{"id":12928,"date":"2020-12-31T06:00:20","date_gmt":"2020-12-31T06:00:20","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12928"},"modified":"2020-12-26T13:27:55","modified_gmt":"2020-12-26T13:27:55","slug":"limiar-anuario-barbantia-2020","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12928","title":{"rendered":"Limiar Anuario Barbantia 2020"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/barbantia-2020-anuario.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12929\" alt=\"barbantia-2020-anuario\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/barbantia-2020-anuario-300x232.jpg\" width=\"300\" height=\"232\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/barbantia-2020-anuario-300x232.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/barbantia-2020-anuario.jpg 561w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>O d\u00eda que me recordaron que ti\u00f1a que escribir o limiar deste anuario estaba lendo o facs\u00edmile do primeiro n\u00famero de <i>N\u00f3s. Bolet\u00edn mensual da cultura galega <\/i>que o xornal N\u00f3s Diario publicou o mesmo d\u00eda, o 30 de outubro, que sa\u00edra o orixinal en 1921. Cumpr\u00edanse cen anos do comezo dunha aventura intelectual e pol\u00edtica, no mellor sentido da palabra, que eu admiraba moito.<!--more--> \u00c9 f\u00e1cil entender por que lendo o pr\u00f3logo, <i>Primeiras Verbas<\/i>: \u201c\u00c9 a ansia qu\u00b4oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar \u00f3 seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia lumiosa do ma\u00f1\u00e1n, o que nos fai sair. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantabel na vitalidade e o xenio da n\u00f3sa Raza, e mais na eficacia do n\u00f3so esforzo pra levala \u00f3 cumprimento do seu fado grorioso. Oxe chegou \u00e1 vida na n\u00f3sa Terra, unha xeneraci\u00f3n que se deprocatou do seu imperioso deber social de crearen pra sempre a cultura galega. Endexamais foi meirande a n\u00f3sa autividade creadora. <i>N\u00f3s <\/i>ven a recoller todos ises esforzos d\u00b4integraci\u00f3n da Patrea galega no seu xa rico polimorfismo\u201d .<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Como \u00e9 un tema de m\u00e1xima actualidade, e non creo nas casualidades, decid\u00edn falar neste limiar desas primeiras palabras da conciencia cultural galega. Pero, como me adoita pasar, en canto souben de que \u00eda falar, comezaron na mi\u00f1a cabeza os conflitos intelectuais, case sempre en forma de loita de opostos para, deseguido, buscar ese perigoso pero f\u00e9rtil terreo da matizaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Neste caso, o primeiro oposto era a idea de que me deb\u00eda limitar a copiar, unha a unha e na mesma secuencia, esas primeiras verbas escritas hai cen anos coa mesma intenci\u00f3n coa que Borges escribiu <i>Pierre Menard, autor de El Quijote, <\/i>pois esas mesmas primeiras palabras escritas por min e lidas por un lector do s\u00e9culo XXI ser\u00edan unhas primeiras palabras moi diferentes. Pero axi\u00f1a me decatei de que a\u00ednda sendo certo que inevitablemente ser\u00edan unhas palabras diferentes, e non s\u00f3 porque o galego da \u00e9poca nos dificultar\u00eda a lectura, e non s\u00f3 porque o uso de palabras como <i>Raza <\/i>ou <i>ser verdadeiro e inmorrente<\/i> nos parecer\u00edan pouco apropiadas ou excesivamente solemnes, tam\u00e9n me decatei de que o m\u00e1is probable ser\u00eda que nos parecesen as mesmas palabras. Ao fin e ao cabo, a\u00ednda hoxe, cen anos despois, vivimos co imperioso deber social de crear para sempre (a\u00ednda non est\u00e1 garantido) a cultura galega.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O outro oposto, moi propio da mi\u00f1a din\u00e1mica mental e intelectual, ser\u00eda intentar desmitificar esas <i>Primeiras Verbas<\/i>, comezando por unha cr\u00edtica aos puntos d\u00e9biles que, como todo texto e como toda opini\u00f3n, hab\u00eda de ter. Loxicamente, que detr\u00e1s desa revista estivesen personalidades da talla de Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas, Cabanillas ou Losada Di\u00e9guez, lonxe de intimidarme, estimul\u00e1bame o meu esp\u00edrito desmitificador. Estou convencido, creo que \u00e9 a base do esp\u00edrito cr\u00edtico, que quen mitifica unha idea ou unha personalidade conv\u00e9rtese nun crego ou nun profeta, e que quen as desmitifica, nun intelectual, outra vez no bo sentido da palabra. Aos primeiros, Castelao chamar\u00edalles homes que traballan por non traballar, ou homes que son abreviaturas, estratos, esencias, resumes, pois mitificar evita pensar, ese encordio para o sono, o resto da t\u00faa vida.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Por suposto, optei por cumprir co meu deber. Desmitificar. E con esa intenci\u00f3n lin o resto desas primeiras palabras. Resto que agora resumo en breves telegramas:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <i>Os colaboradores de N\u00f3s poden ser o que lles pete. S\u00f3 deben cumprir un requisito: estar orgullosos de seren galegos. <\/i>(Nada que desmitificar)<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 N\u00f3s<i> ama tanto a tradici\u00f3n galega como os valores novos que est\u00e1n a xurdir nos nosos tempos. <\/i>(Nada que desmitificar).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 N\u00f3s<i> representa a personalidade galega na s\u00faa ansia de se afirmar como valor universal, aut\u00f3ctono, diferenciado, dentro ou f\u00f3ra da terra. <\/i>(Nada que desmitificar)<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0\u00a0\u00a0 \u00a0<\/i>N\u00f3s <i>quere relacionar o pensamento galego e o pensamento dos pobos cultos sen intermediarios, abrindo as s\u00faas p\u00e1xinas a personalidades doutras culturas e dando a co\u00f1ecer aos galegos os movementos culturais doutras latitudes. <\/i>(Nada que desmitificar).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/i>N\u00f3s <i>est\u00e1 convencida de que este proxecto vai triunfar por sermos galegos e por seren o Tempo e o Mundo quen o piden. <\/i>(Nada que desmitificar).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/i>N\u00f3s <i>conta achar agarimo e xenerosa axuda en todos os que pensen o mesmo. <\/i>(Nada que desmitificar).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0<\/i>\u00a0 \u00a0 \u00a0Non hai ningunha d\u00fabida de que os promotores da revista <i>N\u00f3s <\/i>ben poder\u00edan denunciarnos por plaxio aos promotores do anuario Barbantia pois non outros son os nosos obxectivos, tomando o Barbanza como o que realmente queremos que sexa, unha sin\u00e9cdoque de Galicia. Por iso, non creo que haxa mellor limiar para este anuario que aquelas primeiras palabras da revista N\u00f3s, esas palabras que vos acabo de ofrecer como un facs\u00edmile do seu esp\u00edrito.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0O d\u00eda que me recordaron que ti\u00f1a que escribir o limiar deste anuario estaba lendo o facs\u00edmile do primeiro n\u00famero de N\u00f3s. Bolet\u00edn mensual da cultura galega que o xornal N\u00f3s Diario publicou o mesmo d\u00eda, o 30 de outubro, que sa\u00edra o orixinal en 1921. Cumpr\u00edanse cen anos do comezo dunha aventura &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12928\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Limiar Anuario Barbantia 2020<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12928"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12928"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12928\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12930,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12928\/revisions\/12930"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12928"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12928"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12928"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}