{"id":12987,"date":"2021-01-22T06:00:16","date_gmt":"2021-01-22T06:00:16","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12987"},"modified":"2021-01-17T09:42:34","modified_gmt":"2021-01-17T09:42:34","slug":"polos-vieiros-da-saudade-de-ramon-otero-pedrayo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12987","title":{"rendered":"Polos vieiros da saudade, de Ram\u00f3n Otero Pedrayo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/71OsnixPXlL.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-12988\" alt=\"71OsnixPXlL\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/71OsnixPXlL-198x300.jpg\" width=\"198\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/71OsnixPXlL-198x300.jpg 198w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/71OsnixPXlL-677x1024.jpg 677w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/71OsnixPXlL-900x1359.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/71OsnixPXlL.jpg 916w\" sizes=\"(max-width: 198px) 100vw, 198px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Custoume unhas poucas p\u00e1xinas entrar no libro. Hab\u00eda tempo que non l\u00eda un texto de Otero Pedrayo, e aquel estilo que me fascinara nos anos oitenta en <i>Arredor de si<\/i>, provoc\u00e1bame un certo rexeitamento, probablemente, penso agora, porque o comprara convencido de que \u00eda ler unhas simples memorias sobre unha viaxe de Trasalba a Bos Aires, con paradas en Tui, O Porto, Lisboa, R\u00edo de Xaneiro e Montevideo. E diso trata o libro, sen d\u00fabida, pero tam\u00e9n, e sobre todo, dunha viaxe pola vasta cultura universal e pola barroca vocaci\u00f3n de estilo dun autor para quen escribir \u00e9, sen d\u00fabida, moi en sentido decimon\u00f3nico, escribir bonito. <!--more-->Pero axi\u00f1a recuperei a fascinaci\u00f3n, e devorei o libro en d\u00faas longas sentadas, abraiado ante a capacidade de don Ram\u00f3n por mesturar nun mesmo par\u00e1grafo o prosaico (mesmo o cient\u00edfico) e o l\u00edrico, o popular e a alta cultura, o sensible e o intelectual, a calma chicha e os mares embravecidos, Pedro Madruga e Leopardi, o Deuteromonio e a grandeza do eido, do torr\u00f3n e do fogar galegos, e todo cun idioma galego riqu\u00edsimo e orgulloso de mostrar ao mundo a s\u00faa beleza e a s\u00faa eficacia<i>. <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Debo reco\u00f1ecer, por\u00e9n, que levei unha enorme decepci\u00f3n cando, xa en Arxentina, pasaban os cap\u00edtulos, en concreto vinte e dous, e apenas hab\u00eda referencias \u00e1 figura de Castelao. Mesmo comecei a recordar, como necesidade de superar o agravio comparativo que estaba a experimentar (falaba m\u00e1is de Arturo Cuadrado) que este mes o concello de Rianxo celebra os Actos Castelao e que Miguel Anxo Seixas Seoane presentar\u00e1 o segundo tomo da s\u00faa excepcional biograf\u00eda sobre o ilustre rianxeiro, no que a\u00ednda non incl\u00fae (vai de 1931 a 1939) a s\u00faa estancia en Arxentina. Pero, de novo, a desilusi\u00f3n tornou entusiasmo ao atoparme un \u00faltimo cap\u00edtulo titulado <i>Castelao.<\/i> E un cap\u00edtulo no que don Ram\u00f3n esquece a s\u00faa vasta cultura, mesmo lle aplica coidados paliativos \u00e1 s\u00faa vocaci\u00f3n de estilo, e narra cunha emoci\u00f3n contida, pero desbordante (don Ram\u00f3n perdoarame con gusto o paradoxo), o seu encontro con Castelao en Bos Aires. Estamos en 1947 e levan sen verse desde o San Xo\u00e1n de 1936, e at\u00f3panse, grazas a Manuel Puente, que os acompa\u00f1a, a Castelao e a Virxinia, no hotel no que para don Ram\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 E, de seguido, o cap\u00edtulo conv\u00e9rtese nunha das m\u00e1is fermosas gabanzas a Castelao que un ten lido ou o\u00eddo. Por unha raz\u00f3n moi sinxela. O meu olfacto faime desconfiar de calquera demostraci\u00f3n de amor expresada con barrocas e solemnes palabras, e cun medido e calculado estilo literario. Pero Otero Pedrayo consegue en todo o libro e, sobre todo, neste \u00faltimo cap\u00edtulo, que o que en calquera outro autor me parecer\u00eda un artificio, ou unha demostraci\u00f3n de vaidade, apareza como algo natural e propio da s\u00faa extraordinaria intelixencia. Imaxinade, xa que logo, que puiden sentir cando, en referencia a Castelao, di: <i>O seu vivir era sinxelo, os seus gustos case asc\u00e9ticos. Con amor manxaba os seus cachelos e a s\u00faa carne arxentina. Levaba sen se decatar, inocentemente, a pesadume da s\u00faa gloria. Unha gloria non descida sobre a fronte de ning\u00fan galego dende o pasamento de Rosal\u00eda, como ning\u00fan xenio, ag\u00e1s de Castelao, ten alumeado na Nosa Terra dende a autora de Follas novas e o pasamento de Pondal. <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/i>\u00a0E que aquilo o dixese con total sinceridade quen, para a min, \u00e9 o escritor galego de maior formaci\u00f3n intelectual, elevaba a\u00ednda m\u00e1is a Rosal\u00eda, a Pondal e a Castelao, pero, sobre todo, o libro que acababa de ler.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Custoume unhas poucas p\u00e1xinas entrar no libro. Hab\u00eda tempo que non l\u00eda un texto de Otero Pedrayo, e aquel estilo que me fascinara nos anos oitenta en Arredor de si, provoc\u00e1bame un certo rexeitamento, probablemente, penso agora, porque o comprara convencido de que \u00eda ler unhas simples memorias sobre unha viaxe de Trasalba &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=12987\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Polos vieiros da saudade, de Ram\u00f3n Otero Pedrayo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12987"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=12987"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12987\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12989,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/12987\/revisions\/12989"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=12987"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=12987"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=12987"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}