{"id":12431,"date":"2020-09-04T06:00:11","date_gmt":"2020-09-04T06:00:11","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12431"},"modified":"2020-08-29T19:22:06","modified_gmt":"2020-08-29T19:22:06","slug":"pregon-feira-do-libro-de-rianxo-2020","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12431","title":{"rendered":"Preg\u00f3n Feira do Libro de Rianxo 2020"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><i><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/feiradolibroderianxo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12433\" alt=\"feiradolibroderianxo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/feiradolibroderianxo-169x300.jpg\" width=\"169\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/feiradolibroderianxo-169x300.jpg 169w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/feiradolibroderianxo.jpg 541w\" sizes=\"(max-width: 169px) 100vw, 169px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong>Estimados representantes da Xunta, da deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, do concello de Rianxo e da Federaci\u00f3n de Librar\u00edas, benquerida inmensa minor\u00eda de asistentes a actos deste tipo: <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dos moitos enigmas que xorden ao longo da historia en todas as vilas e cidades do mundo, hai un, no caso de Rianxo, que se eleva por riba de todos os demais. Como foi posible que nun Rianxo empobrecido e analfabeto xurdiran, practicamente ao mesmo tempo, tres personaxes tan importantes da literatura universal? Tan importantes, que cando me propuxeron dar este preg\u00f3n prometinme a min mesmo que non falar\u00eda deles. <!--more-->Por unha vez, e sen que servise de precedente, nun discurso feito en Rianxo, por un rianxeiro, Castelao, Dieste e Manuel Antonio brillar\u00edan pola ausencia. Mesmo ti\u00f1a preparada a resposta para cando os veci\u00f1os mo reprochasen. O amor, dir\u00edalles, manif\u00e9stase con maior intensidade na ausencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Evidentemente, debo desculparme pois non fun quen de evitar a tentaci\u00f3n, e agora vou ter que resolver un enigma que me vai deixar quedar mal cos veci\u00f1os. E digo quedar mal porque son dos que pensan que unha persoa s\u00f3 \u00e9 libre se \u00e9 quen de dicirlle \u00e1 xente aquilo que non lle gusta o\u00edr. Nun preg\u00f3n de Semana Santa, eu gabar\u00eda os argumentos dos ateos. Nun preg\u00f3n da festa do cocido de Lal\u00edn, os valores frugais da Coresma. As\u00ed, non vou dicirvos o que todos estades desexando o\u00edr. Que o Rianxo de hai cen anos no que viviron os tres ilustres rianxeiros era un lugar especial, a Atenas do Barbanza, que dir\u00eda un deles. Non vou dicir que un pobo que ten por primeiro Se\u00f1or a un poeta, Paio G\u00f3mez Chari\u00f1o, e por paisaxe os mellores ocasos do mundo, ti\u00f1a que dar antes ou despois unha colleita digna do mellor canon literario universal. Non vou dicirvos que unha vila que loitaba con fervor a favor da lancha xeiteira, en contra da tra\u00ed\u00f1a e da ardora, e que creou as primeiras asociaci\u00f3ns mari\u00f1eiras reivindicativas da contorna, ti\u00f1a que parir alg\u00fan d\u00eda grandes navegantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Direivos a verdade, entendendo verdade no seu sentido m\u00e1is en v\u00edas de extinci\u00f3n, como aquilo que un realmente pensa. E que penso? Penso que Castelao, Dieste e Manuel Antonio chegaron a ser o que foron porque&#8230; leron moitos libros. Perdoade, rianxeiros, perdoa Adolfo como representante de todos n\u00f3s, por esta irreverencia de antepor os intereses universais aos intereses locais, pero, como dic\u00eda mi\u00f1a avoa, e corrobora a ciencia, un ghato \u00e9 un ghato, e un bicho e un bicho (e desculpade de novo, porque outra das promesas que fixera para este preg\u00f3n foi non falar do coronavirus).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Permitide, xa que logo, que explique tanxencialmente a mi\u00f1a soluci\u00f3n ao Gran Enigma Rianxeiro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non \u00e9 o mesmo dicirlle <i>Falar galego non \u00e9 falar mal, \u00e9 falar distinto <\/i>a un analfabeto que dicirllo a unha persoa, como Castelao que, por ser lido, sab\u00eda que a moitos poderosos lles molestara o invento da imprenta no s\u00e9culo XV porque cr\u00edan que unha lingua indigna como o castel\u00e1n pretender\u00eda ocuparse de temas sagrados e serios que s\u00f3 estaban reservados ao lat\u00edn. E que sab\u00eda tam\u00e9n, porque o lera, que cando o castel\u00e1n se fixo, posteriormente, co poder, intentou exercer a mesma tiran\u00eda ling\u00fc\u00edstica da que antes se queixaba co resto das linguas peninsulares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non \u00e9 o mesmo ver a traxicomedia dos novos ricos que existen en todas as vilas cos ollos dun analfabeto que cos ollos dun Dieste que leu a Balzac, e co\u00f1ec\u00eda dunha forma precisa e anticipatoria, a\u00ed tedes <i>A fiestra valdeira,<\/i> como desvaloriza a dignidade dun pobo cambiar os valores do seu ser polos prestixios do seu ter.