{"id":13152,"date":"2021-02-17T06:00:10","date_gmt":"2021-02-17T06:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13152"},"modified":"2021-02-15T13:13:43","modified_gmt":"2021-02-15T13:13:43","slug":"aproximacions-a-manoel-antonio-e-v","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13152","title":{"rendered":"Aproximaci\u00f3ns a Manoel Antonio (e V)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/images.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-13153\" alt=\"images\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/images.jpg\" width=\"200\" height=\"227\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>No seu libro <i>Aproximaci\u00f3ns a Manoel Antonio, <\/i>Axeitos critica unha das principais teses da mi\u00f1a biograf\u00eda do poeta rianxeiro, afirmando que non intu\u00eda no mundo unha dimensi\u00f3n escura e enigm\u00e1tica. A verdade, non me sorprendeu lelo neste libro, pois fora unha das maiores decepci\u00f3ns que me deparara a biograf\u00eda de Axeitos. Negar esa realidade e convertelo nun ser humano e nun poeta s\u00f3 preocupado por cuesti\u00f3ns sociais e pol\u00edticas. \u201cOcorre\u201d, di Axeitos, \u201cque o social e a presenza do pobo na obra de Manuel Antonio \u00e9 unha po\u00e9tica, non unha est\u00e9tica\u201d(sic). Probas? <!--more-->Que o primeiro poema de <i>De catro a catro <\/i>s\u00f3 expresa o desexo de buscar a independencia de Galicia con ilusi\u00f3n e optimismo. (En que se basea, non o di). Que hai alg\u00fan texto no que gaba os mari\u00f1eiros de Rianxo. (Hai bastantes m\u00e1is nos que defende un elitismo intelectual moi cr\u00edtico co pobo). Que en varios textos conecta con algunhas das inquedanzas das Irmandades. (Sen d\u00fabida, pero moit\u00edsimos m\u00e1is nos que conecta coas inquedanzas de Poe ou de Baudelaire ou de Nietzsche). Mesmo chega a afirmar que \u201c<i>De catro a catro <\/i>\u00e9 unha homenaxe aos homes do mar e \u00e1s s\u00faas paisaxes, do mesmo xeito que a obra de Machado <i>Campos de Castilla <\/i>contempla a paisaxe campesi\u00f1a e os homes que a habitan\u201d(sic). De feito ded\u00edcalle m\u00e1is de cincuenta p\u00e1xinas a transcribir o diario de navegaci\u00f3n que Manoel Antonio escribiu no Constantino Candeira<i>, <\/i>e que el xustifica dicindo que a s\u00faa lectura \u00e9 \u201co per\u00edstilo que nos leva a <i>De catro a catro\u201d, <\/i>pois nese diario aparecen \u00e1s veces \u201cexpresi\u00f3ns que denotan unha emoci\u00f3n contida\u201d. E pon como exemplo a seguinte anotaci\u00f3n do noso poeta: <i>\u201cMar fermoso e despexado o ceo\u201d <\/i>xa que, concl\u00fae Axeitos, o mar \u201cpode estar, dependendo da forza do vento, calmo, liso, groso, rizado, etc., pero non fermoso! (sic)\u201d. E tam\u00e9n para sinalar que cando Manoel Antonio escribe nese diario que \u201ca 2 h pasa o <i>Aurita <\/i>por barlovento en bordo de E\u201d, esa embarcaci\u00f3n ben puido ser a inspiradora dun verso de <i>De catro a catro.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Nada m\u00e1is saca en limpo Axeitos dese diario. Loxicamente, pois est\u00e1 escrito cun interese meramente burocr\u00e1tico, como demostra esta cita (na traduci\u00f3n ao galego de Axeitos, o orixinal est\u00e1 en castel\u00e1n), tomada como cifra do conxunto:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <i>A tarde deste d\u00eda e ata as 8:00 imos en volta de terra con todo o largo e Norte frouxo; viramos a esa hora un pouco a barlovento de Monte Dor. Ceo e horizonte despexados. \u00a0<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/i>Por\u00e9n, Axeitos non fai ningunha referencia, nun escritor no que vida e obra est\u00e1n fundidos, a textos coma este:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O Mar \u00e9 ese algo que non vemos, que xorde da auga e corre pola xerfa, sempre esquinando a nosa ollada inquisidora, e anda \u00e1s loitas co vento, facendo tolemias; que chopa na auga e mete o lombo debaixo da quilla para que o veleiro faga sobre o seu esforzo mal\u00e9volo un equilibrio macabro, e volve xurdir, cada volta m\u00e1is entolecido, e esforcea cos mastros onde as velas se tenden como arcos apuntando ao al\u00e9n.