{"id":12495,"date":"2020-10-02T06:00:29","date_gmt":"2020-10-02T06:00:29","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12495"},"modified":"2020-09-18T10:10:35","modified_gmt":"2020-09-18T10:10:35","slug":"crebas-de-francesc-torres","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12495","title":{"rendered":"Crebas, de Francesc Torres"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><strong><em><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/TORRES_1-kQsB-1024x512@abc.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12496\" alt=\"TORRES_1-kQsB--1024x512@abc\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/TORRES_1-kQsB-1024x512@abc-300x150.jpg\" width=\"300\" height=\"150\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/TORRES_1-kQsB-1024x512@abc-300x150.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/TORRES_1-kQsB-1024x512@abc-900x452.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/TORRES_1-kQsB-1024x512@abc.jpg 1018w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/em><\/strong>En 2017, este artista realizou a exposici\u00f3n <i>P<\/i><em>ar\u00e1bola da Abundancia<\/em> no Museo do Pobo Galego. Era o testemu\u00f1o do que el e Terry Berkowitz fotografaran e gravaran en v\u00eddeo, ao longo dos ver\u00e1ns de 2014 e 2015 na costa galega: os grupos de mariscadoras que fan do mar unha leira na que recoller a colleita.<!--more--> A obra falaba da &#8220;potencia simb\u00f3lica desta dura actividade colectora e ancestral, levada a cabo case por enteiro por mulleres como xeito de complementar a econom\u00eda familiar, xusto na fina li\u00f1a divisoria e flutuante entre o mar e a terra firme como unha fermosa alegor\u00eda da dependencia do ser humano coa natureza e, en definitiva, da benevolencia dunha das costas m\u00e1is bravas de Espa\u00f1a.&#8221; Naquela ocasi\u00f3n acompa\u00f1\u00e1bano a comisaria da exposici\u00f3n Mercedes Rozas, o escritor Fern\u00e1ndez Naval que falaba deste \u201candar ao mar\u201d, e unha mariscadora poeta que puxo versos \u00e1s imaxes e restos de lixo que ameazaban con acabar co patrimonio e a riqueza mari\u00f1a e foron trasladados ao claustro de San Domingos de Bonaval.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Agora exp\u00f3n xusto enfronte, no edificio de Siza, no contedor contempor\u00e1neo, e faino baixo o t\u00edtulo de <i>Crebas<\/i>. As crebas ve\u00f1en sendo o que queda na praia despois dun naufraxio. As\u00ed, o artista recolle con este t\u00edtulo os restos ou pegadas dos acontecementos que o te\u00f1en impresionado nos \u00faltimos s\u00e9culos, a trav\u00e9s de pezas que van dende o 1976 ao 2016. Partindo do suposto de que a historia da humanidade se pode mostrar a trav\u00e9s dos obxectos, nun di\u00e1logo no que a natureza se ve invisibilizada detr\u00e1s desta cultura tecnol\u00f3xica que el recolle e exp\u00f3n en salas de arte. As cousas como acumuladores de significados nunha met\u00e1fora permanente que mostra a trav\u00e9s de series que recollen eses tempos que o fan pensar, e nos mostra baixo os t\u00edtulos seguintes:<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a name=\"_GoBack\"><\/a> \u201cFeminicidios (por arte interposta)\u201d lembrando o Congreso Eucar\u00edstico de 1952 cando algu\u00e9n entra de noite no <i>Museo de Arte Moderno<\/i> de Barcelona e acoitela pinturas de espidos femininos. \u201cTIPO I (na escala de Kardashov)\u201d amosando como o modelo econ\u00f3mico de medre constante e a percepci\u00f3n do mundo como fonte inacabable de recursos acaba como unha depredaci\u00f3n constante do planeta e a destruci\u00f3n da vida; faino a trav\u00e9s da mostra de \u201cA cidade dos alem\u00e1ns\u201d (unha mina de volframio en Casaio) e o complexo baleeiro de Caneli\u00f1as, d\u00faas arquitecturas en ru\u00ednas que conte\u00f1en un gran peso hist\u00f3rico. \u201c<em>A camp\u00e1 herm\u00e9tica,<\/em><i> espazo <\/i><em>para una antropolox\u00eda intransferible\u201d<\/em>, unha monumental instalaci\u00f3n que pode lembrar un gabinete de marabillas, nunha colecci\u00f3n que s\u00f3 pode rematar coa morte do artista e consta dun amontoamento de pezas que vai recollendo ao longo da vida, representando aquilo que o conmove consciente ou inconscientemente; situada no Triplo espazo do CGAC, ten moito que ver coa guerra e a violencia, co home e o seu mundo simb\u00f3lico de coches e armas coas proxecci\u00f3ns e ru\u00eddos envolvendo aos observadores. \u201cA historia do s\u00e9culo XX en cores\u201d, cunha serie de imaxes relacionadas coa publicidade e a propaganda, os mitos e as grandes mentiras que crean un mundo na superestrutura, estampas que nos falan de momentos fundamentais. \u201cSof\u00eda e o abismo\u201d recolle as obras que o mar da Costa da Morte devolve, en estado deplorable, despois de que o artista botara \u00e1s augas libros da s\u00faa biblioteca.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Ecoloxismo e pacifismo. Estudo cr\u00edtico da Historia a trav\u00e9s dos seus produtos. Comparaci\u00f3n entre as relixi\u00f3ns e o marxismo&#8230; todo pode lerse a trav\u00e9s dos obxectos, pinturas, fotograf\u00edas, v\u00eddeos e instalaci\u00f3ns que, nestes d\u00edas, se mostran no CGAC.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0En 2017, este artista realizou a exposici\u00f3n Par\u00e1bola da Abundancia no Museo do Pobo Galego. Era o testemu\u00f1o do que el e Terry Berkowitz fotografaran e gravaran en v\u00eddeo, ao longo dos ver\u00e1ns de 2014 e 2015 na costa galega: os grupos de mariscadoras que fan do mar unha leira na que recoller a &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12495\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Crebas, de Francesc Torres<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12495"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12495"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12495\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12497,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12495\/revisions\/12497"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12495"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12495"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12495"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}