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/unnamed.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-12434\" alt=\"unnamed\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/unnamed-300x133.jpg\" width=\"300\" height=\"133\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/unnamed-300x133.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/unnamed.jpg 455w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non \u00e9 o mesmo ver a miseria end\u00e9mica dunha vila cos ollos dun analfabeto instru\u00eddo para agardar a felicidade noutro mundo que cos ollos dun Manuel Antonio que leu os anarquistas do s\u00e9culo XIX, e que, por iso, aos seus 19 anos, escribe un artigo indignado a favor de manifestarse contra o cacique da vila e contra a s\u00faa propia familia: <i>E era tan triste, <\/i>di, <i>ver o espect\u00e1culo da indixencia demandando pan! <\/i>Fix\u00e1devos ben. Non ve a indixencia. Ve o espect\u00e1culo da indixencia. <i>\u00a0\u00a0<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 E, por se hai entre v\u00f3s algunha persoa de mala fe que pensa que son un elitista pagado de min mesmo que desprezo os analfabetos, direi algo que, no fondo, par\u00e9ceme a parte m\u00e1is importante deste preg\u00f3n e de calquera campa\u00f1a de promoci\u00f3n da lectura: a escritura inventouna un analfabeto. Outro gran enigma. Por que se lle ocorreu a unha persoa, co c\u00f3moda e confortable que era a tradici\u00f3n oral, complicarnos tanto a vida \u2014que llelo pregunten aos nenos\u2014 inventando a escritura e, xa que logo, a lectura? M\u00e1is al\u00e1 das cuesti\u00f3ns pr\u00e1cticas, sempre necesarias, pero sempre secundarias desde o punto de vista do progreso moral, limitareime a resolver esoutro enigma cont\u00e1ndovos as catro raz\u00f3ns polas que eu creo que a lectura \u00e9 tan importante.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A primeira, porque nos d\u00e1 unha mirada propia sobre o mundo. Unha mirada propia m\u00e1is necesaria hoxe que cando aquel an\u00f3nimo analfabeto inventou a escritura pois, neste mundo dixitalizado no que vivimos, est\u00e1n xurdindo d\u00faas novas figuras de analfabetos, estas si, moi perigosas. O analfabeto que exhibe publicamente que \u00e9 un analfabeto (e desculpade por terceira vez, pois tam\u00e9n me prometera non falar neste preg\u00f3n de Trump) e o ilustrado que pensa que todos os demais somos analfabetos (v\u00e9xase o sectarismo dominante) e que, en consecuencia, se converte no rei dos analfabetos. Nos dous casos, o problema \u00e9 o mesmo. Como dir\u00eda o outro, nun consello que mellorar\u00eda moito o mundo, sobre todo o dixital, se non es intelixente e queres parecelo, o mellor \u00e9 que quedes calado. Como dixo Castelao, con esa mirada s\u00faa tan propia que xa \u00e9 a de todos n\u00f3s, nese xenial aviso-limiar de <i>Cincuenta homes por dez re\u00e1s, <\/i>el ti\u00f1a moitos m\u00e1is tipos de homes, moitas m\u00e1is miradas, mil di, que p\u00f3r nese libro, pero o custo da edici\u00f3n dun libro de mil p\u00e1xinas ser\u00eda excesivo. <i>\u00a0<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A segunda raz\u00f3n pola que debemos ler libros \u00e9 porque os libros fannos, sen ningunha d\u00fabida, m\u00e1is intelixentes. Non vos vou dicir que nos fan mellores persoas porque xa vos comentei que non vou dicir o que queredes o\u00edr, e non penso. O que penso \u00e9 que nos fan mellores colectiva, non individualmente. Tampouco digo que sexa imprescindible ler libros para ser intelixente, pero si digo que lelos fainos, sen ning\u00fan tipo de d\u00fabidas, m\u00e1is intelixentes do que somos. Se un albanel, le libros ser\u00e1 m\u00e1is intelixente e poder\u00e1 ser mellor albanel. Se unha mestra, le libros ser\u00e1 m\u00e1is intelixente e poder\u00e1 ser mellor mestra. Se un neno ou unha nena, le libros ser\u00e1 m\u00e1is intelixente e poder\u00e1 ser mellor neno ou mellor nena. Atrevereime a dicir m\u00e1is. Se un non le libros, nunca saber\u00e1 cal \u00e9 a verdadeira dimensi\u00f3n da s\u00faa intelixencia. Cando Rafael Dieste l\u00eda e escrib\u00eda sobre as figuras xeom\u00e9tricas pensando que melloraba o mundo, era un escritor m\u00e1is intelixente, pois, a\u00ednda que matematicamente estivera equivocado, humanamente