{"id":12828,"date":"2020-12-08T06:00:25","date_gmt":"2020-12-08T06:00:25","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12828"},"modified":"2020-12-09T18:52:17","modified_gmt":"2020-12-09T18:52:17","slug":"carlos-marino-e-nando-perez-doctor-migrana-e-chamaquito-pistolas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12828","title":{"rendered":"Doctor Migra\u00f1a e Chamaquito Pistolas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><b><em><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/CHAMAQUITO-PISTOLAS-E-DOCTOR-MIGRA\u00d1A.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12830\" alt=\"CHAMAQUITO PISTOLAS E DOCTOR MIGRA\u00d1A\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/CHAMAQUITO-PISTOLAS-E-DOCTOR-MIGRA\u00d1A-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/CHAMAQUITO-PISTOLAS-E-DOCTOR-MIGRA\u00d1A-300x199.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/CHAMAQUITO-PISTOLAS-E-DOCTOR-MIGRA\u00d1A-900x599.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/CHAMAQUITO-PISTOLAS-E-DOCTOR-MIGRA\u00d1A.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Mar\u00eda Xes\u00fas Blanco.\u00a0<\/em><\/b>BINOMIO MUSICAL.\u00a0Cando chego \u00e1 Recoveira, Nando P\u00e9rez est\u00e1 sentado nunha mesa que mira \u00e1 praza. A temperatura \u00e9 suave e apetece o aperitivo. A Nando g\u00fastalle falar, pero tam\u00e9n escoitar. Necesita a pregunta concreta para dar unha resposta co detalle que ti necesitas o\u00edr. De contado chega Carlos. Chamaquito Pistolas e o Doctor Migra\u00f1a. <!--more-->Nas s\u00faas olladas perc\u00edbese a complicidade. E a admiraci\u00f3n mutua. N\u00f3tase que comparten un espazo vital importante. Os dous naceron e estudaron en Ribeira. E os dous fixeron carreiras universitarias relacionadas co ensino. A s\u00faa formaci\u00f3n como m\u00fasicos v\u00e9n do estudo e do entusiasmo. E das experiencias compartidas e a esixencia. A conversa fl\u00fae coa calma dun d\u00eda tranquilo ao mediod\u00eda. Co\u00f1ecer\u00edanse primeiro de vista, como acontece nas cidades pequenas. O primeiro grupo no que coinciden \u00e9 a Companh\u00eda do Ru\u00eddo. Carlos, guitarra e voz e Nando, clarinete. Comezar\u00eda as\u00ed unha relaci\u00f3n musical e de amizade que continuar\u00eda ata o d\u00eda de hoxe. Gravaci\u00f3ns de traballos discogr\u00e1ficos cos demais compa\u00f1eiros da banda, como o chamado \u201cDisco Verde\u201d, que leva o nome do grupo, no ano 2005, nos estudios Bonham, na Coru\u00f1a. Ou festivais inesquec\u00edbeis como o de Barcelona, en Nou Barris, no 2006.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E como non pod\u00eda ser doutra maneira Carlos seguir\u00eda como baixista, nunha nova andaina con Nando, en <i>Chamaquito Pistolas e As balas Perdidas<\/i>. Varios proxectos musicais e \u00a0moitas emoci\u00f3ns. A adrenalina bulindo, horas de estrada e moitos concertos xuntos en cidades como Madrid, Santiago, Ourense, Vigo, ou na Sala Real en Agui\u00f1o. Grande e espectacular a posta en escena co resto da banda no concerto da Dorna do ver\u00e1n pasado. Tam\u00e9n n\u2019A Pousada da Galicia Imaxinaria, de Boiro, no Nadal. Aqu\u00ed mesmo, na Recoveira, en formato ac\u00fastico. E, como Chamaquito Pistolas e O Doctor Migra\u00f1a, en diferentes locais de Ribeira, cantando e tocando xuntos. Intercalando temas propios, cada un no seu estilo, co seu ritmo e as s\u00faas creaci\u00f3ns. Como far\u00e1n proximamente no <i>Festival Illote<\/i> o 27, 28 e 29 de marzo, nun concerto <i>in<\/i> <i>streaming,<\/i> organizado polo Doctor Migra\u00f1a<i>,<\/i> nestes d\u00edas duros de reclusi\u00f3n forzada. Unha marabillosa nova que acabo de saber agora. Un aut\u00e9ntico pracer.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><b><em><\/em><\/b><em>(<\/em>Carlos Mari\u00f1o: \u201dTi\u00f1a forza para emprender o cami\u00f1o e necesidade de amosar creaci\u00f3ns propias\u201d).