{"id":13196,"date":"2021-03-05T06:00:50","date_gmt":"2021-03-05T06:00:50","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13196"},"modified":"2021-02-27T19:52:39","modified_gmt":"2021-02-27T19:52:39","slug":"viaxe-a-fosa-atlantica","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13196","title":{"rendered":"Viaxe \u00e1 Fosa Atl\u00e1ntica"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Angel-Vila-tripulaci\u00f3n-Xurelo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13198\" alt=\"Angel Vila tripulaci\u00f3n Xurelo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Angel-Vila-tripulaci\u00f3n-Xurelo-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Angel-Vila-tripulaci\u00f3n-Xurelo-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Angel-Vila-tripulaci\u00f3n-Xurelo.jpg 880w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Fernando Salgado.\u00a0<\/strong><\/em>Os guindastres sobresaen nos extremos de dous cargueiros holandeses de cor verde situados no medio do mar. Uns operarios enganchan nos extremos das s\u00faas plumas a carga, entre tres e catro barr\u00eds de 200 litros de capacidade cada un deles.<!--more--> Os catro guindastres el\u00e9vanos, viran e d\u00e9ixanos caer. Entre doce e dezaseis en cada manobra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E as\u00ed durante varios anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Que o oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico estaba a ser utilizado como un cemiterio por varias empresas europeas que depositaban nel os seus residuos radioactivos era un segredo a voces a principios da d\u00e9cada dos oitenta do s\u00e9culo pasado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A organizaci\u00f3n ecoloxista Greenpeace denunciara que a Fosa Atl\u00e1ntica, un espazo de 2.500 quil\u00f3metros cadrados e 4.700 metros de profundidade, situado a 370 millas n\u00e1uticas (700 quil\u00f3metros, aproximadamente) do litoral galego, era a entulleira de oito pa\u00edses.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nunha sociedade que daba os seus primeiros pasos por unha a\u00ednda bambeante democracia, na que a conciencia ecol\u00f3xica era moi incipiente, un grupo de galegos decidiu que aquilo ti\u00f1a que acabarse, e nada mellor que apoiar a s\u00faa denuncia con probas documentais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ti\u00f1a que entrar polos ollos.<\/p>\n<figure id=\"attachment_13199\" aria-describedby=\"caption-attachment-13199\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Carta-N\u00e1utica-Xurelo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-13199\" alt=\"Carta N\u00e1utica Xurelo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Carta-N\u00e1utica-Xurelo-300x198.jpg\" width=\"300\" height=\"198\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Carta-N\u00e1utica-Xurelo-300x198.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Carta-N\u00e1utica-Xurelo-900x595.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Carta-N\u00e1utica-Xurelo.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-13199\" class=\"wp-caption-text\">Carta N\u00e1utica Xurelo<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Foi as\u00ed como Esquerda Galega (EG) p\u00faxose en contacto con Greenpeace para organizar unha expedici\u00f3n conxunta \u00e1 procura dos barcos que estaban a converter o mar nun inmenso vertedoiro. Era o ano 1981.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;Propux\u00e9mosllo a varios concellos da costa e non tivemos \u00e9xito, as\u00ed que buscamos a\u00a0 maneira de facelo e atopamos\u00a0 receptividade\u00a0 na\u00a0 Confrar\u00eda de Riveira.\u00a0 Al\u00ed\u00a0 ofreceuse para ir Anxo Vila, patr\u00f3n e propietario\u00a0 do <i>Xurelo<\/i>, un\u00a0 palangreiro de\u00a0 madeira&gt;, lembra Manuel\u00a0 Anxo M\u00e9ndez, un dos participantes na expedici\u00f3n e tenente de alcalde de EG ent\u00f3n en Moa\u00f1a.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A estratexia xa estaba decidida: o <i>Xurelo<\/i> partir\u00eda do porto de Riveira (A Coru\u00f1a) e o <i>Sirius<\/i>, de Greenpeace, partir\u00eda desde o de Plymouth (Inglaterra), para atoparse ambos na Fosa Atl\u00e1ntica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Con Anxo Vila e tres dos seus mari\u00f1eiros \u00e1 fronte, a tripulaci\u00f3n estaba formada por doce mozos entre os que tam\u00e9n figuraban os tenentes de alcalde de EG na Coru\u00f1a e Vigo, Gonzalo V\u00e1zquez e Francisco Garc\u00eda, respectivamente; Enrique \u00c1lvarez, da Sociedade\u00a0 Galega de Historia Natural; Roxelio P\u00e9rez, do colectivo ecoloxista Natureza, e varios xornalistas. Entre eles, atop\u00e1banse Manuel Rivas e o fot\u00f3grafo coru\u00f1\u00e9s Xos\u00e9 Castro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Greenpeace-3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13200\" alt=\"Greenpeace 3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Greenpeace-3-300x201.jpg\" width=\"300\" height=\"201\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Greenpeace-3-300x201.