{"id":12546,"date":"2020-10-13T06:00:36","date_gmt":"2020-10-13T06:00:36","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12546"},"modified":"2020-10-05T16:07:46","modified_gmt":"2020-10-05T16:07:46","slug":"bergen","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12546","title":{"rendered":"Bergen"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-11.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-12549\" alt=\"gochi 1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-11-300x264.jpg\" width=\"300\" height=\"264\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-11-300x264.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-11-1024x902.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-11-900x793.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Mar\u00eda Xes\u00fas Blanco.<\/strong> <\/em>Cando mi\u00f1a nai decidiu que iamos visitar ao meu pai a Bergen, sent\u00edn unha sensaci\u00f3n moi forte. Como se as burbullas dun caramelo l\u00edquido estalasen no centro do meu est\u00f3mago. Ti\u00f1a moitas ganas de ver ao meu pai. A Paco, que \u00e9 como o co\u00f1ece todo o mundo. Que xa \u00eda para dous meses que o Instituto de Recursos Naturais o mandara tan lonxe. E outras tantas de subir a un avi\u00f3n.<!--more--> Subir, subir xa subira cunha excursi\u00f3n do cole cando empezara a Primaria. Como molara! Todos metidos na cabina de mando. E Fabi\u00e1n e eu a sentarnos na cadeira do piloto. A tocar a panca de engalase, os bot\u00f3ns do acendido. E o Chuflas a mirar de esguello aos auxiliares do voo. E a alardear. Porque presumir e alardear \u00e9 o que m\u00e1is lle gusta ao meu peor inimigo. Logo o aeroporto de Labacolla co\u00f1ec\u00edao como se fose a mi\u00f1a casa. Que se temos que levar \u00e1 t\u00eda Maruxa que se vai para Londres. Que se imos recoller ao curm\u00e1n do av\u00f3 Xos\u00e9 que v\u00e9n do Brasil.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pero o de voar era outra cousa. Era a primeira vez. E todo grazas ao Instituto de Recursos Naturais da Universidade de Santiago de Compostela. M\u00e1is a esa investigaci\u00f3n conxunta coa Universidade de Bergen para repoboar os r\u00edos e os mares do noso continente. Porque os nosos r\u00edos xa non te\u00f1en salm\u00f3ns nin troitas. E no noso oc\u00e9ano cada d\u00eda hai menos peixes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014 Corre Alberte, que imos chegar tarde.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Tarde d\u00ed ela. Non pensedes que \u00e9 a mi\u00f1a culpa. E que Sara, a mi\u00f1a nai \u00e9 unha tardeira. Ademais hoxe erguinme \u00e1s cinco da ma\u00f1\u00e1, ou sexa quince minutos antes de que soara o espertador.\u00a0 E mam\u00e1, dorme que te dorme. Como vivimos en Santiago e s\u00f3 a dez minutos do aeroporto, pois a enredar con cousas sen importancia. Sempre pensa que lle da tempo a todo e chegamos con apuro a todas partes. Cando chegamos, claro. E iso que pap\u00e1 lle regalou un reloxo cuns n\u00fameros ben grandes, moi romanos, e moi serios, para que lle puxeran un pouco de respecto. Pero parece que iso non lle afecta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Que medo cando empezou a engalar o avi\u00f3n! Gust\u00e1ronme m\u00e1is as baixadas que as subidas E falo en plural porque tivemos que facer escalada nun aeroporto catal\u00e1n. E tam\u00e9n en Oslo. Toda unha vida sen voar e agora tres veces no mesmo d\u00eda. Como lle ferver\u00e1n as maldades a alg\u00fan cando se decate. A chegada a Barcelona foi espectacular. Como cando baixas polo tobog\u00e1n da praia de Coroso a toda mecha. O avi\u00f3n da un xiro de cento oitenta graos e ponse enriba do mar para iniciar\u00a0 a aterraxe. E comeza o descenso. Cada vez baixa m\u00e1is e m\u00e1is. E de s\u00fapeto tes o Mediterr\u00e1neo enteiro diante do teu nariz. Houbo un momento en que me vin viaxando para sempre co capit\u00e1n Nemo e o seu Nautilus.