro momento, Xos\u00e9 Lu\u00eds creou un clima de confianza, mesmo de camarader\u00eda, que me sorprendeu. Uns meses antes pux\u00e9rame en contacto con el porque estaba escribindo unha biograf\u00eda de Faustino Rey Romero, e el co\u00f1ec\u00e9rao persoalmente no seu Tomi\u00f1o natal cando o crego rianxeiro exerc\u00eda al\u00ed en tres parroquias. Paseamos por Rianxo, visitamos a casa de Rafael Dieste, e acerc\u00e1monos ao cemiterio de Isorna a visitar o pante\u00f3n do amigo e a persoa que m\u00e1is o animara na s\u00faa mocidade a ser poeta. Non tiven ningunha d\u00fabida, durante aquela visita, de que Xos\u00e9 Lu\u00eds valoraba moito, como despois sempre me demostrou, a amizade e, algo m\u00e1is raro e meritorio, que era unha persoa agradecida. Mesmo quixo co\u00f1ecer a casa natal, en ru\u00ednas, e a casa onde vivira don Faustino cando estivera castigado polo bispo de Tui. Da conversa que tivemos nesa casa coa irm\u00e1 do poeta dos merlos, s\u00f3 recordo o interese de Xos\u00e9 Lu\u00eds por saber o significado concreto que lle daban en Isorna a algunhas palabras que ela empregaba, distinto en moitas ocasi\u00f3ns, e iso produc\u00edalle, a ollos vista, un enorme gozo, do que lle daban en Tomi\u00f1o ou noutras vilas galegas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A partir dese d\u00eda, non nos vimos en moitas ocasi\u00f3ns, pero si mantivemos un contacto regular e intenso a trav\u00e9s do correo electr\u00f3nico. De todos xeitos, hai dous momentos que quero recordar agora, momentos que revelan, segundo o seu propio maxisterio, a s\u00faa personalidade, mellor que calquera estudo psicol\u00f3xico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/CA1C6F3_3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-12185 alignleft\" alt=\"Foto: La Voz de Galicia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/CA1C6F3_3.jpg\" width=\"277\" height=\"155\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O primeiro, o d\u00eda que visitei con el e cun afamado avogado amigo seu o museo de Manuel Antonio en Rianxo. S\u00f3 podo dicir daquel d\u00eda o mesmo que xa dixen antes. Tanto no vi\u00f1o que tomamos nunha terraza da praza da Igrexa, como na saborosa comida dun restaurante da vila, como no longo paseo que demos, un d\u00eda de moita calor, pola casa dos Baltar, as praias de Tanxil e Tronco, a punta de Fincheira e o porto de Rianxo, o \u00fanico que sent\u00edn foi que estaba con dous vellos amigos, que me levaban vinte e cinco anos, recordando unha infancia com\u00fan naqueles lugares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O segundo recordo \u00e9 m\u00e1is recente. Fai agora dous anos presentei en Rianxo o meu libro <i>Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego, <\/i>que lle dediquei con estas sentidas palabras: <i>Poucas veces un xeneral se pon \u00e1s ordes dun soldado raso. <\/i>Xos\u00e9 Lu\u00eds, non \u00e9 que estivera acompa\u00f1\u00e1ndome na mesa, \u00e9 que me fixo sentir que, de verdade, era un honor para el estar naquela mesa presentando aquel libro meu, un libro sobre o que xa con anterioridade (el adoitaba mandarme os seus, e eu a el os meus, antes de publicalos) me dera valiosos consellos. Unha semana antes vi\u00f1era desde Vigo para&#8230; preparar comigo a s\u00faa intervenci\u00f3n! Despois do acto agardou m\u00e1is dunha hora (eran as once da noite e con 82 anos ti\u00f1a que volver a Vigo) a que eu rematase de asinar exemplares, e fomos cear a un restaurante do porto de Rianxo, acompa\u00f1ados das nosas respectivas mulleres. Era un d\u00eda de fr\u00edo, moito vento e moita chuvia. Pedimos un caldo que nos soubo, sobre todo a el, a gloria. Esa \u00e9 a imaxe que me veu \u00e1 cabeza o outro d\u00eda cando o amigo Xos\u00e9 Manuel Lobato me chamou para dicirme que morrera. Nin sabendo que escrib\u00eda e publicaba retratos sobre as persoas que co\u00f1ec\u00eda era posible estar con el doutra forma que non fora natural e entra\u00f1able como aquel caldo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Por todo iso, permitide que me despida del coa mesma f\u00f3rmula que el empregaba comigo nos seus correos, e que, ao mesmo tempo, nos une \u00e1 persoa que propiciou que nos co\u00f1ec\u00e9ramos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Que al\u00e1 onde esteas, Xos\u00e9 Lu\u00eds, cante o merlo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada. A primeira vez que vin en persoa a Xos\u00e9 Lu\u00eds Franco Grande baixaba dun vello Mercedes verde. Eu estaba nunha cafeter\u00eda da praza de Castelao en Rianxo e el acababa de aparcar. Mentres o v\u00eda acercarse \u00e1 terraza onde eu estaba, pensei que lle gustaba pasar desapercibido, mesmo, algo que confirmei despois, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12184\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">En memoria de Xos\u00e9 Lu\u00eds Franco Grande<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,10,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12184"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12184"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12184\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12191,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12184\/revisions\/12191"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12184"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12184"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12184"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}