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Greenpeace-3.jpg 800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>&lt;\u00c1\u00a0 tardi\u00f1a\u00a0 do d\u00eda 15 de\u00a0 setembro, case clandestinamente, partimos \u00bb, indica M\u00e9ndez. &lt;Ti\u00f1an moitas ganas de\u00a0 sa\u00edr e marchamos\u00a0 pola\u00a0 nosa\u00a0 conta&gt;, apunta Anxo Vila.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Castro, que se achegou a Riveira coa intenci\u00f3n de tomar unhas fotograf\u00edas da sa\u00edda, tam\u00e9n subiu ao barco, &lt;co posto&gt;, puntualiza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Era tal o entusiasmo, que non se botaron atr\u00e1s a pesar de que momentos antes recibiron a noticia de que o <i>Sirius<\/i> sufrira unha avar\u00eda e non poder\u00eda apoiar o <i>Xurelo<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;A \u00fanica esperanza sodes v\u00f3s&gt;, dic\u00eda a mensaxe que lles transmitiu\u00a0 Rem\u00ed\u00a0 Parmentier, de Greenpeace.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste punto conv\u00e9n recapitular. O <i>Xurelo<\/i> era un barco con 20 metros de eslora e 69 toneladas de rexistro bruto, utilizado para a pesca da pescada, que faenou no banco de Marrocos e na costa galega.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;Para andar por aqu\u00ed, a 40 ou 50 millas defend\u00edase ben&gt;, apunta Vila. &lt;Como vas ir?,\u00a0\u00a0 pregunt\u00e1banme non porto&gt;, lembra cun sorriso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Era l\u00f3xica a estra\u00f1eza dos seus compa\u00f1eiros de profesi\u00f3n cando souberon a que se estaba preparando. \u00cdan con doce tripulantes que non subiran nunca a un barco. Esper\u00e1banlles varios d\u00edas de navegaci\u00f3n en alta mar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;Que movida,\u00a0 dic\u00edan cando ou barco daba\u00a0 bandazos&gt;, comenta Anxo Vila.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulaci\u00f3n-Xurelo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-13201\" alt=\"Tripulaci\u00f3n Xurelo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulaci\u00f3n-Xurelo-300x170.jpg\" width=\"300\" height=\"170\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulaci\u00f3n-Xurelo-300x170.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulaci\u00f3n-Xurelo-1024x582.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulaci\u00f3n-Xurelo-900x512.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulaci\u00f3n-Xurelo.jpg 1174w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>O ambiente era de festa e os v\u00f3mitos suced\u00e9ronse. &lt;Fun o primeiro en marearme&gt;, desvela M\u00e9ndez. S\u00f3 se libraron dous: Francisco Garc\u00eda e unha xornalista do Progreso de Lugo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A primeira cea, preparada por Cipri\u00e1n, o coci\u00f1eiro, sardi\u00f1as con cachelos, foise pola borda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tras o cambio de plans, este episodio estivo a piques de frustrarse cando o axudante de Mari\u00f1a de Riveira enviou unha mensaxe ao <i>Xurelo<\/i> comin\u00e1ndoo a regresar. Ent\u00f3n, xa se atopaba a 250 millas de Fisterra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;A situaci\u00f3n era moi tensa porque o patr\u00f3n poder\u00eda ser sancionado gravemente\u00bb, exp\u00f3n M\u00e9ndez. \u00abOs militares a\u00ednda ti\u00f1an moito peso\u00bb, agrega Vila.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero a repercusi\u00f3n medi\u00e1tica que alcanzara o episodio fixo que as autoridades se retractasen, advert\u00edndolle de que, \u00e1 volta, estudar\u00edan as posibles sanci\u00f3ns. &lt;Xa que estamos aqu\u00ed, imos\u00bb, resolve o ribeirense.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;Hoxe, calquera mari\u00f1eiro vai, como adoita dicirse,\u00a0 cos\u00a0 ollos\u00a0 pechados&gt;, di Anxo Vila. Pero hai 29 anos os barcos non contaban cos equipos de orientaci\u00f3n actuais. O <i>Xurelo<\/i> dispo\u00f1\u00eda dun radar con alcance para 24 millas que estaba avariado e s\u00f3 cubr\u00eda ata 12, e unhas cartas mari\u00f1as coas coordenadas da Fosa\u00a0 At\u00e1ntica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;O que\u00a0 m\u00e1is val\u00eda era a experiencia\u00a0 do patr\u00f3n&gt;, concl\u00fae Manuel\u00a0 Anxo M\u00e9ndez. Vila puxo rumbo ao norte e enfilou cara \u00e1 punta de Monte Louro (Muros) e Fisterra, para trazar unha diagonal desde este punto e internarse no oc\u00e9ano coa convicci\u00f3n de que a Fosa estar\u00eda en fronte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O vento estaba en calma e o barco mantivo o rumbo marcado, sen desviarse apenas do itinerario que, segundo as estimaci\u00f3ns de Vila, levar\u00edaos ao destino.