{"id":12384,"date":"2021-01-18T06:00:13","date_gmt":"2021-01-18T06:00:13","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12384"},"modified":"2021-01-13T10:14:24","modified_gmt":"2021-01-13T10:14:24","slug":"facer-visibles-as-paisaxes-da-cidade-oculta-700-anos-da-muralla-de-noia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12384","title":{"rendered":"Facer visibles as paisaxes da cidade oculta, 700 anos da muralla de Noia"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/Facer-visibles-as-paisaxes-da-cidade-oculta.-Abril.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-12385 alignright\" alt=\"Facer visibles as paisaxes da cidade oculta. Abril\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/Facer-visibles-as-paisaxes-da-cidade-oculta.-Abril-300x210.jpg\" width=\"300\" height=\"210\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/Facer-visibles-as-paisaxes-da-cidade-oculta.-Abril-300x210.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/07\/Facer-visibles-as-paisaxes-da-cidade-oculta.-Abril.jpg 735w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>A cidade fortificada constitu\u00edu durante s\u00e9culos en occidente o modelo urbano predominante. Unha poboaci\u00f3n, por pequena que fose, se non aparec\u00eda defendida por un muro era considerada pouca cousa. A existencia dunha muralla era decisiva para elevar un lugar a rango de vila ou cidade, fronte aos que non a ti\u00f1an. <!--more-->De a\u00ed que en todas as entidades de poboaci\u00f3n que naceron con vocaci\u00f3n de ser cidades procurouse sempre delimitar claramente a s\u00faa \u00e1rea de convivencia. A vila de Noia, como toda cidade medieval,\u00a0 aparec\u00eda\u00a0 ante o visitante como un lugar pechado por muros que a delimitaban e protex\u00edan. A envolvente cerca que abrazaba<b> <\/b>o espazo cidad\u00e1n era o primeiro elemento que se ofrec\u00eda \u00e1 mirada do viaxeiro para sinalar a presenza dunha entidade urbana. O contar con poderosas portas torre contribu\u00eda a reforzar o car\u00e1cter monumental do muro. As\u00ed, a muralla \u00eda converterse no s\u00edmbolo m\u00e1is caracter\u00edstico, unha especie de \u201clogo\u201d da vila, o elemento definidor da paisaxe urbana de Noia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A presenza da muralla na Noia actual \u00e9 m\u00ednima. Escas\u00edsimos restos permanecen en p\u00e9, visibles na curvatura do Malec\u00f3n de Cadarso, ocupando un solar baleiro ou musealizada no interior dunha oficina nunha entidade bancaria. Nada que sexa notorio ou inmediatamente perceptible. Desaparecida a muralla, deu comezo un proceso de esquecemento colectivo, ata o punto de que na actualidade \u00e9 ignorada por gran parte dos habitantes. Por\u00e9n, a muralla est\u00e1 a\u00ed, dalgunha maneira logrou prolongar a s\u00faa influencia durante s\u00e9culos. Faise presente, por exemplo, nas palabras que act\u00faan de gardi\u00e1ns da memoria: <i>Portas da Vila<\/i>, <i>da Peregrina<\/i>, <i>do Poxilgo<\/i>&#8230; Pero, sobre todo, aparece na propia morfolox\u00eda e estrutura urbanas. O proceso de urbanizaci\u00f3n non foi quen de facela desaparecer. Arrasada e saqueada, a s\u00faa pedra foi mesmo empregada como cimentaci\u00f3n e canteira de materiais dos edificios que se levantaron sobre os seus restos. Por iso, a muralla seguiu constitu\u00edndo o per\u00edmetro da vila, a contorna que a acompa\u00f1ara durante s\u00e9culos. Tr\u00e1tase dunha pegada en negativo do que foi o monumento m\u00e1is visible dunha vila obrigada a defenderse. Hoxe constit\u00fae o seu monumento m\u00e1is secreto. Cando, por motivos de nova edificaci\u00f3n sobre solares baleiros, ou substituci\u00f3n de antigas construci\u00f3ns, a li\u00f1a amurallada se libera das superposici\u00f3ns, as pegadas da muralla fanse de novo visibles, positiv\u00e1ndose como proba da capacidade para vivir sobre ela mesma e transformarse.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como a muralla noiesa, as nosas vilas e cidades atesouran unha gran cantidade de paisaxes invisibles que agardan unha aposta decidida para sacalas \u00e1 luz. A tarefa supor\u00eda unha posta en valor de todo o potencial hist\u00f3rico do espazo urbano, un esforzo por visualizar aquilo que o fai senlleiro e \u00fanico: a vellez, a historia, a tradici\u00f3n, a antig\u00fcidade; en fin, a s\u00faa alma secreta, esa invisible presenza que establece un v\u00ednculo entre o onte e o hoxe, eses s\u00e9culos de vida urbana, de conflitos, de incribles logros art\u00edsticos e sucesos hist\u00f3ricos, relixiosos e culturais dos que resultaron unhas vilas como as que vivimos. Os poderes p\u00fablicos deben esforzarse por sacar da invisibilidade esas paisaxes non percibidas; ser\u00eda, dalgunha maneira, como unha\u00a0 inversi\u00f3n en I+D+I no espazo urbano, un investimento que po\u00f1er\u00eda en valor as herdanzas hist\u00f3ricas que outorgan identidade e un factor de revitalizaci\u00f3n urbana e econ\u00f3mica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0A cidade fortificada constitu\u00edu durante s\u00e9culos en occidente o modelo urbano predominante. Unha poboaci\u00f3n, por pequena que fose, se non aparec\u00eda defendida por un muro era considerada pouca cousa. A existencia dunha muralla era decisiva para elevar un lugar a rango de vila ou cidade, fronte aos que non a ti\u00f1an.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,34],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12384"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12384"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12384\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12796,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12384\/revisions\/12796"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12384"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12384"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12384"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}