{"id":13165,"date":"2021-02-26T06:00:12","date_gmt":"2021-02-26T06:00:12","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13165"},"modified":"2021-02-20T08:29:28","modified_gmt":"2021-02-20T08:29:28","slug":"galicia-gana-o-festival-de-eurovision","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13165","title":{"rendered":"Galicia gana o festival de Eurovisi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Silencio00.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13166\" alt=\"Silencio00\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Silencio00-300x187.jpg\" width=\"300\" height=\"187\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Silencio00-300x187.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Silencio00.jpg 592w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Weber dic\u00eda que o protestantismo, para inculcar os valores de amor ao traballo, honradez, vida dura, aforro e apego ao capital, levou a cabo nos pa\u00edses do norte de Europa un r\u00edxido control da vida coti\u00e1. Comprobei esa tese a primeira vez que estiven en Alema\u00f1a. Paseaba por unha avenida de Berl\u00edn de oito carr\u00eds e, de s\u00fapeto, sentinme inquieto.<!--more--> Non tardei en saber a raz\u00f3n. Hab\u00eda excesivo silencio. Nunha avenida espa\u00f1ola con moitos menos carr\u00eds o ru\u00eddo ser\u00eda insoportable. Al\u00ed, os coches \u00edan a pouca velocidade, os condutores non insultaban nin usaban a bucina nos sem\u00e1foros, ata as ambulancias e os coches de polic\u00eda adiantaban sen usar a sirena. Aqueles tipos, como dic\u00eda Weber, ti\u00f1an que estar moi rixidamente controlados pola Autoridade para non descargar na conduci\u00f3n a mala hostia que hab\u00edan de ter como calquera fillo de veci\u00f1o. Supo\u00f1o que para tranquilizarme recordei algo que dic\u00eda un europeo do sur, o portugu\u00e9s Miguel Torga, nos seus diarios: \u201cF\u00f3ra das fronteiras de Portugal, sobra moito dese civismo que a n\u00f3s nos falta, pero non hai rastro desa humanidade na que somos tan pr\u00f3digos\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Caralli\u00f1o. Torga, que nacera nunha aldea remota da monta\u00f1a, era m\u00e1is sutil que o centroeuropeo Weber. Para Max humanidade e civismo identific\u00e1banse. Para Miguel, unha persoa ou un pa\u00eds pod\u00edan ser humanos sen ser c\u00edvicos, e c\u00edvicos sen ser humanos. Deille a raz\u00f3n a Torga, e non, desde logo, por afinidade xeogr\u00e1fica, sen\u00f3n por comprobaci\u00f3n emp\u00edrica. Aquela avenida ser\u00eda todo o c\u00edvica que se quixera, pero era pouco humana. Qu\u00e9 cafeter\u00eda lle gustar\u00eda m\u00e1is aos cromagnons, \u00e9 dicir, aos primeiros humanos, unha silenciosa de Berl\u00edn con ducias de conversas humanas na que o \u00fanico que se oe \u00e9 o zunido das moscas, ou unha desas de vila galega mari\u00f1eira con ducias de conversas a berros mentres o televisor e o f\u00edo musical compiten a todo volume por anularse reciprocamente? Ollo. Non pregunto cal \u00e9 m\u00e1is c\u00edvica, sen\u00f3n m\u00e1is humana. Se tedes d\u00fabidas, pensade que nos hospitais e nos cemiterios e nas aulas, reina o silencio, e nas festas e comidas familiares e recreos, o barullo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non pensedes que, como galego, tiro para a casa. O mesmo c\u00e1 min, pasoulle ao norteamericano Lou Reed noutro pa\u00eds protestante. Quedou pampo ao ver que os suecos non cruzaban nunca un paso de pe\u00f3ns co sem\u00e1foro en vermello; agardaban a que cambiase a verde a\u00ednda que non se vise un coche a quil\u00f3metros de distancia. Ao volver a EEUU, pregunt\u00e1ronlle que lle parecera Suecia, e dixo: \u201cHorrible, todo funciona ben\u201d. Traducido ao idioma de Torga: todo moi c\u00edvico pero pouco humano.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/El-silencio-en-el-cine.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-13167\" alt=\"El-silencio-en-el-cine\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/El-silencio-en-el-cine-300x113.jpg\" width=\"300\" height=\"113\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/El-silencio-en-el-cine-300x113.