{"id":12457,"date":"2020-10-15T06:00:15","date_gmt":"2020-10-15T06:00:15","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12457"},"modified":"2020-10-08T16:43:40","modified_gmt":"2020-10-08T16:43:40","slug":"museo-do-ermitan-man","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12457","title":{"rendered":"Museo (do ermit\u00e1n) Man."},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/MAN_CGAC-40.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12458\" alt=\"MAN_CGAC-40\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/MAN_CGAC-40-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/MAN_CGAC-40-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/MAN_CGAC-40-1024x682.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/MAN_CGAC-40-900x600.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/MAN_CGAC-40.jpg 1800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Camelle era un lugar fermoso e rec\u00f3ndito da Costa da Morte. Ata a\u00ed chegou un alem\u00e1n extravagante que fixo para si unha cabana na beira do mar e intervenci\u00f3ns pola zona. Man de Home ou de Manfred, vest\u00eda un taparrabos, deixaba ver o seu museo a cambio dunha moedas e a participaci\u00f3n do espectador no caderni\u00f1o que lle entregaba.<!--more--> A\u00ed permaneceu anos sen conta ata que o <i>Prestige<\/i> emborcou o seu veleno no mar e tintou de loito o seu mundo. Daquela, Man morreu como un s\u00edmbolo do desamparo no que o capitalismo voraz deixara ao mar e os pol\u00edticos nos fixeran a todos\/as.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Apenas falaba a nosa lingua, non sabemos se nos respectaba m\u00e1is al\u00e1 de considerarnos os nativos indispensables do lugar que escolleu para permanecer: un espazo salvaxe no que as forzas da natureza semellaban mandar. A veci\u00f1anza coidou del, na medida do posible, pois igual que os visitantes, consider\u00e1bano un exc\u00e9ntrico e nas aldeas sempre houbo un tolo adoptado pola comunidade.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Agora, pasado o tempo, estudadas as s\u00faas creaci\u00f3ns, creado o novo museo coas s\u00faas obras (despois de que a s\u00faa casa quedara convertida nunha ru\u00edna), vistas estas coa mirada da arte contempor\u00e1nea, com\u00e9zase a reco\u00f1ecer a \u201cverdadeira dimensi\u00f3n art\u00edstica da s\u00faa vida e obra\u201d. As\u00ed, \u00e9 considerado \u201cun creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camari\u00f1as), totalmente apartado do sistema art\u00edstico. Ao longo da s\u00faa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle tra\u00eda no contorno do seu xard\u00edn p\u00e9treo, formando esculturas e conxuntos art\u00edsticos en constante evoluci\u00f3n que lle deron forma ao seu museo.\u201d Dise que foi \u201cao acceder ao interior da s\u00faa casa para recuperar os seus bens cando se puido comprobar a verdadeira magnitude creativa do artista\u201d. Entran pois as te\u00f3ricas da arte e comezan a falar de proxecto museogr\u00e1fico totalmente innovador no que se plasman conceptos actuais sobre xesti\u00f3n, difusi\u00f3n e divulgaci\u00f3n muse\u00edstica, dunha sistematizaci\u00f3n que compendia en 606 fotograf\u00edas, debuxos e escritos que reciben o nome de <em>Museum vom Einsiedler Man. Camelle (La Coru\u00f1a). Spanien<\/em>, no que se recolle a esencia da s\u00faa creaci\u00f3n art\u00edstica. Dende a marxinalidade e a distancia \u00e1 formaci\u00f3n acad\u00e9mica, na soedade e coa intuici\u00f3n, traballa na natureza, intervindo sobre as rochas, constru\u00edndo, recollendo, pintando, actuando sobre os restos de pl\u00e1stico e demais residuos, repetindo a s\u00faa figura no cemento ou no debuxo, creando o seu propio mundo tanto no imaxinario como na realidade, musealizando e deixando un legado que foi recollido e estudado para mostralo como un verdadeiro artista contempor\u00e1neo no sentido total do termo. C\u00edrculos, a luz e a sombra co reflexo, os autorretratos, a repetici\u00f3n continua; as libreti\u00f1as que recollen o paso dos miles de visitantes. Obsesi\u00f3ns e conceptualizaci\u00f3n dun proxecto muse\u00edstico. Creaci\u00f3n de beleza apoi\u00e1ndose na natureza ou nas crebas que trae o mar.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a name=\"_GoBack\"><\/a> Austeridade e amontoamento, primitivo e adiantado. Icona ecol\u00f3xica. Artista contempor\u00e1neo. Un di\u00e1logo entre o rural cr\u00fao da costa da Morte e a idea filla da Ilustraci\u00f3n. Dende 1961 ata 2002, unha experiencia vital que deixa pegada co nome de Camelle e Man, Home de Camelle.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Camelle era un lugar fermoso e rec\u00f3ndito da Costa da Morte. Ata a\u00ed chegou un alem\u00e1n extravagante que fixo para si unha cabana na beira do mar e intervenci\u00f3ns pola zona. Man de Home ou de Manfred, vest\u00eda un taparrabos, deixaba ver o seu museo a cambio dunha moedas e a participaci\u00f3n do espectador &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12457\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Museo (do ermit\u00e1n) Man.<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12457"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12457"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12457\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12459,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12457\/revisions\/12459"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12457"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12457"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12457"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}