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/i>\u00c9 unha cita dun conxunto de textos que o propio Axeitos recolleu nas obras completas de Manoel Antonio (un traballo, sen d\u00fabida, excepcional, e que merece o un\u00e1nime reco\u00f1ecemento da cultura galega)<i> <\/i>e que incluso titula con acertad\u00edsima inspiraci\u00f3n <i>Singraduras<\/i>, e que, ao meu entender, si \u00e9 o per\u00edstilo de <i>De catro a catro. <\/i>Como eu escribo na mi\u00f1a biograf\u00eda sobre esta \u00faltima cita, o lector ten d\u00faas opci\u00f3ns. Primar palabras como mar, auga, xerfa, vento, quilla, veleiro, mastro, vela, ou primar termos como ollada inquisidora, loitas, tolemias, esforzo mal\u00e9volo, equilibrio macabro, entolecido, al\u00e9n. Para os primeiros, ser\u00e1 o poeta do mar. Para os segundos, o poeta do misterio ou o poeta do Al\u00e9n.<i> <\/i>Eu opto, sen d\u00fabida, pola segunda opci\u00f3n. A\u00ednda as\u00ed, aceptar\u00eda sen ning\u00fan problema a primeira, sempre que se refira, por suposto, non ao poeta do mar dos mari\u00f1eiros, sen\u00f3n ao poeta do Mar, como dir\u00eda o propio Manoel Antonio, sen fin.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Permitan que o xustifique brevemente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n<p style=\"text-align: justify;\">Non hai d\u00fabida ningunha de que Manoel Antonio era un home de alma anarquista e de corpo arredista. Non hai d\u00fabida ningunha de que ti\u00f1a un compromiso vital moi meritorio e intenso co nacionalismo. Non hai ningunha d\u00fabida de que ti\u00f1a unha sincera e temper\u00e1 preocupaci\u00f3n pola inxustiza e a miseria na que viv\u00edan os mari\u00f1eiros da s\u00faa vila. Pero tampouco debe habela de que Manoel Antonio v\u00eda o mundo con ollos literarios: chega a dicir que tan aventura son as ideas ex\u00f3ticas que el ti\u00f1a para un relato dun mari\u00f1o como a experiencia de Dieste nas trincheiras da guerra en \u00c1frica. Nin debe haber d\u00fabida ningunha de que o m\u00e1ximo af\u00e1n da s\u00faa alma era ser poeta. Que tipo de poeta? Pensemos nos seus referentes literarios: a poes\u00eda francesa do XIX, principalmente Baudelarie, Poe e Nietzsche. Pensemos que se o anarquismo e o nacionalismo fosen substanciais para explicar a s\u00faa poes\u00eda, esta soar\u00eda sumamente artificiosa. Consideralo un poeta social \u00e9 chamarlle pedante e retorcido, mesmo contrarrevolucionario, como far\u00edan os comunistas sovi\u00e9ticos. Pensemos na s\u00faa prosa literaria, cun forte car\u00e1cter autobiogr\u00e1fico, e cuxos t\u00edtulos (a maior\u00eda deles, suxeridos polo texto, segundo el mesmo reco\u00f1ece, do propio Axeitos) xa indican por onde van os tiros: <i>A cidade dos homes que non ti\u00f1an alma, O que o sol-por calaba, Novela vulgar, Terras d\u00b4 afora, Conto d\u00b4o afogado, O romeiro de Sant-Iago, Diario rom\u00e1ntico.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/21025226_opt.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-13154\" alt=\"21025226_opt\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/21025226_opt-300x167.jpg\" width=\"300\" height=\"167\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/21025226_opt-300x167.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/21025226_opt.jpg 570w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> <\/i>E lean <i>A novela de Rodolfo Cruceiro, A novela de Ram\u00f3n Cruceiro <\/i>e demais relatos: barcos vellos ou varados na praia que gardan os segredos dos afogados, cruces de afogado, buguinas, ideas plat\u00f3nicas preexistentes buscando un recuncho onde ani\u00f1ar, mortos superviventes, vellas da ribeira nas que o esp\u00edrito de Rianxo percorre o seu propio cad\u00e1ver, ollos de nenas cegas que non poden desprenderse do lonxe e do Al\u00e9n, o Urco, o home do saco, o Xudeu errante, todos eles e calquera outra cousa que se lle po\u00f1a por diante (a estra\u00f1a poes\u00eda das cousas vulgares), como s\u00edmbolos desa dimensi\u00f3n oculta na que viv\u00eda a s\u00faa alma m\u00e1is profunda, e que permiten describilo, cunha expresi\u00f3n do propio Manoel Antonio, como un psic\u00f3logo do Al\u00e9n. Lean a prosa de tema literario e cultural. Ata cando describe Padr\u00f3n para unha revista das festas fala da Atl\u00e1ntida. Vexan as traduci\u00f3ns que fai. O retrato oval de Poe, por exemplo, ou <i>A morte do cisne, <\/i>de P\u00e9ret, ou <i>Criolla morta n-o leito d\u00b4os sonos, <\/i>de Rambaud. L\u00e9ase o epistolario e v\u00e9xase como describe Vigo, e como non o describe (a ausencia total dos problemas sociais, grav\u00edsimos, daqueles anos), como describe a s\u00faa