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/El-silencio-en-el-cine.jpg 637w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Eu te\u00f1o outra experiencia parecida nun hotel de Viena. Cinco amigos almorz\u00e1bamos de bufete e un deles foi buscar un segundo zume ao mostrador. A uns dez metros, eu berreille <i>Lu\u00eds, trae azucre. <\/i>O sal\u00f3n estaba cheo de xente en respectuoso silencio. Ducias de miradas asasinas (m\u00e1is humanas que c\u00edvicas, por certo) se concentraron en min. Creo que nunca me ruboricei tanto. Ao chegar a Rianxo sublimei nun relato esa experiencia. Nunha das escenas, un periodista galego namorado dos pa\u00edses n\u00f3rdicos, farto de que o multen por aparcar en zona prohibida ao lado da casa, cando o fixera toda a vida (ter\u00eda que aparcar a cen metros!), desde que ao alcalde lle deu polo civismo protestante, reprende a este nestes termos: \u201cEse rigorismo est\u00e1 ben para os n\u00f3rdicos, pero para n\u00f3s s\u00f3 \u00e9 recomendable en vacaci\u00f3ns, e lonxe de aqu\u00ed. Os n\u00f3rdicos ve\u00f1en aqu\u00ed en vacaci\u00f3ns, e desbarran; n\u00f3s imos al\u00e1, e civilizamos. Unha semana, m\u00e1is non\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Europa, c\u00edvica, humana ou c\u00edvica e humana? Iso \u00e9 o que temos que decidir os europeos. Polo que eu sei, s\u00f3 hai un pobo en Europa que cumpre os dous requisitos. O galego. Si, si, esc\u00e9pticos e apoucados compatriotas, o\u00edstes ben. Se non vos fiades de min, preguntade en pa\u00edses protestantes como Su\u00edza, Alema\u00f1a ou B\u00e9lxica: nunca houbo emigrante m\u00e1is traballador, honrado, aforrador e disciplinado (calvinista) que o galego. Emigramos e non protestamos, como dic\u00eda Castelao, pero no relixioso somos m\u00e1is protestantes que cat\u00f3licos, a honrosa excepci\u00f3n que confirma a regra de Weber. Se a\u00ednda dubidades, pensade na nosa historia. Fomos cat\u00f3licos porque non nos quedou outra (para ser protestantes teriamos que protestar), pero a nosa historia \u00e9 m\u00e1is atl\u00e1ntica que mediterr\u00e1nea. Sempre chegamos antes a Inglaterra que a Catalu\u00f1a. Como di Miguel Anxo Murado, \u201cos momentos nos que Galicia puido relacionarse a trav\u00e9s do Atl\u00e1ntico f\u00f3ronlle propicios\u201d; cando non, empobreceu. Un dato curioso, pero significativo: a \u00fanica rexi\u00f3n de Espa\u00f1a con presenza na II Guerra Mundial foi Galicia. Raz\u00f3n? A s\u00faa importancia no control do Atl\u00e1ntico. Si. Temos esp\u00edrito protestante. Pero malos galegos seriamos se f\u00f3semos isto ou aquilo. Somos isto e aquilo, depende. Por exemplo. Traballamos como bos protestantes, con rigor e seriedade, pero, ao mesmo tempo, traballamos cantando, como bos cat\u00f3licos. Vouvos p\u00f3r un exemplo definitivo. Imaxinade un taberneiro que ten o seguinte problema. Vanlle moitos borrachos polo bar e cantan a berros todos os d\u00edas. Os veci\u00f1os ameazan con denuncialo. C\u00f3mo resolver\u00eda o problema un europeo do Norte? Pondo un cartel: PROHIBIDO TERMINANTEMENTE CANTAR. C\u00f3mo o resolver\u00eda un europeo do Sur? Outro cartel: CANTA, HOSTIA, CANTA! E A QUEN NON LLE GUSTE QUE LLE BOTE AZUCRE. Un taberneiro do Franco de Santiago resolveuno (est\u00e1 a\u00ed para ver) con estoutro: SE CANTAS MAL, NON CANTES; SE CANTAS BEN, CANTA F\u00d3RA. Con moitos coma el, outro galo lle cantar\u00eda a Europa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Weber dic\u00eda que o protestantismo, para inculcar os valores de amor ao traballo, honradez, vida dura, aforro e apego ao capital, levou a cabo nos pa\u00edses do norte de Europa un r\u00edxido control da vida coti\u00e1. Comprobei esa tese a primeira vez que estiven en Alema\u00f1a. Paseaba por unha avenida de Berl\u00edn de &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13165\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Galicia gana o festival de Eurovisi\u00f3n<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13165"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13165"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13165\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13168,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13165\/revisions\/13168"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13165"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13165"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13165"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}