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Era de noite e transcorreran case dous d\u00edas de navegaci\u00f3n cando espertaron ao patr\u00f3n para advertirlle de que divisaran d\u00faas luces no radar: eran os dous cargueiros holandeses en cuxa procura sa\u00edra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Peg\u00e1ronse a eles, para seguilos ao amencer cando renovaron a viaxe cara \u00e1 Fosa Atl\u00e1ntica. Ent\u00f3n descubriron que estaban escoltados por unha fragata da Mari\u00f1a holandesa, unha circunstancia nada estra\u00f1a porque a acci\u00f3n, prevista inicialmente entre o <i>Xurelo<\/i> e o <i>Sirius<\/i>, non era ning\u00fan segredo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;Pux\u00e9monos entre eles fac\u00e9ndolles fotos e gravando en v\u00eddeos aquelas descargas de\u00a0 milleiros de barr\u00eds. A\u00a0 nosa satisfacci\u00f3n era inmensa porque desde\u00a0 terra coment\u00e1bannos a enorme repercusi\u00f3n que ti\u00f1a a protesta&gt;, narra Manuel Anxo M\u00e9ndez.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulantes-Xurelo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13202\" alt=\"Tripulantes Xurelo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulantes-Xurelo-300x202.jpg\" width=\"300\" height=\"202\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulantes-Xurelo-300x202.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulantes-Xurelo-900x606.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Tripulantes-Xurelo.jpg 938w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Xos\u00e9 Castro sacou as s\u00faas c\u00e1maras, unha Nikon F2 e unha Mamiya, equipadas con obxectivos 100-300 mil\u00edmetros, e comezou a disparar. F\u00edxoo durante unha hora e tivo tempo de consumir oito\u00a0 carretes nunhas condici\u00f3ns que distaban moito de ser as ideais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En fronte ti\u00f1a os cargueiros <i>Louise\u00a0 Smiths<\/i> e <i>Kristen Smiths<\/i>, con 6.800 toneladas de residuos. &lt;A fragata p\u00faxose ao noso\u00a0 car\u00f3n e ao outro ti\u00f1amos un dos barcos. O noso, que era coma un cascar\u00f3n, parec\u00eda que \u00eda dar a volta&gt;, relata.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;Non era moi recomendable estar al\u00ed&gt;, subli\u00f1a o fot\u00f3grafo. &lt;Marchamos botando fa\u00edscas&gt;, engade despois de precisar que poder\u00eda chegarse a situar a uns 15 metros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Aquelas fotograf\u00edas que fixo un profesional, que hoxe ten 69 anos, est\u00e1 xubilado e vive na Coru\u00f1a, foron a proba evidente de que as denuncias que realizaran os ecoloxistas non estaban asentadas nunha fantas\u00eda nin eran o froito dunha mente\u00a0 enfebrecida.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;Unha b\u00f3la de neve que fac\u00eda medrar a conciencia ecoloxista en Galicia e no resto de Espa\u00f1a. Eran as primeiras imaxes que se poder\u00edan ver en Europa&gt;, recalca Manuel Anxo M\u00e9ndez.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Despois, sementaron o mar de flores vermellas a modo de ofrenda nun cemiterio nuclear. Mostrando as pancartas, gritaron e cantaron o himno galego. O bar\u00f3metro indicaba que a presi\u00f3n comezaba a baixar e pod\u00eda achegarse unha tormenta. Chegara o momento de regresar. &lt;O que ti\u00f1amos que facer xa ou fixemos&gt;, di Anxo Vila.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Xurelo-Burela.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-13203\" alt=\"Xurelo Burela\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Xurelo-Burela-300x198.jpg\" width=\"300\" height=\"198\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Xurelo-Burela-300x198.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Xurelo-Burela.jpg 730w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Puxeron proa cara a Galicia, seguindo o itinerario da viaxe de ida, e cando o litoral de Riveira se divisaba no horizonte, a tripulaci\u00f3n api\u00f1\u00e1base na cuberta. Estaban entusiasmados porque a s\u00faa aventura transcendera aos principais medios de comunicaci\u00f3n do mundo. Algo \u00eda cambiar xa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Varias decenas de simpatizantes esperaban en Riveira a chegada do <i>Xurelo<\/i>. Pero anticipouse a Garda Civil do mar, agardaba \u00e1 entrada da r\u00eda para identificalos. &lt;Escond\u00edn os\u00a0 carretes nos calz\u00f3ns\u00bb, desvela Castro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dous