relaci\u00f3n cos pi\u00f1eiros, coa chuvia, co solpor, coa br\u00e9tema, coa noite, consigo mesmo. L\u00e9ase, sobre todo, a raz\u00f3n da s\u00faa vida, a poes\u00eda, e v\u00e9xase de novo esa dimensi\u00f3n misteriosa que o caracteriza. Nos primeiros poemas: <i>Ped\u00ed con voz doliente y clamorosa \/ al hada de la Dicha, misteriosa, un rayo de su luz vivificante<\/i>. Nos poemas intermedios: <i>O roib\u00e9n devecente \/ cinematograf\u00eda encol d\u00b4o mar \/ n-o pano furado d\u00b4estrelas \/ un pensamento inconscente<\/i>. \u00a0No seu libro de referencia: <i>Ibas xuntando soedades\/ Por un burato d\u00b4o Mar \/ chopaches un d\u00eda a buscarte. <\/i>Nos poemas finais: <i>O noso coraz\u00f3n \/ \u2014este marconi-\/ a escoitar<\/i>. Pois nada, para Axeitos, o escritor que repet\u00eda con frecuencia que para atopar algo debaixo do sol \u201ccompre revirar os ollos c\u00b4o de dentro para fora; nese reverso est\u00e1 todo\u201d, s\u00f3 estaba preocupado pola sorte dos mari\u00f1eiros e dos emigrantes. \u00c9 como afirmar, en sentido contrario, que a obra de Castelao \u00e9 s\u00f3 art\u00edstica, e non pol\u00edtica. Non. \u00c9, sobre todo, pol\u00edtica. A arte \u00e9 un medio que usa para unha fin pol\u00edtica. Pero, sent\u00edndoo moito, ese non \u00e9 o caso de Manoel Antonio. E por iso, porque Castelao s\u00f3 pensaba en termos pol\u00edticos (no bo sentido da palabra), non pod\u00eda entender a opci\u00f3n vangardista de Manoel Antonio. E por iso, porque a intenci\u00f3n an\u00edmica e po\u00e9tica de Manoel Antonio non era pol\u00edtica, non hab\u00eda posibilidade ningunha de que Castelao, a pesar do seu enorme prestixio, conseguise que renunciase a ese vangardismo que tan ben lle serv\u00eda para manexar os intensos conflitos (por iso \u00e9 un poeta aut\u00e9ntico) da s\u00faa alma misteriosa e enigm\u00e1tica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pod\u00eda seguir e seguir indefinidamente pondo exemplos e dando argumentos. Pero creo que \u00e9 suficiente. Calquera lector honesto de Manoel Antonio capta na s\u00faa poes\u00eda, \u00e9 dicir, na s\u00faa vida, unha dimensi\u00f3n enigm\u00e1tica e misteriosa. Negala \u00e9 matar ese algu\u00e9n que chora dentro de min por aquel outro eu que se vai no veleiro para sempre coma un morto co peso eterno de todos os adeuses.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 E iso ning\u00fan manoelantoniano de ben pode consentilo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Post scriptum: <\/i>Nunca pensei que chegar\u00eda a escribir textos como os desta serie que hoxe remato en Caf\u00e9 Barbantia. Estaban publicadas d\u00faas biograf\u00edas moi distintas de Manoel Antonio e, cr\u00eda eu, deb\u00edan falar por si mesmas. Por\u00e9n, Axeitos publicou un libro no que lexitimamente rebat\u00eda a mi\u00f1a biograf\u00eda, pero, por facelo dunha forma que, ao meu entender, me falta ao respecto como escritor e como persoa, non me quedou outra que contestarlle. Estou contento de telo feito. M\u00e1is al\u00e1 da inevitable, pero secundaria, pol\u00e9mica persoal, creo que estes textos meus en di\u00e1logo cos de Axeitos poden axudar a calquera lector interesado en Manoel Antonio a profundar no seu co\u00f1ecemento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0No seu libro Aproximaci\u00f3ns a Manoel Antonio, Axeitos critica unha das principais teses da mi\u00f1a biograf\u00eda do poeta rianxeiro, afirmando que non intu\u00eda no mundo unha dimensi\u00f3n escura e enigm\u00e1tica. A verdade, non me sorprendeu lelo neste libro, pois fora unha das maiores decepci\u00f3ns que me deparara a biograf\u00eda de Axeitos. Negar esa &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13152\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Aproximaci\u00f3ns a Manoel Antonio (e V)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,10,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13152"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13152"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13152\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13155,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13152\/revisions\/13155"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13152"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13152"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13152"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}