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O que m\u00e1is prestou foi estar no aire, a\u00ed tan arriba vendo as casas como se fosen un xoguete. Como a maqueta que hai no edificio onde traballa meu pai, al\u00ed na entrada, que est\u00e1n todos os r\u00edos e r\u00edas de Galicia. Claro que dende tanta altura viamos Galicia enteira e parte do estranxeiro. E as nubes quer\u00e9ndose meter pola venta\u00ed\u00f1a. Parec\u00edan \u201cgominolas\u201d de prata. Grandes e esponxosas. Como as que lle gusta comer a Noa. Outras simulaban levar ao avi\u00f3n. Nunha alfombra de nata montada a medio facer. Nunha alfombra de nata esparexida.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O que non v\u00edn foi paxaro alg\u00fan. Nin o arco da vella coas cores dos setes mares. Mam\u00e1 di que o arco da vella queda moi abaixo e que os paxaros non voan tan alto. Alto, alto si que estabamos porque despois xa non viamos nada. E xa arriba de todo o ceo non parec\u00eda ceo. Non era azul e estaba moi raro. Era xa case o espazo exterior pero sen estrelas. E sen planetas. Se cadra \u00e9 o lugar onde est\u00e1 a nada. Ou o infinito. Ou as part\u00edculas elementais. Que como son tan elementais non se ven. En fin, eses conceptos estra\u00f1os que nos explican no cole. Que non son capaz de entender. E que os comprenderei para o curso que v\u00e9n. Cando empece a Secundaria. Ou iso \u00e9 o que me dixo a profe Celia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Sentindo a proximidade do espazo estelar. E sabendo que a esa hora o Chuflas estar\u00eda dando voltas arredor do patio co neuras de Gumersindo. \u201cVe\u00f1a, vinte voltas sen parar\u201d, estar\u00eda dicindo o profe de Educaci\u00f3n F\u00edsica sentado no seu tallo. A\u00ed a sufrir! Que o Chuflas \u00e9 moi lacaz\u00e1n de Deus e o que menos lle gusta \u00e9 correr. E ao Gumersindo tenlle moito respecto porque \u00e9 amigo do seu pai. O Chuflas xa sabedes quen \u00e9. Si, si, ese que te mira sempre de esguello. E que est\u00e1 todo o d\u00eda gab\u00e1ndose do que ten e do que non ten, presumindo do que fai e alardeando do que non fai e temos que facer os demais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12550\" alt=\"gochi 2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-2-300x237.jpg\" width=\"300\" height=\"237\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-2-300x237.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-2-1024x810.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-2-900x712.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/gochi-2.jpg 1883w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Cando chegamos ao aeroporto de Oslo xa case era mediod\u00eda. Aqu\u00ed si que tivemos que correr para non perder o enlace a Bergen. \u00c1s catro da tarde aterramos na cidade m\u00e1is chuviosa de Europa. E al\u00ed estaba Paco, esper\u00e1ndonos, coa vestimenta correspondente \u00e1 climatolox\u00eda local: gabardina, paraugas e botas de auga.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014 En abril augas mil. Pois aqu\u00ed as augas son mil en maio e case todos os d\u00edas do ano \u2014 dixo meu pai , sa\u00edndolle unha rima sen querer. Iso si, despois de darme unha aperta ben forte, erguerme no aire e darlle un bico na boca \u00e1 mi\u00f1a nai, como nas pel\u00edculas rom\u00e1nticas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A verdade \u00e9 que chov\u00eda con ganas e fomos dereitos ao hotel onde se hospedaba pap\u00e1. Pareceume unha cidade gris dende a fiestra da habitaci\u00f3n. Sent\u00edame