anos despois, en 1983, a Organizaci\u00f3n Mar\u00edtima Internacional prohib\u00eda os enterramentos no mar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A acci\u00f3n do <i>Xurelo<\/i> foi determinante para que varios pa\u00edses deixasen de usar a Fosa Atl\u00e1ntica como unha entulleira, pero permanecen mergulladas 142.000 toneladas de residuos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nun artigo titulado &lt;Xurelo, o barco que cambiou os mares do mundo&gt;, o profesor e presidente da asociaci\u00f3n cultural Altofalante, de Riveira, Lu\u00eds Teira, subli\u00f1a que a s\u00faa radioactividade supera o mill\u00f3n de curios, e o accidente da central nuclear de\u00a0 Chern\u00f3bil liberou \u00e1 atmosfera preto de 130.000.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Seguindo as explicaci\u00f3ns do Consello de Seguridade Nuclear ( CSN), o anterior presidente da Xunta, Emilio P\u00e9rez Touri\u00f1o, respondeu que &lt;os valores de radiaci\u00f3n no Atl\u00e1ntico son semellantes ao resto dos mares&gt;. Pero o CSN s\u00f3 realiza as medici\u00f3ns no litoral, sen revisar a intensidade no punto onde se atopan os bid\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;A Fosa Atl\u00e1ntica deber\u00eda ser\u00a0 obxecto de\u00a0 estudo por parte dos pa\u00edses que depositaron al\u00ed\u00a0 milleiros de toneladas de residuos radioactivos. O perigo de que aquela contaminaci\u00f3n\u00a0 chegue a trav\u00e9s da cadea alimentaria\u00a0 aos humanos\u00a0 \u00e9\u00a0 moi posible porque os bid\u00f3ns est\u00e1n sometidos a\u00a0 unhas\u00a0 presi\u00f3ns fort\u00edsimas\u00bb, advirte Manuel Anxo M\u00e9ndez.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Mani-Monforte-1982.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13204\" alt=\"Mani Monforte 1982\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Mani-Monforte-1982-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Mani-Monforte-1982-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Mani-Monforte-1982-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Mani-Monforte-1982-900x506.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Mani-Monforte-1982.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Anxo Vila segue sendo case un desco\u00f1ecido, excepto entre os pioneiros do movemento ecoloxista en Espa\u00f1a. Con 69 anos e m\u00e1is dunha d\u00e9cada xubilado, toma a vida con calma e r\u00e9stalle importancia ao acontecido.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mentres Manuel Anxo M\u00e9ndez lembra que ent\u00f3n Vila sempre falaba da necesidade de deixar un mundo mellor aos fillos e os netos, o expatr\u00f3n expo\u00f1\u00eda a semana pasada a s\u00faa admiraci\u00f3n &lt;por\u00a0 aqueles rapaces&gt;, que se atreveron a subir ao barco e xogarse o tipo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n lembra con satisfacci\u00f3n coma o xu\u00edz, que lle impuxo unha multa de 1.000 pesetas (seis euros) para cada tripulante que viaxara sen estar enrolado, d\u00edxolle que lle estaba agradecido polo que fixeran e aplicoulle a sanci\u00f3n m\u00ednima.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Meses antes de que se internaran no oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico para denunciar as verteduras, o tenente coronel Antonio Tejero protagonizara un intento de golpe de estado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O <i>Xurelo<\/i> foi despezado no ano 2002. &lt;Coma n\u00f3s, un d\u00eda tam\u00e9n teremos que pasar ao\u00a0 outro lado\u00bb, comenta Vila.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&lt;Eran tempos dif\u00edciles, reco\u00f1ece mentres apura un descafeinado nunha cafeter\u00eda situada na r\u00faa Xeral Franco de Riveira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">(Esta reportaxe foi publicada o d\u00eda 28 de febreiro do ano 2010)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fernando Salgado.\u00a0Os guindastres sobresaen nos extremos de dous cargueiros holandeses de cor verde situados no medio do mar. Uns operarios enganchan nos extremos das s\u00faas plumas a carga, entre tres e catro barr\u00eds de 200 litros de capacidade cada un deles.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,113],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13196"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13196"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13196\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13206,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13196\/revisions\/13206"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13196"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13196"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13196"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}