<b>\u00a0<\/b>A conversa con Carlos Mari\u00f1o fl\u00fae coa naturalidade de quen ten moito que contar. \u00c9 un pracer o\u00edlo falar da m\u00fasica coa familiaridade de quen lle bule dentro dende sempre. Escoita e responde con pausa e certa timidez. E, como non pode ser doutro xeito, f\u00eda a s\u00faa traxectoria dende o inicio. Sinala o pai como o seu referente musical na infancia, a quen lembra compo\u00f1endo canci\u00f3ns e tocando a guitarra. Mais o punto de inflexi\u00f3n ser\u00eda Miguel R\u00edos, cando asiste a un concerto del na Coru\u00f1a sendo un adolescente. No instituto f\u00e9rvelle nos dedos as ganas de tocar. E o seu sorriso faise grande ao lembrar as xuntanzas cos amigos para escoitar os <i>Rolling<\/i>, <i>Burning<\/i> ou <i>Tequila<\/i>. E para tocar. Desas reuni\u00f3ns en garaxes, en casas particulares, xorde a banda de rock, <i>Os Prestados, <\/i>a comezos dos 90. \u201cEstabamos Juan, Roberto, logo Pedro, Xani, Chemo, e eu\u201d, explica. \u201cCantabamos temas escritos por Xani, nos que todos participabamos. E tivemos apoio de bandas de Ribeira, como <i>Hepatitis. <\/i>Os instrumentos eran prestados, de a\u00ed v\u00e9n o nome.\u201d Ese ruxe ruxe l\u00e9vao a mergullarse nun novo proxecto musical. No 2003 canta, como convidado, coa banda ribeirense, <i>A<\/i> <i>Companh\u00eda do Ru\u00eddo,<\/i> no festival de Pardi\u00f1as en Guitiriz, xunto con <i>Paulino e Las Ni\u00f1as<\/i>. \u201cLembro que estaban Tomit\u00f3n, Nando Llon, David, Alberto e Capit\u00e1n Chumeiras\u201d. Comezar\u00eda unha nova singradura \u201caprendendo moit\u00edsimo e gozando da m\u00fasica como nunca o fixera\u201d e xunto a outros m\u00fasicos cos que percorrer\u00eda \u201cfestivais de Galicia e de toda Espa\u00f1a\u201d ata o 2012. Con Nando P\u00e9rez iniciar\u00eda un periplo, como baixista, en <i>Os Salm\u00f3ns<\/i> (2007) que continuar\u00eda<i> <\/i>ata hoxe en <i>Chamaquito Pistolas e As Balas Perdidas, <\/i>participando en diversos traballos discogr\u00e1ficos e concertos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero, cando nace o Doctor Migra\u00f1a? Cando xorde ese \u201crock and roll de corte cl\u00e1sico con tintes de garaxe e pinceladas de blues?\u201d. Pois sobre o 2010. Explica que \u201cti\u00f1a forzas para emprender o cami\u00f1o e necesidade de amosar creaci\u00f3ns propias. De botar o rock and roll que levaba dentro\u201d en canci\u00f3ns, v\u00eddeos, e divertidos concertos. No 2016 ga\u00f1a o <i>Xite Dorneiro<\/i>. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/DOCTOR-MIGRA\u00d1A.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-12829\" alt=\"DOCTOR MIGRA\u00d1A\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/DOCTOR-MIGRA\u00d1A-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/DOCTOR-MIGRA\u00d1A-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/DOCTOR-MIGRA\u00d1A-900x600.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/11\/DOCTOR-MIGRA\u00d1A.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>E no 2019 colabora no proxecto<i> Jalerna <\/i>coa s\u00faa canci\u00f3n<i>\u201cGeneraci\u00f3n Z<\/i>\u201d, e grava<i> <\/i>un v\u00eddeo mesturado por Laura Cruxeiras. Un Doctor Migra\u00f1a que engaiola coa s\u00faa voz poderosa e unha guitarra vermella. \u00c1s veces s\u00f3, outras acompa\u00f1ado polos <i>Speedyfriends<\/i>. Pasi\u00f1o a pasi\u00f1o. Porque, como el mesmo di, o rock \u00e9 tam\u00e9n \u201ca arte de combinar familia e overdrive\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">(Nando P\u00e9rez: \u201cCando un est\u00e1 no escenario, esa sensaci\u00f3n \u00e9 a mellor do mundo\u201d)<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nando P\u00e9rez \u00e9 un m\u00fasico de cerna nado en Ribeira. No fogar familiar era doado escoitar diferentes instrumentos grazas ao pai, m\u00fasico de profesi\u00f3n. Realiza estudos de M\u00fasica pero foi a s\u00faa paix\u00f3n, e as ganas de aprender e experimentar, o que o levou a completar a s\u00faa formaci\u00f3n como artista. No 2005 comeza a s\u00faa traxectoria tocando o clarinete n\u2019 <i>A Companh\u00eda do Ru\u00eddo<\/i>. Unha banda din\u00e1mica e aberta que mestura ritmos e estilos diversos outorg\u00e1ndolle un gran protagonismo aos instrumentos e \u00e1 retranca. Un proxecto cativador no que Nando estivo inmerso, participando nalg\u00fans traballos discogr\u00e1ficos xunto a outros m\u00fasicos como Alberto Mill\u00e1n, Tom\u00e1s Ageitos, Nando Llon, To\u00f1o Mill\u00e1n, Sabela Olivares, Susana Sampedro, Ana Blanco e Carlos Mari\u00f1o. Grupo co que segue colaborando, de cando en vez, xunto ao incombust\u00edbel Suso Bello.