tan canso que despois de cear boteime enriba da cama. E co murmurio das voces quedei durmido de bruzos. E cos zapatos postos. Durm\u00edn coma un leir\u00f3n. So\u00f1ei que o Fabi\u00e1n e eu loitabamos contra os viquingos nos mares do Norte. E un dos viquingos era a cara do Chuflas cun corpo de home. Tam\u00e9n so\u00f1ei cos ollos dunha serea inalcanz\u00e1bel. E polo cristal das s\u00faas lentes esvaraban d\u00faas b\u00e1goas. M\u00e1is eran b\u00e1goas de risa. Eran os ollos burleiros de Noa. Espertei tarde co ru\u00eddo dunha banda de m\u00fasica e coa voz da mi\u00f1a nai facendo eco.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014Alberteeee, Alberteeeee!!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O primeiro que vin foron os raios de sol que alumeaban toda a habitaci\u00f3n. Vaia sorte. Trouxemos o bo tempo connosco. Cando sa\u00edn \u00e1 r\u00faa sent\u00edn unha sensaci\u00f3n moi agrad\u00e1bel. O aire non ul\u00eda a asfalto. Nin a voaxa fumeante. Ul\u00eda a campo mollado. A mar. E a salitre. Despois de almorzar, pap\u00e1 levounos polo peirao que flanquea o fiorde pola marxe dereita. Entre preguntas e risas falabamos dos lugares polos que pasabamos. Que se as construci\u00f3ns medievais de madeira que pertenceran a Hansa (que si, que o escrib\u00edn con h), que se Bergen fora capital de Noruega, que se nesta cidade hai poucos edificios, que se non hai lixo no chan, que se abondan as \u00e1rbores e as casas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014 Que si bla, bla &#8230; Que si bla, bla &#8230;. E onde hai un museo de barcos viquingos?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014 Pois creo que hai un en Oslo.. E un pouco m\u00e1is de respecto e atenci\u00f3n ao teu pai! Aqu\u00ed non hai Alberte! De todos os xeitos seguro que as tendas\u00a0 te\u00f1en reproduci\u00f3ns en pequeno! Tam\u00e9n podemos ir \u00e1 outra marxe do embarcadoiro. Ouv\u00edn algo dun drakar museo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014 Reproduci\u00f3ns nas tendas? Pois eu non vexo m\u00e1is que bonecos\u00a0 e debuxos de trolls por todas partes. Nos parques, nos escaparates &#8230; Ata nos paraugas. Bergen est\u00e1 invadida polos trolls- dixen cun ton mequeiro e de desilusi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pero Paco seguiu co seu discurso de conferenciante. E desviando a conversa como fan todos os maiores cando lles interesa. Foi cando me apercib\u00edn de que mi\u00f1a nai non estaba. De que desaparecera. A\u00ednda que non me estra\u00f1a. Co rolo que nos estaba botando pap\u00e1. Atravesamos un mercado de peixe. Aggghhh..que noxo, que noxento, que agghh.. E coll\u00edn o brazo de Paco . \u201cPero onde se meteu?\u201d Pois onde vai estar. Ollando os postos rueiros. Estaba absorta. Diante dunha alfombra chea de cousas raras. Parec\u00edan usadas. Unha impresora, uns pati\u00f1os de goma, unha maleta de madeira, botellas sen tap\u00f3n, bonecos de trolls &#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014 These are presents from the sea \u2014dixo o tendeiro longueir\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ser\u00e1 o que non \u00e9 porcallada, pensei. Pero hai bonecos de trolls no inmenso oc\u00e9ano? \u201cRegalos que arroxa o mar\u201d E por que os quere cobrar? \u201cPorque agora son del e porque est\u00e1n reciclados\u201d Pechade a boca que vos vai coller un fr\u00edo. Pois si que \u00e9 listo o tipo este. Cando llo conte ao av\u00f3 Xos\u00e9. Coa de cousas que atopa el cando vai pasear pola praia de Balieiros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 E no medio dun barullo de xentes altas e louras sucedeu o inexplic\u00e1bel. Aconteceu algo marabilloso. Os meus ollos cruz\u00e1ronse cos ollos esmeralda dunha serea cun sorriso agarimoso. Dunha serea con cabelos rebuldeiros. Quedaron inm\u00f3biles. Mir\u00e1ndome. Non o pod\u00eda crer. Estar\u00e1n mir\u00e1ndome a m\u00edn? E a s\u00faa boca quixo falarme. Isto si que era un\u00a0 agasallo do mar. Fun eu quen torc\u00edn a vista. Seguro que era o meu max\u00edn so\u00f1ador. Pap\u00e1, canso de tanta barafunda, colleunos aos dous do brazo e dixo:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014Xa viremos pola tarde. \u00c9 hora de ir comer .