estaba no certo. A lectura f\u00edxoo tan intelixente que nunca caeu nesa superstici\u00f3n tan s\u00e9culo XXI de pensar que un teorema matem\u00e1tico ou un algoritmo son m\u00e1is importantes que unha teatro de monicreques. A mesma superstici\u00f3n, por certo, que hoxe nos leva a pensar, como hai pouco comprobamos, que a vellez \u00e9 unha enfermidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A terceira raz\u00f3n pola que debemos ler libros \u00e9 porque os libros perm\u00edtennos co\u00f1ecer mellor o mundo no que vivimos e, m\u00e1is importante a\u00ednda, as persoas que nos rodean. Unha persoa que le desfrutar\u00e1 m\u00e1is un paseo polo monte Pena ou un confinamento que unha persoa que non le. Unha persoa que le poder\u00e1 captar a relaci\u00f3n de causa efecto entre o seu comportamento coti\u00e1 e a posibilidade de que o noso Paseo da Ribeira quede anegado polas augas do desxeo ant\u00e1rtico mellor que unha persoa que non le. Unha persoa que le poder\u00e1 ver en calquera membro do colectivo LGTBI+ unha persoa como calquera outra mellor que unha persoa que non le. Como lle dixo Manuel Antonio a Castelao, criticando a ignorancia do pobo, se unha persoa vai a Bos Aires, non volve falando en <i>ch\u00e9, <\/i>e iso d\u00e9bello \u00e1 conciencia da s\u00faa personalidade que lle d\u00e1 a cultura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 A cuarta raz\u00f3n pola que debemos ler libros \u00e9 que os libros perm\u00edtennos converter os prexu\u00edzos acumulados na nosa vida persoal e na historia do noso pa\u00eds en xu\u00edzos. A\u00ed tedes a Faustino Rey Romero lendo libros \u00e1s agachadas para ser capaz de abrazar o Concilio Vaticano II a pesar de ser educado en seminarios que reflect\u00edan a ideolox\u00eda do nacionalcatolicismo. E diredes v\u00f3s: os outros compa\u00f1eiros seus seminaristas, eses que seguiron vivindo nos prexu\u00edzos franquistas e escol\u00e1sticos do seu tempo, tam\u00e9n l\u00edan libros. \u00c9 certo. Pero creo que \u00e9 este o momento de puntualizar algo moi importante. Cando neste preg\u00f3n falo de ler non me refiro a pousar os ollos nas palabras, ref\u00edrome a pousar o cerebro. S\u00f3 quen pousa o cerebro, e non os ollos, nas palabras, pode captar que o l\u00f3strego non se produce antes que o trono, sen\u00f3n ao mesmo tempo. Dito en termos \u00e9ticos e pol\u00edticos: s\u00f3 quen pousa o cerebro, e non os ollos, nas palabras, pode captar que todo temos dereito a ter a nosa propia opini\u00f3n, pero non os nosos propios feitos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 En fin (e pido as \u00faltimas desculpas, pois tam\u00e9n me prometera non falar de min mesmo). Agardo ter demostrado con este preg\u00f3n que te\u00f1o unha mirada propia sobre o mundo, agardo tam\u00e9n que se notase que o meu discurso \u00e9 m\u00e1is intelixente do que ser\u00eda se non tivese lido tanto e, finalmente, desexo moi vivamente ter resolto o problema que, \u00e1 hora de confeccionar este discurso, ti\u00f1a con v\u00f3s. Conseguir que, mentres me o\u00edstes, percib\u00edsedes que vos co\u00f1ezo ben porque consegu\u00edn que todo o que dixen vos interesase. Se \u00e9 as\u00ed, e non me cabe ningunha d\u00fabida de que o ser\u00e1 (a lectura tam\u00e9n aumenta a autoestima), aproveitade o momento. A Feira do Libro est\u00e1 en Rianxo e, con ela, moitos libros que vos dar\u00e1n unha mirada propia sobre o mundo e vos far\u00e1n (quen d\u00e1 m\u00e1is!) menos prexu\u00edzosos, e moito m\u00e1is intelixentes e emp\u00e1ticos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Moitas grazas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Estimados representantes da Xunta, da deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, do concello de Rianxo e da Federaci\u00f3n de Librar\u00edas, benquerida inmensa minor\u00eda de asistentes a actos deste tipo: Dos moitos enigmas que xorden ao longo da historia en todas as vilas e cidades do mundo, hai un, no caso de Rianxo, que se eleva por &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12431\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Preg\u00f3n Feira do Libro de Rianxo 2020<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12431"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12431"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12431\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12435,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12431\/revisions\/12435"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12431"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12431"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12431"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}