{"id":12514,"date":"2020-10-01T06:00:55","date_gmt":"2020-10-01T06:00:55","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12514"},"modified":"2020-09-25T07:01:13","modified_gmt":"2020-09-25T07:01:13","slug":"filosofia-do-coronavirus","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12514","title":{"rendered":"Filosof\u00eda do coronavirus"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/cafe-godot-en-el-barrio-de-gracia_5_570x340.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-12516\" alt=\"cafe-godot-en-el-barrio-de-gracia_5_570x340\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/cafe-godot-en-el-barrio-de-gracia_5_570x340-300x178.jpeg\" width=\"300\" height=\"178\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/cafe-godot-en-el-barrio-de-gracia_5_570x340-300x178.jpeg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/cafe-godot-en-el-barrio-de-gracia_5_570x340.jpeg 570w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>\u00c9 posible que o primeiro que pensases ao ler o t\u00edtulo teste texto fose: <i>Mira, neni\u00f1o, estou farto do coronavirus. Por que non me falas doutra cousa? <\/i>Se as\u00ed foi, a resposta \u00e9 moi simple: <i>Porque quero falar do coronavirus. E te\u00f1o dereito, coma ti o tes a non lerme. <\/i>Non \u00e9 as\u00ed? Mellor dito: non debera ser as\u00ed? <!--more-->E fago esta puntualizaci\u00f3n porque, a pesar de que a mi\u00f1a resposta \u00e9 de sentido com\u00fan, cada vez prolifera m\u00e1is ese tipo de persoas (eu ch\u00e1molles parlantes absolutistas) que queren, non s\u00f3 falar do que a eles lles apetece, algo moi l\u00edcito, por suposto, sen\u00f3n que os demais falen do que a eles lles apetece ou, cando menos, que non falen do que a eles non lles apetece, e iso \u00e9 fari\u00f1a doutro costal. Cando eu era neno, non se pod\u00eda falar nin de comida nin de cartos. Cando era adolescente, nin de f\u00fatbol nin de pol\u00edtica. Agora, nin de traballo nin de calamidades. A\u00ednda m\u00e1is. Non s\u00f3 che prohiben falar de certos temas, sen\u00f3n que mesmo che queren impo\u00f1er como falar. O outro d\u00eda, por exemplo, contei este chiste, que acababa de ler nun libro dun escritor chileno: Un chileno volve \u00e1 casa coa cara ensanguentada, coxeando, a muller preg\u00fantalle que lle pasou e el responde que lle pegaron entre varios amigos porque o confundiron cun arxentino. <i>Y por que no te defendiste<\/i>?, pregunta ela. <i>Porque me encanta,<\/i> responde el,<i> que les peguen a esos concha de su madre. <\/i>Sabedes que me dixo unha persoa que estaba presente? Que como eu, un profesor de \u00c9tica, contaba ese chiste se fomentaba a xenofobia e a violencia. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">As\u00ed que, se ti es un lector absolutista, podes exercer o teu dereito de deixar a lectura aqu\u00ed, e buscar textos m\u00e1is apropiados para a t\u00faa hixiene mental. Non vou criticarte. Ao contrario. Ter\u00e1s a mi\u00f1a comprensi\u00f3n, e o meu agradecemento por facer mutis polo foro sen ameazarme cun Deus, sagrado ou laico, que me castigue. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Hai anos invit\u00e1ronme a participar nun faladoiro literario na mi\u00f1a vila. Trat\u00e1base de ir unha vez \u00e1 semana a unha cafeter\u00eda e falar dun tema, tipo intelectual, previamente determinado. Non me animei. E non porque me parecera mala idea, sen\u00f3n porque non vai coa mi\u00f1a forma de ser. Enc\u00e1ntanme os temas de tipo intelectual, enc\u00e1ntanme os bares, pero hai algo en min que se incomoda cada vez que me propo\u00f1en unir eses dous conceptos. Dar\u00eda encantado unha conferencia (de feito, xa a dei) sobre as repercusi\u00f3ns da filosof\u00eda de Plat\u00f3n no Barbanza, ou escribir\u00eda encantado un libro (de feito, xa o escrib\u00edn) sobre as influencias da filosof\u00eda de Nietzsche nunha alumna do IES F\u00e9lix Muriel de Rianxo, ou pensar\u00eda encantado (de feito estouno a facer estes d\u00edas) sobre o seguinte problema filos\u00f3fico: se unha persoa casada viaxa nunha m\u00e1quina do tempo ao pasado, e se casa, pode considerarse que \u00e9 b\u00edgama? Todo iso \u00e9 certo. Pero tam\u00e9n que nunca ir\u00eda a un bar a tomar un caf\u00e9 para falar premeditadamente deses temas. No meu coraz\u00f3n, non na mi\u00f1a mente, os conceptos <i>bar <\/i>e <i>intelectual <\/i>nunha mesma frase implican unha contradici\u00f3n nos termos. Se \u00e9 bar, non pode ser intelectual. Se \u00e9 intelectual, non pode ser bar. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Aclararei deseguido o que estou dicindo pois, quizais, estea sendo un tanto impreciso: <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">T\u00e9\u00f1olle moito cari\u00f1o aos bares, e aos bares, como os da mi\u00f1a nenez e adolescencia, onde a maior\u00eda do que se fac\u00eda, era criticable, desde un punto de vista racional, pero moi humano, desde o punto de vista emocional. Como non quero estenderme moito, direi a raz\u00f3n cunha cita de J.R.Moehringer, que escribiu un fermos\u00edsimo libro titulado <i>O bar das grandes esperanzas, <\/i>refer\u00edndose a un bar onde atopou nos clientes masculinos un refuxio para suplir o abandono do pai: <i>Beber na casa era de alcoh\u00f3licos. Sempre que un bebera publicamente, sen ocultarse, non era un borracho. <\/i>Non te alporices, querido lector. Fai unha pausa e evita aplicar os teus prexu\u00edzos a esa frase. Non penses que favorece o vicio e o alcoholismo. Non penses que fomenta os botell\u00f3ns. Non penses que defende alg\u00fan dexenerado tipo de virilidade et\u00edlica. A\u00ednda que sexas abstemio, se lle d\u00e1s unha oportunidade, e a probas, a\u00ednda que s\u00f3 sexa lixeiramente o seu aroma, embriagaraste cunha fermos\u00edsima lecci\u00f3n de humanidade. Explicareino cun exemplo. Cando ti\u00f1a quince anos souben que o pai dun amigo descubrira que a muller beb\u00eda na casa \u00e1s agachadas, e deulle unha malleira. \u00c1 marxe do demente machismo que transluce a historia, recordo que o que m\u00e1is me impactara f\u00f3ra pensar na inmensa soidade (m\u00e1is dura a\u00ednda que a malleira) que deb\u00eda estar a sufrir aquela muller. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/descarga1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-12517\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/descarga1.jpg\" width=\"181\" height=\"278\" \/><\/a>E xa que o recordo desa frase de Moehringer me embriagou, direi algo, que tampouco pensaba dicir, coa seguridade de que me vou arrepentir, sobre todo se chega a sabelo a inspectora do meu instituto. M\u00e1is que levar a filosof\u00eda aos bares, algo que, s\u00f3 de pensalo, me produce unha profunda depresi\u00f3n, o que eu intento, tanto cando escribo como dando dou clase, \u00e9 levar os bares \u00e1 filosof\u00eda. Embriagarse de filosof\u00eda nos bares \u00e9 de borrachos pedantes (quen non co\u00f1ece a alg\u00fan tipo que, cando bebe, se pon \u2014no mal sentido da palabra\u2014 filos\u00f3fico?). Embriagarse de bar nunha clase de filosof\u00eda \u00e9 de bos bebedores, deses, como din os psic\u00f3logos, que te\u00f1en bo vi\u00f1o, \u00e9 dicir, que se volven m\u00e1is cari\u00f1osos e simp\u00e1ticos. Se levase a filosof\u00eda aos bares, acabar\u00eda competindo cos meus compa\u00f1eiros de faladoiro por ser o m\u00e1is profundo e brillante, e acabar\u00edamos, como acaban a maior\u00eda deses faladoiros, como o rosario da aurora. Por\u00e9n, levando os bares \u00e1s clases de Filosof\u00eda, consigo que os alumnos se leven mellor entre eles e comigo, e que esquezamos (sen eliminalas, como fai o bo taberneiro) as xerarqu\u00edas. Como dir\u00eda o autor de <i>O bar das grandes esperanzas, <\/i>os homes das novelas de Dickens (e as\u00ed intento eu que sexan os meus alumnos de Bacharelato) eran tremendamente competitivos, pero nunca xamais deixaban que o xogo se interpuxese na principal meta da s\u00faa vida: desfrutar en compa\u00f1\u00eda.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Tedes que perdoar. Funme polos cerros de Moimenta e non falei do coronavirus. \u00c9 o que ten escribir sobre filosof\u00eda como se estivese embriagado na barra dun bar entre amigos. <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0\u00c9 posible que o primeiro que pensases ao ler o t\u00edtulo teste texto fose: Mira, neni\u00f1o, estou farto do coronavirus. Por que non me falas doutra cousa? Se as\u00ed foi, a resposta \u00e9 moi simple: Porque quero falar do coronavirus. E te\u00f1o dereito, coma ti o tes a non lerme. Non \u00e9 as\u00ed? &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12514\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Filosof\u00eda do coronavirus<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12514"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12514"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12514\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12518,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12514\/revisions\/12518"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12514"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12514"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12514"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}