<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 De comer con moita calma, e de se fartaran os dous a tomar caf\u00e9s e falar, falar e falar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Porque falar e contar contos \u00e9 o que m\u00e1is lle gusta do mundo a mi\u00f1a nai. M\u00e1is a\u00ednda que percorrer postos nos mercados rueiros. E como no seu traballo non pode facelo. Ou pode pero moi pouqui\u00f1o. Xa que ten que estar moi concentrada. Porque Sara \u00e9 hixienista dental. Ou sexa. Que ve bocas abertas todos os d\u00edas. Pero en silencio. Logo ten que atender, como fago eu no cole. E seguir as indicaci\u00f3ns de Elisa, a dentista. A s\u00faa xefa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Mira que se r\u00eda Paco cos contos de mam\u00e1. Hab\u00eda tempo que non os vira rir tanto. Iso si, a min fac\u00edanme un pouco de menos. Ata que berrei, berrei e berrei<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014 Quero ver barcos vikingoooooos!!!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 E a xente do caf\u00e9 qued\u00f3useme mirando como se fose un extraterrestre.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u2014 Queres calar! Barcos, barcos, barcos! Como se non viras un barco na t\u00faa vida. Mira que es teimudo. Anda, anda&#8230; Ponte a cazadora e imos \u2014dixo mi\u00f1a nai\u00a0 coas fazulas arroxadas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 Barcos vin moitos. Porque imos moitas fins de semana a ver ao av\u00f3 Xos\u00e9 que vive en Corrubedo. \u00c1 s\u00faa casa, que est\u00e1 na zona de Balieiros, na estrada do Faro. E cando sentamos algunha tarde nas rochas a pescar, que nunca pescamos nada, pois ves barcos ben diferentes pola estrema do mar. Ao meu av\u00f3 g\u00fastalle chamar as\u00ed o horizonte. A Estrema do Mar, E di que o arco da vella ten as cores dos setes mares. E que meu av\u00f3 foi mari\u00f1o mercante. E viaxou polo mundo enteiro. Uf!! E no porto de Ribeira xa non quero nin contar! Pero barco viquingo s\u00f3 v\u00edn o de Catoira. Unha vez que me levaron \u00e1 festa que fan al\u00ed, no ver\u00e1n. Ese co que representan o desembarco viquingo. Ver o que se di ver, pois tampouco se pode dicir que vira moito. E o que \u00eda de Erik o Roxo, pois roxo roxo non mo pareceu. Se foi s\u00f3 un momento. E estaba tan lonxe. E moi apertados. E mam\u00e1 p\u00faxose moi cabezona. Que \u00eda moita calor. Que non lle gustan as aglomeraci\u00f3ns de xente. Cando lle conv\u00e9n, claro. E agora que viaxei \u00e1 terra de Erik pois xa vedes o panorama. Ademais prometinlle a Fabi\u00e1n que lle levar\u00eda un drakar aut\u00e9ntico. Que o Fabi\u00e1n \u00e9 o mellor amigo do mundo. E colecciona barcos piratas. E ten un libro impresionante de contos en relevo. Un libro chul\u00edsimo de piratas viquingos chegando cos seus drakars \u00e1s Illas H\u00e9bridas. E outro no que sae loitando o seu fillo, O\u00a0 Roxo, en Am\u00e9rica. Si, si. Ese que se chamaba Leiff Eriksson. Seica descubrindo Am\u00e9rica cinco s\u00e9culos antes que Col\u00f3n. Se un xa non se pode f\u00edar do que lle contan na escola. Un barco para o Fabi\u00e1n. E outro barco para m\u00edn. E a pasarllo por diante ao