{"id":13000,"date":"2021-01-30T06:00:07","date_gmt":"2021-01-30T06:00:07","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13000"},"modified":"2021-01-19T19:53:51","modified_gmt":"2021-01-19T19:53:51","slug":"suso-de-toro-e-un-senor-elegante","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13000","title":{"rendered":"Suso de Toro e Un se\u00f1or elegante"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/Un-se\u00f1or-elegante2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13002\" alt=\"Un se\u00f1or elegante2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/Un-se\u00f1or-elegante2-202x300.jpg\" width=\"202\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/Un-se\u00f1or-elegante2-202x300.jpg 202w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/Un-se\u00f1or-elegante2.jpg 229w\" sizes=\"(max-width: 202px) 100vw, 202px\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Suso de Toro acostuma cambiar a maneira na que transitar o territorio literario en cada obra, de a\u00ed que sempre entremos nos seus libros como quen abre unha porta ao desco\u00f1ecido. Na \u00faltima entrega reconstr\u00fae a biograf\u00eda de persoas moi co\u00f1ecidas entre n\u00f3s e faino dialogando con elas; pregunt\u00e1ndose pola certeza das s\u00faas descubertas, introduc\u00edndose no relato coma un m\u00e1is dos personaxes reais que por el se moven, aplicando a s\u00faa experiencia persoal ao que outros lle contan&#8230;\u00a0Penetramos co autor na vida desa familia compostel\u00e1, os Baltar. Unha li\u00f1axe de m\u00e9dicos na gran cidade sanitaria de Galicia: un pai e un fillo que foron directores do Hospital Real, que crearon sanatorios privados<!--more-->, co seu nome, nos que cunha das mans se atende a beneficencia e a disidencia; case unha aristocracia de mecenas que coidan o corpo pero tam\u00e9n o pensamento. Comezar asistindo a Murgu\u00eda e Rosal\u00eda e continuar cos Castelao e os Dieste, curar \u00e1s agachadas as feridas e os enfermos inconfesables, apoiar a oposici\u00f3n da ditadura correndo os peores riscos e perdendo as oportunidades que lles ter\u00edan correspondido, pero tam\u00e9n sufrir as envexas dos mediocres dunha cidade de provincias, esas mesquindades dos que po\u00f1en a cambadela ou quedan agardando a que caia para poder aledarse.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Resulta atractivo este tipo de lectura, na que vas atopando referencias a persoas co\u00f1ecidas ata o punto de fotografar o fragmento no que aparecen e pasarllo por washap, para que saiba que est\u00e1s con ela nesa p\u00e1xina. Case te atopas a ti mesma no relato (\u201cnese momento, a\u00ed, estaba eu\u201d, pensas) de forma que, se en lugar dun libro estiveramos ante un documental, te ver\u00edas entre o p\u00fablico nunha das panor\u00e1micas. Co\u00f1ecemos alg\u00fans dos que levan ese apelido, sabemos das casas que se citan, ti\u00f1amos noticia do valor da biblioteca que depositaron no Museo do Pobo Galego (e da que puidemos ver unha exposici\u00f3n de fondos arredor do humor co t\u00edtulo <i>Humoroteca: O humor gr\u00e1fico na Biblioteca Baltar (1894-1986)<\/i>) sabiamos da relaci\u00f3n desta familia coa de Castelao (ata o punto de que a s\u00faa casa lles pertence na actualidade) e sabiamos dun Baltar exiliado en Arxentina mov\u00e9ndose no c\u00edrculo daquela Galicia ilustrada e republicana que exist\u00eda m\u00e1is al\u00e1 do oc\u00e9ano. Seguimos o autor no percorrido pola familia, comezando polo vello \u00c1ngel e continuando cos dous fillos (porque as mulleres est\u00e1n no lugar de sombra), igual que el deix\u00e1monos sorprender polo irm\u00e1n que queda no desterro interior, botamos a mirada a un e outro, a Ant\u00f3n e a Ram\u00f3n, observamos os indescifrables (eses segredos que xa non podemos desenlear porque os seus donos marcharon co tempo) e quedamos botando de menos xente desa talla intelectual e \u00e9tica, xente enraizada no pa\u00eds sen perder de vista o mundo e os seus avances, protectores de ideolox\u00eda\u00a0 e cultura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un libro co bo facer de Suso de Toro, sempre disposto a transitar outros cami\u00f1os, e coa elegancia da xente de ben.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Suso de Toro acostuma cambiar a maneira na que transitar o territorio literario en cada obra, de a\u00ed que sempre entremos nos seus libros como quen abre unha porta ao desco\u00f1ecido. Na \u00faltima entrega reconstr\u00fae a biograf\u00eda de persoas moi co\u00f1ecidas entre n\u00f3s e faino dialogando con elas; pregunt\u00e1ndose pola certeza das s\u00faas descubertas, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13000\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Suso de Toro e Un se\u00f1or elegante<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[9,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13000"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13000"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13000\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13003,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13000\/revisions\/13003"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13000"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13000"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13000"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}