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Se falamos de referentes musicais, Nando non dubida en citar <i>Ataque Escampe<\/i>, os <i>Rolling<\/i>, <i>Nacho<\/i> <i>Vegas<\/i>, <i>Bunbury <\/i>ou <i>Calamaro<\/i>. De feito, no 2007, forma <i>Os Salm\u00f3ns<\/i>, un grupo de versi\u00f3ns de Calamaro. Pero \u00e9 no 2010 cando sente a necesidade de darlle forma a un proxecto persoal e botar f\u00f3ra composici\u00f3ns propias nas que a palabra elixida e a nota musical ocupan o lugar axeitado. \u201cSon canci\u00f3ns que xorden dun xeito natural, nas que predomina unha tem\u00e1tica social e unha maneira de sentir que sempre invitan a gozar da m\u00fasica a ritmo de rock, vals, tango e blues\u201d. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/CHAMAQUITO-PISTOLAS.-jpg.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-12895\" alt=\"CHAMAQUITO PISTOLAS. jpg\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/CHAMAQUITO-PISTOLAS.-jpg-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/CHAMAQUITO-PISTOLAS.-jpg-300x300.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/CHAMAQUITO-PISTOLAS.-jpg-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/CHAMAQUITO-PISTOLAS.-jpg-144x144.jpg 144w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/CHAMAQUITO-PISTOLAS.-jpg-900x900.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/CHAMAQUITO-PISTOLAS.-jpg.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>As\u00ed nacen tres importantes discos:<i> Ollomol<\/i> (2013), <i>Deep Galician<\/i> (2015) e <i>Humano<\/i> (2018). Este \u00faltimo \u00e9 o m\u00e1is ambicioso e do que asegura estar m\u00e1is satisfeito<i>.<\/i> Nesta nova andaina acomp\u00e1\u00f1ano grandes m\u00fasicos, como Juancho na guitarra, David Ageitos no teclado (nos primeiros tempos ser\u00eda Miki), Carlos Mari\u00f1o no baixo e Pepe na bater\u00eda (nos \u00faltimos tempos Manu Chin). As\u00ed nace a banda <i>Chamaquito Pistolas e Las Balas Perdidas. <\/i>E<i> <\/i>fala con entusiasmo das gravaci\u00f3ns ao vivo, dos artistas convidados nos concertos, dos detalles previos, da est\u00e9tica de Chamaquito Pistolas: \u201cDeixar de ser persoa para converterme en personaxe\u201d. Da emoci\u00f3n, bulindo: \u201dCando un est\u00e1 no escenario, esa sensaci\u00f3n \u00e9 a mellor do mundo. A liberdade. A complicidade cos compa\u00f1eiros. O entendemento s\u00f3 con mirarnos\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na actualidade Nando reside en Madrid e non deixa de escribir e compo\u00f1er, de relacionarse con novos cantautores. E calquera d\u00eda destes volver\u00e1 facernos gozar coas s\u00faas letras, co son da s\u00faa voz e da s\u00faa m\u00fasica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mar\u00eda Xes\u00fas Blanco.\u00a0BINOMIO MUSICAL.\u00a0Cando chego \u00e1 Recoveira, Nando P\u00e9rez est\u00e1 sentado nunha mesa que mira \u00e1 praza. A temperatura \u00e9 suave e apetece o aperitivo. A Nando g\u00fastalle falar, pero tam\u00e9n escoitar. Necesita a pregunta concreta para dar unha resposta co detalle que ti necesitas o\u00edr. De contado chega Carlos. Chamaquito Pistolas e o Doctor &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12828\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Doctor Migra\u00f1a e Chamaquito Pistolas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,38,8],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12828"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12828"}],"version-history":[{"count":6,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12828\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12897,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12828\/revisions\/12897"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12828"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12828"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12828"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}