Chuflas. Malia que non saiu do noso barrio na s\u00faa vida. E est\u00e1 todo o d\u00eda a presumir e a alardear. Que \u00e9 un sabich\u00f3n e un caprichoso. O conto foi que esta tarde non fomos ver ning\u00fan barco viquingo nin nada parecido. Porque o\u00a0 meu pai dixo que non sab\u00eda se estar\u00eda. Que xa era tarde. E que ma\u00f1\u00e1 ser\u00eda outro d\u00eda. E mi\u00f1a nai quer\u00eda ir no funicular e ver todo Bergen e o seu fiorde dunha atacada. O conto era que Paco estaba por contentar m\u00e1is a mi\u00f1a nai\u00a0\u00a0 ca min. As\u00ed foi como me fun facendo \u00e1 idea de que non \u00eda ver nada do que me apetec\u00eda. Que xa hab\u00eda un traxecto marcado. E que non contaban as mi\u00f1as opini\u00f3ns. E pensei para min; \u201dPsss&#8230;vai ser mellor relaxarse e deixarse levar. Tampouco o estou pasando tan mal\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ao fin acabamos vendo unhas vistas espectaculares no alto dun outeiro. E o fiorde da cidade era tal como o definira meu pai: un r\u00edo de auga salgada. \u00c9 que meu pai expl\u00edcase moi ben. N\u00f3tase que imparte cursos. E conferencias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Cando entramos no funicular para baixar, un home dirixiuse a pap\u00e1 en ingl\u00e9s. Parec\u00edan co\u00f1ecerse. \u00cdan acompa\u00f1ado dunha muller e dunha rapaza. A rapaza dos ollos esmeralda. Non pod\u00eda ter tanta sorte. De s\u00fapeto o latexo do coraz\u00f3n a mil e s\u00f3 ti\u00f1a na cabeza un desexo perenne de mam\u00e1: \u201dPractica o teu ingl\u00e9s. Practica o teu ingl\u00e9s. As\u00ed que tentei abrir a boca para dicirlle \u201cHello. What is your name? My name is Alberte. E nese intre o\u00edn con claridade: \u201c\u00a1Hola! \u00bfQue tal?. Me llamo Karen\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 En dez minutos estabamos os seis sentados nunha terraza. E en dez segundos empapados por unha chaparrada. Pois si que me durou ben pouco a boa sorte. Paco e o pai de Karen, Dag, foron correndo a pillar uns paraugas a unha m\u00e1quina expendedora. Si unha m\u00e1quina desas, como as de tabaco pero de paraugas.\u00a0 Foi cando falaron de facer unha excusi\u00f3n todos xuntos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Dag era un veterinario de Oslo . Era compa\u00f1eiro do meu pai no proxecto ese de colaboraci\u00f3n entre continentes. Non. Mellor dito entre pa\u00edses do mesmo continente. Si. Nese proxecto para evitar as enfermidades e as mortes dos<b> <\/b>peixes por mor das barbaridades que cometen os homes ea s mulleres deste planeta<b>.<\/b> Uf! Que frase m\u00e1is longa me sa\u00edu. Case quedo sen respiraci\u00f3n. E a s\u00faa parella Unni, e a s\u00faa filla Karen, estaban aqui de visita, coma n\u00f3s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Longa si que se me fixo a noite. Non durm\u00edn nada. Como \u00eda durmir despois de saber que ao d\u00eda seguinte ir\u00eda sentado a car\u00f3n de Karen! E de excursi\u00f3n ao Polo Norte! Ben xa sei que non foi ao Polo Norte, que foi a un glaciar. Pero a un glaciar inmenso que parec\u00eda o Polo Norte. Tan inmenso coma o seu nome. Esperade que mo deletrea mam\u00e1: J-O-S-T-E-D-A-L-S-B-R-E-E-N. Si ao glaciar de Josteldasbreen. Nunca vira tanto xeo xunto. E a s\u00faa cor non era branca branca. Case que azul clari\u00f1a. Moi clari\u00f1a. Estra\u00f1a. Parec\u00edase \u00e1 cor do ceo que estou vendo agora dende o avi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Cando Karen sentou no asento do lado (naquel utilitario novo de sete prazas que alugaran os maiores) s\u00f3 ti\u00f1a medo de que que escoitara o bom-bom do meu sangue. O bom-bom do meu alborozo percorr\u00e9ndome o corpo