{"id":12354,"date":"2020-10-05T06:00:29","date_gmt":"2020-10-05T06:00:29","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12354"},"modified":"2020-09-21T06:50:10","modified_gmt":"2020-09-21T06:50:10","slug":"o-sangue-dos-martires","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12354","title":{"rendered":"O sangue dos m\u00e1rtires"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/BL4C5F1_1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-12355\" alt=\"BL4C5F1_1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/BL4C5F1_1-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/BL4C5F1_1-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/BL4C5F1_1-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/BL4C5F1_1-900x506.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/BL4C5F1_1.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Desde os sacrificios de Ifixenia e de Isaac, ambos substitu\u00eddos no \u00faltimo momento, por un cervo ela e por un carneiro el, os entendidos aseguran que quedou marcado o momento en que os antigos sacrificios humanos se trocaron por animais. <!--more-->Parec\u00eda que a relaci\u00f3n coas divindades se humanizaba, pero non foi as\u00ed. Cando o deus omnipresente non pide sangue, ha de aparecer alg\u00fan omnipotente dirixente que, en nome da s\u00faa causa suprema, esixe o sanguinario e inhumano sacrifico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para deuses e para l\u00edderes o sangue v\u00e9n sendo, desde antigo, a auga que limpa o honor e a aldraxe. Cada agravio recibido non se cura se non \u00e9 coa execuci\u00f3n dunha vinganza que po\u00f1a \u00f3 vingador por encima do vingado, o cal implica un desquite compensatorio e as\u00ed, desquite tras vinganza, sempre en progresi\u00f3n xeom\u00e9trica, o sangue ofrecido a ese deus do honor, sen cara pero con odio, vai crecendo e queimando as naves da concordia. Non hai nada m\u00e1is popular que as pel\u00edculas de vaqueiros para explicar este proceso, onde a hostilidade, \u00e1s veces por algo insignificante, vai crecendo ata l\u00edmites insospeitados con r\u00faas e\u00a0<em>saloons<\/em>\u00a0cheos de cad\u00e1veres baleados. O\u00a0w\u00e9stern\u00a0\u00e9 un x\u00e9nero que deber\u00eda cumprir a funci\u00f3n de toda obra art\u00edstica, sinalar o problema e tratar de po\u00f1er orde nas ideas cara unha mellor convivencia, pero, pola contra, a\u00ednda fomenta unha violencia maior. A ver quen de todos n\u00f3s non quixo ser un pistoleiro m\u00e1is r\u00e1pido ca propia sombra.<\/p>\n<div id=\"6TEXTO_DETALLEad_RobaPaginasMobile-id\" itemscope=\"\" itemtype=\"https:\/\/schema.org\/WPAdBlock\" style=\"text-align: justify;\" data-ads=\"true\" data-url=\"\/4900\/webm.EXT.LAVOZDEGALICIA\/galicia\/barbanza\" data-mapping=\"ROBAMOBILE\" data-sizes=\"[[300,600],[300,250]]\" data-param=\"pos\" data-format=\"mobile\" data-targeting=\"robapaginas\">De cando en vez aparece algu\u00e9n que trata de reparar os males creados con proclamas pacifistas, pero por algunha raz\u00f3n \u00e1 que non chego, contra eles sempre aparece algu\u00e9n que nos faga caer nas mesmas.<\/div>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde antigo seguemos co mesmo problema de fondo: dous bandos eternamente enfrontados: os bos e os malos, os primeiros co deber de redimir e eliminar \u00f3s segundos e os segundos tratando de defenderse dos seus redimidores. Tantas veces, palabras como honor e aldraxe s\u00f3 esconden a desculpa para o odio, a envexa e a desconfianza. Hai m\u00e1is maldade nunha queixa do tipo \u00abmira o que me dixo\u00bb ca en ningunha declaraci\u00f3n de guerra, pois se con esta manifestas abertamente as intenci\u00f3ns de reparar pola brava unha suposta ofensa, con aquela estase tratando de buscar aliados para enrevesadas causas, para condenar \u00f3 ostracismo \u00f3 contrario.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Todos os deuses en todas as relixi\u00f3ns piden sangue, desde Troia ata a Xihad, pasando por cruzados e inquisidores, desde os cristi\u00e1ns en Roma, os xudeus en Alema\u00f1a, palestinos es Israel ou negros nos Estados Unidos. O sangue propiciatorio \u00e9 unha constante que se repite \u00f3 largo da historia, xustificada como un ben ou unha necesidade imprescindible. E cando non se pide directamente, aceptando ins\u00f3litos axustizamentos e martirios, fano de modo indirecto, loando o sacrificio dos seus fieis por manter a s\u00faa memoria, desde Sans\u00f3n levando por diante a miles de filisteos ata un shahid inmol\u00e1ndose nun mercado de Bagdad, procurando, egoistamente, arrastrar consigo o maior n\u00famero posible de inimigos que ofrecer. E se ben desde a antig\u00fcidade houbo te\u00f3logos que foron ideando a substituci\u00f3n do sangue humano polo do animal, que logo trocaron por ofrendas simb\u00f3licas como flores, cera ou moedas, a\u00ednda chegando \u00f3 ate\u00edsmo, houbo sempre, e hai, algu\u00e9n esixindo sangue, xa sexa un l\u00edder pol\u00edtico nos Balc\u00e1ns ou un grupo armado en occidente, erix\u00edndose en seguidor ou defensor dun ente superior, idea ou teima, para impo\u00f1er a s\u00faa orde particular.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Desde os sacrificios de Ifixenia e de Isaac, ambos substitu\u00eddos no \u00faltimo momento, por un cervo ela e por un carneiro el, os entendidos aseguran que quedou marcado o momento en que os antigos sacrificios humanos se trocaron por animais.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12354"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12354"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12354\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12356,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12354\/revisions\/12356"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12354"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12354"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12354"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}