{"id":13050,"date":"2021-02-03T06:00:31","date_gmt":"2021-02-03T06:00:31","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13050"},"modified":"2021-01-30T12:15:02","modified_gmt":"2021-01-30T12:15:02","slug":"algunhas-xoias-da-colleita-do-71","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13050","title":{"rendered":"Algunhas xoias da colleita do 71"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/gallery_medium.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13051\" alt=\"gallery_medium\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/gallery_medium-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/gallery_medium-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/gallery_medium-450x300.jpg 450w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/gallery_medium.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Neste 2021 fai 50 anos dunha excelente colleita musical. A que se sementou no 1971. Daquela acababamos de entrar nunha nova d\u00e9cada, xa sen The Beatles e sen Jimi Hendrix, entre outros. A era dos setenta arrancou trala tr\u00e1xica coroaci\u00f3n dos prodixiosos 60, cando nos seus estertores tivo lugar o sanguento pesadelo do Festival de Altamont en San Francisco (USA).<!--more--> O multitudinario concerto gratu\u00edto que ofrec\u00edan os Rolling Stones na costa este como peche da xira que os ti\u00f1a levado polas cidades m\u00e1is populosas de Norteam\u00e9rica \u00eda culminar o 6 de decembro de 1969, data que puxo fin a un ano convulso e que se levou por diante a d\u00e9cada do amor libre, dos so\u00f1os florais e tam\u00e9n da consigna: paz e amor, irm\u00e1ns!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed pois, aquel festival arruinou as poucas ilusi\u00f3ns que quedaban en p\u00e9 da fabulosa etapa que levantara o pano no 1962 con <i>Love Me Do<\/i> dos Beatles, o cuarteto de Liverpool que transmit\u00eda alegr\u00eda e xovialidade. Pero co paso dos anos vi\u00f1eron despois tempos, <i>bad times<\/i>, tempos m\u00e1is amargos e complexos, onde a droga fixo estragos, e chimpou para o outro &#8220;barrio&#8221;, entre outros, a Jimi Hendrix, Janis Joplin, Brian Jones, Jim Morrison&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Aquel maldito festival de Altamont, que \u00eda culminar coa actuaci\u00f3n das s\u00faas sat\u00e1nicas maxestades brit\u00e1nicas, contaba no seu cartel con grupos como Jefferson Airplane, Santana, Flying Burrito Brothers, Crosby, Stills, Nash &amp; Young e Greatful Dead e reuniu\u00a0 uns 300.000 espectadores. Os chamados &#8220;\u00c1ngeles del Infierno&#8221;, unha banda de moteiros cunha multitudinaria ficha de actos e falcatruadas delitivas no seu haber, foron os encargados de garantir a seguridade na \u00e1rea pr\u00f3xima ao escenario, a proposta dos Greatful Dead, que, non obstante, en vista do cami\u00f1o que foron collendo os sucesos renunciaron \u00e1 s\u00faa participaci\u00f3n, pois entend\u00edan que canto antes o fixeran os Rolling mellor ser\u00eda para todos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-13052\" alt=\"FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ-500x281.jpg 500w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ-900x506.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/FUUAXD6YWZBHHLE3A7KYC5CNRQ.jpg 1920w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0Como as\u00ed foi. Durante a actuaci\u00f3n da banda de Jagger e Richards os \u00e1nimos acend\u00e9ronse definitivamente. Saltaron chispas nos arredores e fronte aos gardadores da seguridade e no fragor da batalla que se desencadeou entre uns e os outros, rexistr\u00e1ronse ao final catro mortos e decenas de feridos. E a\u00ed empezou o final dun so\u00f1o, a sanguenta volta \u00e1 dura realidade. A\u00ednda as\u00ed e todo, non foi a \u00fanica traxedia que se rexistrou nun multitudinario festival. Dez anos m\u00e1is tarde, en Cleveland, unha fuxida previa a un show de The Who, saldouse con 11 mortes e centos de feridos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que ti\u00f1an ocorrido cousas e feitos moi distintos dos que proclamaban as canci\u00f3ns agradables dos anos da paz e do amor, do <i>Summer Love<\/i>, e comezaron a descubrirse acedos desamores, e ademais empezou a aflorar unha certa conciencia cr\u00edtica social e pol\u00edtica (as\u00ed como a guerra do Vietnam), no 1971, \u00e9 dicir, fai agora 50 anos, publicouse un formidable cesto de discos. Non collen todos aqu\u00ed, nin moito menos. Limitar\u00e9monos a bosquexar alg\u00fans deles e, se o tempo e as autoridades o permiten, dos demais falaremos noutra ocasi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E como empezamos polos Rolling Stones, tam\u00e9n arrancamos cun disco deles: &#8220;Stick Fingers&#8221;, un \u00e1lbum marcado pola presenza de Mick Taylor, un mozo de 20 anos, disc\u00edpulo de John Mayall e que xa ti\u00f1a participado en &#8220;Let It Bleed&#8221;, como substituto do falecido Brian Jones, pero foi neste traballo onde ofreceu a s\u00faa mellor versi\u00f3n como guitarrista virtuoso, pero con alma de blues.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81l0jrw7q8L._SY355_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13053\" alt=\"81l0jrw7q8L._SY355_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81l0jrw7q8L._SY355_-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81l0jrw7q8L._SY355_-300x300.