enteiro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 Karen amosou entusiasmo falando espa\u00f1ol. O espa\u00f1ol que aprend\u00eda na escola. Eu tentei practicar ingl\u00e9s. E amosarlle palabras fermosas na nosa lingua. Pero son t\u00edmido. E \u00e1s veces cando digo algo, meto a pata. Como fixen con Noa. Fabi\u00e1n dime que podo resultar un pouco melindroso. Debe ser porque me gusta ler moito e escoitar m\u00fasica. E \u00e1 mi\u00f1a cabeza d\u00e1selle por facer frases estra\u00f1as. E escribir canci\u00f3ns. Por\u00e9n con Karen decid\u00edn practicar m\u00e1is coa mirada. E coa risa. E penso que acertei. Porque rimos moito xuntos. E gozamos facendo fotos coa c\u00e1mara dixital do meu pai. E mir\u00e1ndoas. Foi a excursi\u00f3n m\u00e1is divertida que fixen nunca. Fotos nas que sae Karen, e nas que sa\u00edmos todos, mirando eses montes tan altos e con neve nos seus cumes. Eses montes que son tan fermosos como os da nosa terra.\u00a0 E que est\u00e1n rodeados de r\u00edos de auga salgada. Coma os ollos de Karen. Por iso \u00e9 unha serea tan bonita.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 CHSSS! Que mam\u00e1 quedou durmida. E agora que estamos no avi\u00f3n definitivo que nos levar\u00e1 a Santiago imos deixar que descanse. A min \u00e1breseme a boca e d\u00f3eme o est\u00f3mago. E vou pechar o caderno de notas. Mam\u00e1 di que son moitas as emoci\u00f3ns. Estou desexando chegar para enviarlle un e-mail a Karen. Para dicirlle o afortunado que son por tela como amiga. E que sinto moita m\u00e1goa ao ter que volver. E iso que Karen f\u00edxolle prometer ao seu pai e a Unni que este ver\u00e1n vir\u00edan de vacaci\u00f3ns a Galicia. E tam\u00e9n por pap\u00e1. A\u00ednda que saiba que o verei en cinco semanas. Para o San Xo\u00e1n que \u00e9 cando acaba o seu traballo. Por que a\u00ednda quere saber un pouco m\u00e1is sobre \u00e1s troitas e os salm\u00f3ns, sobre a maior\u00eda dos peixes, en xeral. E sobre como podemos coidar mellor os nosos r\u00edos e os nosos mares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0 Polo que non sufro nadi\u00f1a \u00e9 porque o Chuflas me quitara a Noa. Nin porque ese sabich\u00f3n alardee e presuma do que ten o de que non ten mir\u00e1ndome de esguello. Nin porque Noa se rira de min cando aquela tarde lle entregara unha canci\u00f3n escrita por min chea de palabras melosas. Arestora s\u00f3 desexo descansar. E ver a Fabi\u00e1n. Que ao fin meu pai mercou un drakar para el. E outro para m\u00edn cunha tremebunda cabeza de drag\u00f3n na s\u00faa proa. E contarlle todas as cousas que me sucederon na viaxe m\u00e1is fabulosa da mi\u00f1a vida.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mar\u00eda Xes\u00fas Blanco. Cando mi\u00f1a nai decidiu que iamos visitar ao meu pai a Bergen, sent\u00edn unha sensaci\u00f3n moi forte. Como se as burbullas dun caramelo l\u00edquido estalasen no centro do meu est\u00f3mago. Ti\u00f1a moitas ganas de ver ao meu pai. A Paco, que \u00e9 como o co\u00f1ece todo o mundo. Que xa \u00eda para &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12546\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Bergen<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[38,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12546"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12546"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12546\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12551,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12546\/revisions\/12551"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12546"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12546"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12546"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}