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81l0jrw7q8L._SY355_-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81l0jrw7q8L._SY355_-144x144.jpg 144w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81l0jrw7q8L._SY355_.jpg 355w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>&#8220;Pearl&#8221; de Janis Joplin. A cantante texana morrera o 4 de outubro do 1970 de sobredose. Era a primeira gran estrela feminina na historia do rock. Ti\u00f1a 27 anos. Tres meses despois do seu finamento editouse &#8220;Pearl&#8221;, LP no que se mergullara nos \u00faltimos tempos da s\u00faa vida e que resultou ser o m\u00e1is vendido da s\u00faa carreira. Tr\u00e1tase dun \u00e1lbum ateigado de baladas nas que se aprecia a testemu\u00f1a dunha muller azoutada pola pena e falta de amor. Janis tr\u00f3nzase a alma en cada un dos temas, onde o que canta \u00e9 m\u00e1is que crible, pois son aut\u00e9nticos lamentos coma <i>Cry Baby<\/i>, <i>A Woman Left Lonely<\/i>, <i>My Baby.<\/i>.. que po\u00f1en os pelos de punta a\u00ednda 50 anos m\u00e1is tarde.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nesta colleita colocamos un disco espa\u00f1ol: &#8220;Mediterr\u00e1neo&#8221;, de Joan Manuel Serrat, e que estivo 21 semanas no n\u00famero un da listaxe de vendas. Nun pa\u00eds xeneticamente inclinado \u00e1 d\u00f3 fratricida e veci\u00f1al, o \u00e1lbum xerou un enorme consenso, como talvez nunca m\u00e1is se repetiu, porque lle gustaba a todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sen d\u00fabida unha das xoias m\u00e1s prezadas daquel 1971 foi &#8220;Hunky Dory&#8221; de David Bowie. Con motivo de renderlle unha pequena homenaxe polo quinto cabodano da s\u00faa morte, que tivo lugar o 10 de xaneiro do 2016, queremos facer un esbozo un pouco m\u00e1is ampla. Cando Bowie publicou este disco ti\u00f1a 23 anos (nacera o 8 de xaneiro de 1947 en Brixton) e xa era o cuarto da s\u00faa carreira musical. Pero este foi o que realmente o converteu nunha estrela mundial do pop-rock-glam.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81UL3M0WATL._SY355_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-13054\" alt=\"81UL3M0WATL._SY355_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81UL3M0WATL._SY355_-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81UL3M0WATL._SY355_-300x300.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81UL3M0WATL._SY355_-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81UL3M0WATL._SY355_-144x144.jpg 144w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/81UL3M0WATL._SY355_.jpg 355w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Antesala de &#8220;The Rise And Fall Of Ziggy Stardust And The Spiders\u00a0 From Mars (1972), &#8220;Hunky Dory&#8221; \u00e9 un disco a\u00ednda agora fascinante e \u00e9 onde o artista londinense descobre que a s\u00faa voz pos\u00fae un hipn\u00f3tico magnetismo. Dado que un pouco tempo antes deste traballo ti\u00f1a editado &#8220;The Man Who Sold The World&#8221;, que producira Tony Visconti e que a cr\u00edtica acollera dun xeito bastante morno, case sen entusiasmo, Bowie reformulouse a s\u00faa relaci\u00f3n co mundo do espect\u00e1culo. Decidiu coller o mando en primeira persoa e introduciu profundos cambios no seu equipo musical, o cal pasou en primeiro lugar por destitu\u00edr Visconti, ent\u00f3n demasiado ocupado en promocionar a T.Rex, e ademais modificou as posici\u00f3ns dos m\u00fasicos na s\u00faa formaci\u00f3n titular.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como resultado, en xeral notouse un son menos crispado que nos traballos anteriores, \u00e1 vez que deixaba espazos m\u00e1is abertos o cal aproveitou para impor a s\u00faa voz e que se percibiran sen estorbos todas as s\u00faas inflexi\u00f3ns dram\u00e1ticas. A partir de aqu\u00ed, empezou a s\u00faa escalada cara ao estrelato, para o cal ademais soubo p\u00f3rlle un pouco de ambigua pementa picante: viv\u00eda casado con Angie Barnett, coa que ti\u00f1a un fillo (Zowie) e na hora do lanzamento do seu novo \u00e1lbum, declaraba con toda naturalidade diante da prensa que era homosexual. A continuaci\u00f3n veu outro cambio de imaxe, &#8220;Ziggy Stardust&#8221; e o mundo ficou aos seus p\u00e9s.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Neste 2021 fai 50 anos dunha excelente colleita musical. A que se sementou no 1971. Daquela acababamos de entrar nunha nova d\u00e9cada, xa sen The Beatles e sen Jimi Hendrix, entre outros. A era dos setenta arrancou trala tr\u00e1xica coroaci\u00f3n dos prodixiosos 60, cando nos seus estertores tivo lugar o sanguento pesadelo do Festival &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13050\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Algunhas xoias da colleita do 71<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18,8],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13050"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13050"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13050\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13055,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13050\/revisions\/13055"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13050"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13050"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13050"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}